• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
RIBEIRA> Portos de Galicia investirá cincuenta mil euros na mellora do firme da rampla de varada en Aguiño. Esta actuación, que estará finalizada antes do verán, mellorará as condicións de traballo dos profesionais do mar que levaban tempo denunciando o seu deterioro.
RIBEIRA> Os mariscadores de Ribeira volvían esta luns ás súas concesións. A pesar de traballar nun banco de Coroso, que levaba máis de medio ano pechados, constataron a escaseza de ameixa. Haberá que agardar ós próximos días para ver como segue a desenvolverse a campaña.
RIBEIRA> O documento orzamentario ascende a máis de 28 millóns e medio de euros, un 33% máis con respecto ó do exercicio anterior, grazas en parte á aportación de fondos estatais para poder desenvolver o proxecto ‘Riveira Atlántica’.
Venres, 31 Marzo 2017 14:19

AMICOS racha coas barreiras do autismo

RIBEIRA> Ribeira foi o escenario elixido por AMICOS para conmemorar o Día Mundial do Autismo. Acompañados das súas familias, os usuarios da asociación racharon, de xeito simbólico, coas barreiras que atopan día a día as persoas autistas.
RIBEIRA> O alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, recibía este mediodía no salón de plenos do Concello a unha delegación de equipo australiano de taekwondo ‘Melbourne Taekwondo Center’. A expedición, formada por quince deportistas e dous adestradores, está a pasar uns días na localidade a invitación do club local Natural Sport, despois de ter participado a semana pasada no Open de España que se disputou en Alacante. No acto, que rematou cun intercambio de agasallos, tamén tomaron parte o edil de Deportes, Anxo Orellán e o director deportivo do Natural Sport, Juan Luis Martínez.
RIBEIRA> Dúas mulleres resultaron feridas esta mañá nun accidente rexistrado na estrada provincial AC-550, á altura de Salmón, na parroquia ribeirense de Oleiros. O suceso producíase ó redor das once e media. Por causas polo de agora descoñecidas, o turismo no que viaxaban, un Renault Megane, acabou saíndose da estrada e volcado. Un grupo de veciños da zona foron os primeiros en socorrer ás vítimas. Posteriormente desprazáronse ata o lugar diversos efectivos de emerxencias como o grupo municipal e os bombeiros do Parque de Ribeira, así como unha dotación de tráfico que se encargou da regulación do tráfico mentres durou a intervención. Unha ambulancia encargouse de trasladar ás dúas mulleres ata o hospital da Barbanza, aínda que o seu estado non era grave.
RIBEIRA> Catro compañías compoñen o cartel da Mostra de Títeres que, un ano máis, animará os sábados do mes de abril en Ribeira. Ademais dos grupos galegos, haberá presentación vasca e madrileña.
RIBEIRA> Axentes de paisano da Policía Local velarán polo cumprimento da normativa vixente ó respecto.
RIBEIRA> A iniciativa, que parte do propio Concello, desenvolverase a partir das seis e media da tarde no auditorio municipal. En total serán unhas doce entidades do municipio as que colaborarán con esta actividade, entre as que se atopan a Coral Polifónica Municipal e a Coral do Círculo Mercantil, o grupo Tahume e o grupo Bailadela, así como a Asociación Haveira e Escola de Baile El Tomasón. Dende a concellería de Servizos Sociais quixeron agradecer a súa colaboración con esta causa solidaria, ó tempo que fixeron tamén unha chamada á veciñanza para que acuda ó sábado ó festival. Ese día instalarase unha mesa da Delegación Local de Oncomet ás portas do auditorio que se encargará de recoller os donativos que queiran facer as persoas que acudan ó evento.
RIBEIRA> A Xunta de Galicia destina setecentos trinta mil euros para prazas concertadas nos centros que a asociación AMICOS ten no Barbanza. Así o manifesto o Conselleiro de Política Social na visita realizada esta mañá ás instalacións da entidade en Ribeira.
RIBEIRA> O operativo desenvolvido pola Policía Nacional en Aguiño saldouse con dous detidos e a intervención de preto de 160 gramos de cocaína e de 130 de heroína, así como diversos efectos e diñeiro en metálico.
RIBEIRA> O colexio Galaxia de Ribeira presentou o seu proxecto Pasos Solidarios, unha andaina e carreira que percorrerá o concello o próximo domingo día 26. Os fondos irán destinados á Asociación Española contra o Cancro.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Ribeira Top of Page

Síguenos en facebook