• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
RIBEIRA> O BNG do Barbanza organiza unha andaina este sábado como inicio dos actos de conmemoración do día da Patria Galega. O roteiro partirá dende o centro urbano cara o castro da Cidade e miradoiro da pedra da Rá. Concluirá en San Roque onde Francisco Jorquera relatará as orixes desta data conmemorativa.
RIBEIRA> A Xunta local de Seguridade de Ribeira reuniuse este mércores a petición da asociación de empresarios do municipio que solicita a toma de medidas ante o incremento de roubos. As estatísticas expostas durante a xuntanza revelan un aumento das infraccións penais nos últimos tres meses.
RIBEIRA> Douscentos deportistas de diferentes nacionalidades participan no campamento de Taekwondo Soño Olímpico que se celebra estes días no Cámping Ría de Arousa en Ribeira. Esta tarde recibiron a visita da secretaria xeral para o Deporte quen se sumou ós adestramentos da man da elite internacional deste deporte.
RIBEIRA> Á espera de que os datos do teléfono móbil de Diana Quer poidan aportar información sobre o paradoiro da moza, continúan as investigacións sobre o terreo. Nos últimos días, axentes da Policía Nacional inspeccionaron unha finca en Ribeira onde unha testemuña declarou ver a unha persoa enterrando algo nas datas posteriores á desaparición.
RIBEIRA> Tras mes e medio de veda, os polbeiros volveron a actividade. Nestas primeiras xornadas non foi difícil acadar os topes de trinta quilos. Os prezos mantéñense altos, en niveis moi similares ós de antes do paro.
RIBEIRA> A casa do concello de Ribeira acollerá ata finais de mes a exposición do artista uruguayo Hugo Mario Pereira. Vinte dúas pinturas repartidas por diferentes estancias do consistorio constitúen unha ampla retrospectiva da obra deste artista afincado no Grove.
RIBEIRA> Mago de Oz, Merche e Treixadura serán os pratos fortes das festas do verán de Ribeira. Estas actuacións súmanse á numerosa oferta de lecer programada polo concello para os meses de xullo e agosto no marco do programa ‘A Fiestra da Cultura’.
RIBEIRA> Vinte e catro rapaces de entre oito e dezasete anos integran a vixésimo segunda promoción da policía infantil de Ribeira. Esta mañá tomaron posesión das súas credenciais polo que xa é posible velos patrullando polas rúas da vila.
RIBEIRA> A proba, organizada polo Club Náutico Ribeira, celebrarase o próximo sábado oito de xullo. Por sétimo ano consecutivo, a empresa Congalsa e o Club Náutico de Ribeira colaboran para poñer en marcha unha regata de cruceiro pola ría de Arousa. A cita será o próximo sábado 8 de xullo a partir das dúas da tarde e nela prevese unha participación dunhas vinte embarcacións nas clases regata, cruceiro-regata e regata. Para ese día barallanse dous percorridos costeiros en función da meteoroloxía existente cunha distancia aproximada dunhas dezasete millas náuticas Dende a firma Congalsa, empresa que lle dá nome á regata, destacouse a importancia da proba, enmarcada na súa política de colaboración co deporte e as entidades deportivas da zona. O Ziralla en clase regata, o Arroas en cruceiro regata e o Somni en cruceiro foron os últimos gañadores da proba.
RIBEIRA> Este xoves tivo lugar no centro de Interpretación de San Roque o acto de colocación da obra artística infantil ‘Mensaxe ó Mar’ elaborada polos alumnos do obradoiro de pintura de Ribeira. Procedeuse tamén á inaguración dun mural exterior creado por usuarios de AMBAR.
RIBEIRA> A oficina de información catastral de Ribeira abrirá o primeiro e terceiro xoves de cada mes a partir do vindeiro mes de xullo. Estará situada na Área de Atención Cidadá, na planta baixa do Concello, cun horario de atención ó público de nove e media a unha e media. A través deste novo servizo, os veciños do municipio poderán facer as consultas e trámites que consideren oportunos respecto a este rexistro sen ter necesidade de desprazarse ata Coruña como viña acontecendo ata agora. O servizo será desempeñado pola empresa Eibisa Norte, S.L., entidade que se vén de ocupar por encargo da Deputación da Coruña da actualización catastral de 75 concellos da provincia, entre os que se atopa Ribeira.
RIBEIRA> Entre cincuenta e sesenta coches participarán na oitava concentración tunning Riveira. Terá lugar o un e o dous de xullo na explanada de Coroso, onde se entregarán ó redor de oitenta trofeos entre os participantes.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Ribeira Top of Page

Síguenos en facebook