• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
POBRA> A pesar de que xa leva traballando nas instalacións dende hai varios meses, principalmente na dotación de nova maquinaria, a empresa Distribuciones Josoni, encargada da xestión do matadoiro mancomunado do Barbanza, situado no polígono industrial de Xarás, en Ribeira, procederá mañá sábado, ás doce, á súa inauguración oficial. Ó acto inaugural está prevista a asistencia de numerosas autoridades, entre elas, a conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, así como tamén alcaldes e membros das distintas corporacións da comarca. A intención da empresa pasa fundamentalmente porque o matadoiro, cun investimento de máis de 600 mil euros, comece a funcionar nun primeiro momento con dez traballadores, coa previsión de ir incrementando a plantilla a medida que a actividade se vaia consolidando e se incorporen máis melloras nas instalacións, como é o caso das novas cámaras de frío, unha sala de elaborado de gando vacún e outra de despece.
RIBEIRA> O PSOE do Barbanza insta á Mancomunidade de Municipios Arousa Norte a consultar ós concellos a proposta de incorporación de Porto do Son. Os socialistas non se opoñen a ampliación da entidade pero entenden que implica unha modificación dos estatutos que debe obter o visto bo das corporacións dos concellos implicados.
RIBEIRA> A colaboración entre o concello de Ribeira e o sector empresarial volverase materializar nunha serie de xornadas e cursos de formación para profesionais do sector servizos.
Mércores, 05 Febreiro 2014 11:22

Xornada sobre innovación e emprendemento

BARBANZA> A Federación de Empresarios do Barbanza informou de que o vindeiro luns, 10 de febreiro, celebrará de doce da mañá a dúas da tarde, nos locais da Asociación de Empresarios de Ribeira, unha xornada na que técnicos da Axencia Galega de Innovación e do Instituto Galego de Promoción Económica presentarán as convocatorias que para este ano 2014 poñen a disposición das PEMES sobre todo en materia de innovación e emprendemento. Dende a patronal comarcal animan ós autónomos e pequenas empresas do Barbanza a que acudan a esta xornada para o cal precisarán realizar inscrición previa. Para máis información poden contactar coa propia FEB no teléfono 981 848216.
RIBEIRA> A sala de exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas vai exhibir a partir deste venres, día 7 de febreiro, unha Mostra Fotográfica de Arquitectura Contemporánea. Na iniciativa que, está organizada polo Concello de Riveira e a empresa aMMCestudio, que dirixe o arquitecto Miguel Martínez Castro, amosaranse en formato cartón pluma as 28 fotografías participantes no I Concurso de Fotografía de Arquitectura Contemporánea.O acto servirá tamén para desvelar o gañador do certame e máis os dous accesit seleccionados. A inauguración da exposisión está prevista para as oito e media da tarde e estará presidida polo alcalde, Manuel Ruiz. A mostra estará aberta ata o 8 de marzo.
Publicado en CULTURA
RIBEIRA> Esta mañá abríase o prazo de inscrición para poder participar nalgúns dos 16 cursos de informática que se van poñer en marcha entre o 10 de febreiro e o 10 de abril en tres parroquias do municipio: Aguiño, Carreira e Santa Uxía. Sete dos cursos serán de Alfabetización Dixital, dous de DNI electrónico e certificados dixitais, dous de creacións de blogs, un de retoque fotográfico, un de iniciación a procesadores de texto, dous de folla de cálculo (niveis iniciación e intermedio) e un de edición de vídeo. Os interesados poden anotarse en horario de 10 a 14 horas no Aula CeMit, situada na rúa número 1 do lugar de Cubeliños (teléfono: 981 876 043). Tamén cabe a posibilidade de anotarse vía web en https://aulascemit.xunta.es/inscripcion/spring/login
RIBEIRA> Un grupo de cincuenta escolares do CEIP de Palmeira celebraron o Día Internacional dos Humidais cunha visita ó complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán.
RIBEIRA> O concello de Ribeira promoverá unha campaña de sensibilización sobre a obrigatoriedade de recoller os excrementos dos cans en espazos públicos.
RIBEIRA> As empresas dispoñen dun prazo de 26 días naturais a partir de mañá venres para presentar as súas propostas.
RIBEIRA> A Actuación está a ser realizada polos alumnos do obradoiro de emprego Tahume, experiencia formativa compartida polos concellos de Ribeira e Porto do Son. Trátase da obra máis importante das programadas para ser executadas durante esta escola taller dunha duración de medio ano e que foi inaugurada o pasado 30 de outubro de 2013. O edificio situado no lugar de Pé do Corniño comeza a cobrar forma, despois das diversas obras realizadas, que incluíron a construción dos tabiques no interior do edificio e a canalización das augas pluviais na parte exterior. Se o tempo acompaña, a próxima semana darase comezo ao formigonado da cuberta, que nun futuro próximo está previsto que sexa revestida de zinc. Na experiencia están a tomar parte uns 16 alumnos-traballadores da especialidade de operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización. Os traballos de construción deste inmoble, que pretende prestar servizo ós veciños da parroquia, xa foron iniciados anteriormente polos seus predecesores do obradoiro Vionta. O obradoiro Tahume conta ademais con outro módulo, na especialidade de carpintería, integrado por un total de oito persoas, encargándose de labores de mantemento de parques urbanos, entre eles o de García Bayón, traballos de reparación na pasarela do paseo de Coroso e outras accións de mellora no Centro Cultural Lustres Rivas e na Biblioteca Municipal. Proximamente está prevista tamén a continuación da área de pasarelas na praia da Catía á altura do río Listres.
Publicado en portada
RIBEIRA> A sucesión de temporais que se veñen encadeando dende mediados de decembro mantén a maior parte da flota pesqueira de Galicia sen apenas actividade.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Ribeira Top of Page

Síguenos en facebook