09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
RIBEIRA> O BNG de Ribeira denuncia o mal estado de conservación da avenida das Carolinas e do Malecón, dúas das principais vías de acceso ó centro urbano. Xa que son titularidade de Portos de Galicia, esixen ó ente autonómico un maior esforzo no seu mantemento. No caso contrario, demandan a cesión ó concello.
RIBEIRA> As investigacións iniciáronse xa no verán de 2015 no marco da denominada ‘Operación Sparrow 2’.
RIBEIRA> O xulgado de Instrución Número Un de Ribeira decretou o sobresemento provisional da causa pola desaparición de Diana Quer e o levantamento do segredo de sumario. O xuíz notificáballe a decisión ós pais este mércores nas dependencias xudiciais de Ribeira.
RIBEIRA> Os alumnos de automoción do Centro Integrado de Formación Profesional de Coroso achegáronse ós segredos do mundo dos ralis da man de destacados pilotos galegos. Fixérono no marco das Xornadas Motor Competición.
RIBEIRA> A afluencia de visitantes na comarca de Barbanza está a superar as mellores previsións. A ampla oferta de ocio e cultura, unida ás innmellorables condicións meteorolóxicas, fai de Arousa Norte un destino ideal para esta Semana Santa.
RIBEIRA> A confraría de Aguiño pechou a campaña do ourizo co mellor resultado dos últimos anos. A cotización acadou máximos históricos cunha media por riba dos oito euros ó longo de toda a campaña, iniciada en xaneiro.
RIBEIRA> Mestres e alumnos do IES Leliadoura concentráronse ás portas do centro para reclamar a dotación de fibra óptica. Denuncian os problemas que conleva a actual conexión por radioenlace, con frecuentes caídas da rede.
RIBEIRA> Dúas procesións, a do Paso e o Santo Enterro, conforman os principais actos da Semana Santa de Ribeira. Están previstas ademais numerosas celebracións relixiosas que darán comezo este domingo de Ramos.
RIBEIRA> Espectacular incendio o rexistrado a primeira hora desta mañá nun solar deshabitado en Ribeira. A pesar da alarma xerada pola rápida propagación das lapas non houbo que lamentar danos persoais.
RIBEIRA> Ó redor de douscentos escolares participarán na sexta edición do Torneo Panos Brancos contra a droga. A xornada, organizada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico, celebrarase este venres en Ribeira. A principal novidade é a incorporación de catro probas de atletismo.
RIBEIRA> Medio Ambiente pon en marcha un novo servizo de atención ós visitantes nos parques naturais de Galicia. O obxectivo que persegue é a concienciación ambiental e a promoción do turismo de natureza sostible. O anuncio deste novo servizo partiu da propia titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, durante unha visita realizada esta mañá ó Parque Natural de Corrubedo.
RIBEIRA> Portos de Galicia investirá cincuenta mil euros na mellora do firme da rampla de varada en Aguiño. Esta actuación, que estará finalizada antes do verán, mellorará as condicións de traballo dos profesionais do mar que levaban tempo denunciando o seu deterioro.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Ribeira Top of Page

Síguenos en facebook