• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
RIBEIRA| A Garda Civil informou do rexistro, na AP-9, á altura da peaxe de Padrón, dun turismo con remolque en cuxo interior transportaba uns oitocentos quilos de diversas especies de peixe e marisco, tanto fresco como conxelado, sen ningunha guía ou documento que amparase a súa lícita procedencia. Segundo indicaron fontes do propio Instituto Armado a súa procedencia era dun barco de bandeira francesa atracado no porto de Ribeira. Os feitos foron postos en coñecemento da Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia, dependente da consellería do Mar, que acordou o comiso da carga e a incautación do remolque, procedendo tamén ó levantamento das oportunas actas de denuncia.
RIBEIRA> A Consellería de Presidencia investirá cen mil euros na mellora do alumeado e a climatización dos Xulgados de Ribeira. Na visita ás dependencias desenvolvida esta mañá, Alfonso Rueda pronunciouse tamén ó respecto da necesidade dun cuarto xulgado para a vila que dependerá do grao de traballo no momento en que se coñeza o número de novas sedes xudiciais correspondentes a Galicia.
RIBEIRA> A Fiscalía de Medio Ambiente abriu unha investigación sobre o funcionamento da Depuradora de Ribeira. A abundante documentación remitida polos veciños afectados motivou a apertura de dilixencias informativas.
RIBEIRA> A nova lonxa de Ribeira acolleu a presentación da Fundación Ría, impulsada polo arquitecto británico David Chipperfield. O presidente da Xunta e as Conselleiras do Mar e de Medio Ambiente asistiron á posta de longo desta entidade centrada na potenciación de Arousa.
RIBEIRA> A confraría de Aguiño ultima os preparativos da festa do percebe que se celebrará o día 23 de xullo. Tan só queda por anunciar o nome do ‘percebeiro de honra’, distinción que o concello de Ribeira propuxo recuperar este ano.
RIBEIRA> O BNG do Barbanza organiza unha andaina este sábado como inicio dos actos de conmemoración do día da Patria Galega. O roteiro partirá dende o centro urbano cara o castro da Cidade e miradoiro da pedra da Rá. Concluirá en San Roque onde Francisco Jorquera relatará as orixes desta data conmemorativa.
RIBEIRA> A Xunta local de Seguridade de Ribeira reuniuse este mércores a petición da asociación de empresarios do municipio que solicita a toma de medidas ante o incremento de roubos. As estatísticas expostas durante a xuntanza revelan un aumento das infraccións penais nos últimos tres meses.
RIBEIRA> Douscentos deportistas de diferentes nacionalidades participan no campamento de Taekwondo Soño Olímpico que se celebra estes días no Cámping Ría de Arousa en Ribeira. Esta tarde recibiron a visita da secretaria xeral para o Deporte quen se sumou ós adestramentos da man da elite internacional deste deporte.
RIBEIRA> Á espera de que os datos do teléfono móbil de Diana Quer poidan aportar información sobre o paradoiro da moza, continúan as investigacións sobre o terreo. Nos últimos días, axentes da Policía Nacional inspeccionaron unha finca en Ribeira onde unha testemuña declarou ver a unha persoa enterrando algo nas datas posteriores á desaparición.
RIBEIRA> Tras mes e medio de veda, os polbeiros volveron a actividade. Nestas primeiras xornadas non foi difícil acadar os topes de trinta quilos. Os prezos mantéñense altos, en niveis moi similares ós de antes do paro.
RIBEIRA> A casa do concello de Ribeira acollerá ata finais de mes a exposición do artista uruguayo Hugo Mario Pereira. Vinte dúas pinturas repartidas por diferentes estancias do consistorio constitúen unha ampla retrospectiva da obra deste artista afincado no Grove.
RIBEIRA> Mago de Oz, Merche e Treixadura serán os pratos fortes das festas do verán de Ribeira. Estas actuacións súmanse á numerosa oferta de lecer programada polo concello para os meses de xullo e agosto no marco do programa ‘A Fiestra da Cultura’.
Páxina 1 de 88
HomeMostrando artigos por etiqueta: Ribeira Top of Page

Síguenos en facebook