• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
RIBEIRA> Responsables da entidade anunciaron esta mañá a nova, provocada pola decisión da empresa que subministraba gratuitamente os menús de deixar de ofrecer este servizo.
Amnistía Internacional levará a cabo varios actos en distintas cidades do país que buscan o compromiso real das autoridades municipais coa acollida das persoas refuxiadas. Unha destas cidades “acolledoras” é Ribeira.
O BNG de Ribeira presentará unha iniciativa ó goberno local sobre as posibles irregularidades no proceso de selección de persoal para ocupar 12 postos de auxiliar de policía local. Un dos aspirantes afirma que solicitou facer a proba en galego, e esta petición foille denegada.
BARBANZA> O temporal no mar, que mantén a boa parte da flota amarrada, pode ser unha das principais razóns dese lixeiro incremento.
BARBANZA> Construcións de Outes, Porto do Son, Ribeira ou Noia están entre as obras preseleccionadas para os premios que outorga o Colexio de Arquitectos de Galicia.
RIBEIRA> Desaparecido en Ferrol un mozo ribeirense desde o pasado sábado. Trátase de Jonathan Fiel Cabadas, de 26 anos, e que ata os 23 residía en Ribeira, onde o seu pai, é un coñecido árbitro de futbol e ex presidente do Atlético Ribeira. O mozo vivía agora en Ferrol e desde este sábado ás nove e media da noite a súa familia non sabe nada del. Jonathan mide 1 metro 74, pesa 80 quilos, e conduce un Ford Fiesta Vermello cunha gran pegatina no capó. O sábado á noite, a última vez que contactaron con él, afirmou estaba limpando o seu vehículo e asegurou que pronto estaría de volta na casa. Se alguén pode aportar algún tipo de información pode chamar ó 112 ou ó teléfono que aparece aparece nas súas pantallas: 642 650 775
O Delegado Territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, clausurou esta mañá en Ribeira o obradoiro de emprego Tahume 3, no que participaron 20 alumnos deste concello e de Porto do Son. Hoxe recibiron os seus diplomas tras seis meses de intenso traballo.
RIBEIRA> A cita será o próximo domingo cinco de marzo e servirá ademais de homenaxe a Jesús Huerta e Vicente Fernández, dúas persoas xa falecidas moi vinculadas ó mundo do deporte na comarca.
Mércores, 22 Febreiro 2017 17:19

Os emigrantes retornados volven saír á rúa

RIBEIRA> A comitiva de afectados partiu dende a delegación de Facenda ata a praza do Concello, para reclamar un trato xusto nas cotizacións das pensións que perciben do estranxeiro.
RIBEIRA> O executivo ribeirense informou da licitación das obras para a finalización do Centro Social Multiusos de Carreira, por un importe de máis de 266 mil euros. A actuación será financiada integramente pola Deputación da Coruña, a través do seu Plan de Acción Social. As obras incluídas nesta fase permitirán rematar o dito inmoble, que será destinado á realización de actividades de ámbito local e outras propostas dos veciños desta parroquia. Segundo o publicado xa no Boletín Oficial da Provincia da Coruña no día de onte, as empresas interesadas en facerse con esta actuación dispoñen de 26 días naturais para a presentación de ofertas.
RIBEIRA> Asi llo trasladou a titular deste departamento, Beatriz Mato, a unha representación de veciños afectados que se reuniu con ela no Concello.
RIBEIRA> Ana Peleteiro revalidou esta pasada fin de semana en Salamanca o título de Campioa de España de Triple Salto en Pista Cuberta. Fíxoo cun salto de 13’67, superando a Patricia Serrapio e Andrea Calleja, que por esta orde subiron tamén ó podio. A atleta ribeirense parace ter superado os problemas de lesións que a apartaron da competición nos últimos meses. En Salamaca acabou tamén con molestias físicas, que lle impediron ademais mellorar a súa marca, ó ter que renunciar ós seus tres últimos saltos. Non foi necesario, xa que ningunha das súas rivais foi quen de superar os 13’67 do seu segundo salto. A súa próxima cita serán os Europeos de Belgrado, para os que xa obtivo marca mínima.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Ribeira Top of Page

Síguenos en facebook