• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
RIBEIRA> Dúas mulleres resultaron feridas esta mañá nun accidente rexistrado na estrada provincial AC-550, á altura de Salmón, na parroquia ribeirense de Oleiros. O suceso producíase ó redor das once e media. Por causas polo de agora descoñecidas, o turismo no que viaxaban, un Renault Megane, acabou saíndose da estrada e volcado. Un grupo de veciños da zona foron os primeiros en socorrer ás vítimas. Posteriormente desprazáronse ata o lugar diversos efectivos de emerxencias como o grupo municipal e os bombeiros do Parque de Ribeira, así como unha dotación de tráfico que se encargou da regulación do tráfico mentres durou a intervención. Unha ambulancia encargouse de trasladar ás dúas mulleres ata o hospital da Barbanza, aínda que o seu estado non era grave.
RIBEIRA> Catro compañías compoñen o cartel da Mostra de Títeres que, un ano máis, animará os sábados do mes de abril en Ribeira. Ademais dos grupos galegos, haberá presentación vasca e madrileña.
RIBEIRA> Axentes de paisano da Policía Local velarán polo cumprimento da normativa vixente ó respecto.
RIBEIRA> A iniciativa, que parte do propio Concello, desenvolverase a partir das seis e media da tarde no auditorio municipal. En total serán unhas doce entidades do municipio as que colaborarán con esta actividade, entre as que se atopan a Coral Polifónica Municipal e a Coral do Círculo Mercantil, o grupo Tahume e o grupo Bailadela, así como a Asociación Haveira e Escola de Baile El Tomasón. Dende a concellería de Servizos Sociais quixeron agradecer a súa colaboración con esta causa solidaria, ó tempo que fixeron tamén unha chamada á veciñanza para que acuda ó sábado ó festival. Ese día instalarase unha mesa da Delegación Local de Oncomet ás portas do auditorio que se encargará de recoller os donativos que queiran facer as persoas que acudan ó evento.
RIBEIRA> A Xunta de Galicia destina setecentos trinta mil euros para prazas concertadas nos centros que a asociación AMICOS ten no Barbanza. Así o manifesto o Conselleiro de Política Social na visita realizada esta mañá ás instalacións da entidade en Ribeira.
RIBEIRA> O operativo desenvolvido pola Policía Nacional en Aguiño saldouse con dous detidos e a intervención de preto de 160 gramos de cocaína e de 130 de heroína, así como diversos efectos e diñeiro en metálico.
RIBEIRA> O colexio Galaxia de Ribeira presentou o seu proxecto Pasos Solidarios, unha andaina e carreira que percorrerá o concello o próximo domingo día 26. Os fondos irán destinados á Asociación Española contra o Cancro.
RIBEIRA> O polideportivo da Fieteira acollerá o sábado 25 de marzo a Quinta Velada de Boxeo organizada pola Escola ‘El Canario’ e o concello de Ribeira. Esta cita contará coa presenza de destacados deportistas a nivel galego así como seis representantes do equipo local.
RIBEIRA> A cámara de comercio de Santiago promove o emprendemento a través dun ciclo de charlas nos centros educativos de Ribeira. Este xoves eran os estudantes de Bacharelato do Colexio Galaxia os que se achegaban as experiencias dos emprendedores a través dunha visita ó viveiro de empresas.
RIBEIRA> “12 meses, 12 punchis” é o proxecto musical que está a desenvolver neste 2017 o grupo ribeirense “A Compañía do Ruido”. A formación levou a súa música ós alumnos do IES Número 1 de Ribeira dentro da programación da Semana Cultural do centro educativo.
RIBEIRA> Trátase da web de arquitectura máis importante do mundo.
RIBEIRA> O alcalde de Ribeira agarda que antes do mes de xuño esté en funcionamento a nova lonxa de Ribeira. Fixo o anuncio esta mañá ó tempo que afirmaba sentirse sorprendido polas críticas do BNG respecto do proceso adxudicatario do servizo.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Ribeira Top of Page

Síguenos en facebook