• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
RIANXO> Os rianxeiros poderán facer as súas compras de Nadal no comercio de proximidade a prezos moi competitivos. O concello e a asociación de empresarios desenvolverán unha campaña de dinamización con actividades de animación e un mercado de artesanía.
RIANXO> O departamento de Servizos Sociais de Rianxo porá en marcha o próximo ano un campus de familias. O obxectivo é dotar ós pais e profesionais da educación das ferramentas necesarias para unha boa comunicación no ámbito familiar.
RIANXO> A empresa Aquafyt que xestiona a piscina municipal e o ximnasio de Rianxo xa dispón para os seus usuarios dunha novidosa aplicación denominada ‘Trainingym’ que lles permitirá coñecer de primeira man e en todo momento os seus adestramentos e calquera dúbida que lle poida xurdir. O programa, que non supón custe algún para o abonado, está a causar unha gran aceptación.
Publicado en portada
RIANXO> Ó parecer o único especialista en medicina infantil co que conta o dispensario está de vacacións, e a Xunta aínda non enviou a un substituto.
RIANXO> A Deputación da Coruña destinará preto dos 450 mil euros para a mellora da estrada DP-3301 que une o concello de Rianxo, dende Isorna, con Dodro, no concello veciño de Dodro.
BARBANZA> A Asemblea en Defensa do Ensino Público da Barbanza apoia a caravana reivindicativa prevista para mañá xoves na que tomarán parte as ANPA’s do IES Félix Muriel de Rianxo e dos colexios de Rois e Dodro a consecuencia da supresión de varias liñas do transporte escolar. A saída está prevista as nove e media da mañá de cada centro educativo coa intención de concentraranse ó mediodía en San Caetano, no edificio da Xunta. A finalidade desta mobilización non é outra que reclamar recursos para unha educación pública de calidade e en contra dos recortes que aplicou a consellería de Educación.
RIANXO> Sumarase así ós traballos de control que xa viña realizando a Garda Civil dende hai algún tempo.
RIANXO> O concello de Rianxo acometeu unha actuación urxente no petroglifo dos Mouchos. O xacemento fóra obxecto dunhas pintadas hai tres meses. Tras esta limpeza, comprobouse que a pedra non está danada. A intención do executivo é realizar unha segunda intervención a medio prazo para devolvelo ó seu estado orixinal.
RIANXO> O concerto, que terá lugar este venres no auditorio, servirá de presentación oficial de ‘Múdanse os ventos’.
RIANXO> O executivo rianxeiro levará ó próximo pleno unha proposta de modificación das taxas municipais para que os beneficiarios da RISGA non paguen auga nin saneamento. Con esta medida, que pretenden facer efectiva a partir de xaneiro, o concello pretende paliar os efectos da crise naqueles veciños con maiores necesidades.
Xoves, 05 Novembro 2015 18:06

Preparan unha camiñada protesta en Rianxo

RIANXO> Os pais dos alumnos afectados pola supresión por parte da Xunta do autobús escolar que cubría a liña da Vacariza ata o IES Félix Muriel de Rianxo teñen convocada unha mobilización para este próximo sábado. Trátase dunha marcha a pé que partirá ás dez da mañá dende a Vacariza, simulando o percorrido do autocar ata a praza Castelao, onde darán lectura a un manifesto. Con esta iniciativa, á que fan un chamamento á participación, pretenden protestar polos recortes en Educación que están a facer dende a Xunta de Galicia. Os pais ademais continúan recabando apoios na súa loita. Ó acordo unánime da corporación municipal, que aprobou no último pleno unha moción solicitando a restitución da liña, hai que sumarlle tamén o respaldo da Asamblea en Defensa do Ensino Público da Barbanza, que xa anunciou tamén a súa intención de participar nesta marcha.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Rianxo Top of Page

Síguenos en facebook