• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
RIBEIRA> O Bloque Nacionalista Galego da comarca do Barbanza reclama ás administracións públicas que garantan o subministro eléctrico das persoas sen recursos, así como unha tarifa eléctrica galega. Esta mañá anunciaron que as distintas agrupacións da comarca están presentando mocións a este respectos nos seus concellos.
Xoves, 01 Decembro 2016 22:57

A SIDA: un problema de todos

BARBANZA > Os municipios da comarca conmemoraron hoxe o día da loita contra esta enfermidade con diversos actos.
RIBEIRA> O BNG mostrou o seu rexeitamento á decisión tomada polo executivo local de apagar estes dispositivos. Para os nacionalistas é un paso atrás no camiño cara unha cidade máis accesible para as persoas. A presenza de vehículos nas rúas peonís estes días está a resultar bastante habitual. Abonda con transitar pola rúa de Galicia ou entre a praza de Compostela e o Museo Municipal para darse conta diso. O motivo foi a decisión do executivo local de deixar fóra de funcionamento o sistema de control de acceso. Ata o de agora só se permitía acceder a garaxes. A medida non convence ós nacionalistas. Para o BNG trátase dun paso atrás no camiño andado ata o de agora de conseguir unha cidade máis humanizada e accesible, en detrimento dos vehículos.
Unha trintena de locais hostaleiros do Barbanza comezaron a ofrecer esta fin de semana a súa proposta dentro da Ruta Máis que Tapas. Venres, sábados e domingos deste mes de decembro, Arousa Norte convértese no epicentro da gastronomía en pequeno formato.
RIBEIRA> Esta mañá botaba a andar a primeira das xornadas organizadas polo Grupo de Acción Local de Pesca Ría de Arousa.
Luns, 28 Novembro 2016 20:46

Accidente mortal en Frións

RIBEIRA> O condutor dun camión de reparto falecía este mediodía atropelado polo seu propio vehículo.
Venres, 25 Novembro 2016 19:40

25N: Unidos contra o terror machista

RIBEIRA> Unha marea de actos inundou nesta xornada os concellos da Ría con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a  muller. En Ribeira o concello organizou obradoiros de Cultura Urbana, e os centros educativos celebraron diversas actividades, porque na loita pola igualdade, a educación debe ser o piar fundamental.
RIBEIRA> Aquí no Barbanza hoxe foi tamén un día de loita contra as reválidas da LOMCE e contra a chuvia. A folga estudantil foi secundada protestas en Boiro e Ribeira. Desde o Sindicato de estudantes do Barbanza celebran que a pesar da auga os alumnos decidisen perder un día de clara, para tentar gañar un futuro.  
BARBANZA> Os concellos de Ribeira e A Pobra únense ós actos programados para o Día contra a Violencia Machista que se celebra este venres. Teatro, obradoiros con alumnos de secundaria, primaria e infantil, ou mesas informativas son algunhas das actividades que hoxe se presentaron en ambos municipios. 
RIBEIRA> Ribeira homenaxeará ás mulleres represalia das durante o Franquismo no Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. O próximo día 25 haberá tamén música, poesía e documentación histórica para lembrar ás case 50 mulleres asasinadas en España por violencia machista no que vai de ano. 
  Normal 0 21 false false false ES-TRAD X-NONE X-NONE RIBEIRA> O Xuíz de Ribeira decide prorrogar o Segredo de Sumario no caso da desaparición de Diana Quer un mes máis. Cando se van cumprir 3 meses desde que se lle perde a pista á moza na Pobra, os investigadores terían xa accedido ó 70 por cento da información do seu teléfono móbil, aparecido hai tres semanas.
RIBEIRA> Rescatados tres mariñeiros de Ribeira esta madrugada fronte ás costas da Illa de Sálvora, tras ó emborcar o pesqueiro no que faenaban. Os tres homes foron trasladados ó Hospital do Barbanza con síntomas de hipotermia. Agardábase que foran dados de alta ó longo do día.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Ribeira Top of Page

Síguenos en facebook