• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
POIO> O deputado provincial David Regades visitou esta mañá a localidade pontevedresa de Poio para facer entrega ó alcalde de catro novos vehículos para o municipio. A cesión forma parte da inversión do Plan Concellos da entidade provincial nesta vila. Unha importante renovación para a flota municipal de Poio que sen dúbida era necesaria debido ó estado no que se atopaban xa os antigos coches do concello. Foi o que destacou o deputado provincial David Regades, esta mañá en Poio, durante a entrega de chaves ó alcalde que tivo lugar ás portas do concello. Esta dotación contou cunha inversión de preto de 630.000 euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Cinco vehículos que dotarán ós veciños de Poio de mellores servizos en distintos ámbitos. O deputado provincial quixo destacara que en total neste 2017 a entidade aportou ó municipio de Poio 1 millón oito mil euros enmarcados dentro deste Plan Concellos. David Regades aproveitou a visita para coñecer de primeira man o resultado das obras realizadas na Rúa San Xoan, que contou cun investimento de 81.000 euros que saíron deste mesmo plan provincial. Nesta rúa de Poio as obras, que veñen de rematar tras un período de dous meses, melloraron ademais da accesibilidade, o saneamento, as conexións domiciliarias, ou a reposición do firme da estrada.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
POIO> O concello de Poio fixo esta mañá un balance moi positivo sobre a liquidación dos seus orzamentos de 2016. Cun remanente de tesourería de preto de dous millóns e medio de euros, o alcalde agarda que os presupostos deste ano se aproben no pleno deste mes de abril. Esta mañá o concelleiro de Facenda de Poio acompañado polo alcalde fixo públicos os datos da liquidación dos orzamentos correspondentes ó 2016. A valoración foi positiva. Dos algo máis de once millóns de euros que se presupostaran o ano pasado, a recadación que se fixo foi de 12,564.00o euros. Boas novas tamén no que se refire ó remanente de tesourería, importante xa que aporta unha idea do nivel de execución do orzamento, é de 2 millóns 300 mil euros. O aforro neto no concello poiés o ano pasado foi de 900.000 euros, a diferenza entre os ingresos correntes e os gastos correntes. Relevante tamén porque reflexa o que o concello pode investir. O concelleiro tivo ocasión tamén de criticar a “Regra de gasto” do estado, que provoca que os dous millóns 300 mil euros que teñen de remanente, só poidan investir no municipio 1 millón de euros, debido ás políticas de contención do goberno central. O alcalde de Poio salientou tamén a boa xestión do concello. Luciano Sobral destacou tamén que en seis anos nas que non se revisan as taxas á alta, e aproveitou para anunciar que teñen a intención de aprobar os orzamentos deste 2017 no vindeiro pleno de finais do mes de abril.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Os alumnos do IES de Vilalonga, en Sanxenxo, asistiron a unha das clases máis importantes do curso, porque que lles poderá axudar a salvar vidas. Esta mañá acompañamos ós rapaces nunha xornada de reanimación cardio pulmonar. Reaccionar nunha situación de emerxencia e poder salvar a vida dunha persoa en parada cardiorrespirtatoria, é unha capacidade que todos deberiamos aprender. Por iso, alumnos de Bacharelato e da ESO do Instituto de Vilalonga, en Sanxenxo, recibiron esta mañá un Masstraining, o que vén sendo un adestramento de masas, por parte de profesionais dos servizos de urxencias. Organizada pola SEMES, Sociedade Española de Mediciña de Emerxencias, a sesión dividiuse en dúas partes, a teórica e a práctica. Nesta segunda fase foi cando se dividiron en grupos pequenos para experimentar unha situación real de auxilio. O traballo en equipo e manter a calma, é esencial en situacións de emerxencia. E clases coma ésta que interrompen momentaneamente as rutinas do instituto, son tan importantes para concienciar á mociedade de mensaxes coma ésta.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> O voceiro do Partido Popular de Sanxenxo critica a falta de comunicación do alcalde do municipio coa oposición. Telmo Martínez denunciou esta mañá que a estas alturas do ano o equipo de goberno aínda non contactou cos populares para falar sobre os orzamentos deste ano. O voceiro popular no municipio de Sanxenxo quixo esta mañá deixar claro ante a prensa a súa desconformidade coa actitude que o actual goberno do concello, o tripartito liderado polo independente Gonzalo Pita. Asegura que a falta de comunicación coa oposición é total, e que a estas alturas do ano no houbo ningún contacto para os temas máis esenciais do municipio. Martínez lembrou que o partido popular conta con 8 concelleiros, e o partido q ue lidera o tripartito só 4, polo que é a súa obriga falar coa oposición e dialogar os asuntos máis relevantes para os veciños de Sanxenxo. Telmo Martínez afirmou esta mañá que coa actitude do alcalde, o que está facendo é prexudicar os intereses comúns do concello, e que nestes case dous anos de goberno Gonzalo Pita está dando prioridade ó seu interese persoal e non ó interese xeral.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Quen dixo que a ciencia e cociña non teñen nada en común? Esta mañá os alumnos e alumnas do Colexio Julia Becerra de Barrantes, en Ribadumia, descubriron que en realidade é todo o contrario, e fixérono da man do mellor mestre posible, o recoñecido cociñeiro Pepe Solla. Son algunhas das cousas que aprenderon esta mañá os alumnos do Centro Público Integrado Julia Becerra de Barrantes, Ribadumia, durante a sesión Cociña e Ciencia, que esta mañá tiveron o luxo de compartir co gran cociñeiro poiense Pepe Solla. O obxectivo do obradoiro era concienciar á sociedade da relevancia que ciencias como a física, a química ou as matemáticas teñen na cociña, e qué mellor que facelo comezando polos que conforman o noso futuro, os estudantes. Cocer un ovo. Un feito tan sinxelo coma ese marcou toda a charla de Solla, que explicou ós rapaces conceptos como o xogo coas temperaturas na cociña. A charla está enmarcada no proxecto Edumotiva, da consellería de Cultura. Pode que algúns deste alumnos descubran hoxe a súa paixón pola química ou a física grazas a un ovo cocido, pero máis de un seguro que xa imaxinou converterse no próximo Pepe Solla da gastronomía galega. Cheguen ou non a ser o número 1 nisto dos fogóns, hoxe aprenderon unha lección maxistral, e é que tal e como lles contou Pepe Solla, os mellores cociñeiros, o son, porque aprenderon, dos mellores científicos.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Un mariñeiro atopaba este mediodía fronte ás Illas Ons o corpo sen vida dunha muller desaparecida en Noalla, Sanxenxo, esta fin de semana. Desde primeira hora desta mañá un amplo dispositivo buscaba á muller por terra e mar, na zona de Punta Faxilda, onde aparecera o seu vehículo. Un mariñeiro que faenaba fronte ás illas Ons localizaba este mediodía o cadáver dunha muller, veciña de Aios, na parroquia de Noalla, en Sanxenxo, que levaba desaparecida desde o domingo. Natividade, de 44 anos e con dúas fillas, faltaba da súa casa dende a madrugada do sábado ó domingo. O seu coche apareceu aquí en punta Faxilda, a moi poucos quilómetros da súa viveda. O corpo da muller apareceu este mediodía ás nosas costas, na illa de Onza. Segundo fontes do operativo o corpo apareceu a uns 600 metros do isllote de onza, que pertence ó arquipélago de Ons. Salvamento Marítimo recuperou o corpo sen vida que foi trasladado pola Garda Civil ata o peirao pontevedrés de Bueu. Desde primeira hora deste luns un amplo dispositivo buscaba por terra e mar nesta rochosa zona de Punta Faxilda, logo de que o vehículo de muller aparecese neste punto, coas chaves postas, no mediodía de onte domingo. O seu marido presentaba a denuncia da desaparición poucas tempo antes no posto da Garda Civil de Sanxenxo, cando a familia se percatou da súa ausencia. Xunto coa familia, que agardaba desesperada noticias positivas, veciños da zona achegáronse ó lugar para tentar axudar na busca. Ninguén daba crédito ó acontecido. O equipo de busca estivo formado por Salvamento marítimo, a Salvamar Sargadelos con base en Ribeira, unidades terrestres da garda civil, e buzos dos GEAS.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> O concello de Sanxenxo reforza o seu operativo de limpeza das praias de cara á Semana Santa. Grazas a unha subvención do Plan Concellos da Deputación , o municipio está dobrando o seu persoal para o acondicionamento dos areais. Nos 36 quilómetros de costa cos que conta o concello de Sanxenxo atopamos multitude de praias das máis variadas características, e como estas son precisamente un dos seus maiores reclamos turísticos, o municipio destina durante todo o ano unha brigada de cinco operarios ó seu mantemento. Pero agora, coa Semana Santa ás portas de esquina, Sanxenxo reforza este equipo grazas á axuda do Plan Concellos de Deputación de Pontevedra. Ademais dos seis novos operarios, que se unen ós cinco cos que xa conta o concello, a chegada da máquina limpa praias concedida pola Deputación de Pontevedra a Sanxenxo, sumada ás dúas municipais, permite acelerar durante esta semana o operativo de limpeza que a concellería de Medio Ambiente comezou a despregar hai 15 días pola proximidade das vacacións. Os temporais dos últimos días fan que este traballo sexa máis necesario ca nunca. A brigada municipal comezou polas praias máis urbanas, como A Panadeira e esta de Silgar, para desprazarse a partir da semana que vén a Areas, Baltar, Montalvo, Pragueira e Major.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> O concello de Sanxenxo presentou esta mañá na Confraría de Portonovo a primeira edición de “Pincho e Raia”. Un evento culinario que nas fins de semana de abril servirá de antesala á tradicional “Festa da Raia” que terá lugar a finais dese mes. Só polo recendo que desprendía esta mañá a Confraría de Portonovo, ante a presenza de semellantes delicatesen a base de raia, a recomendación para asistir á vixésimo segunda Festa da Raia de Portonovo, está máis que asegurada. Pero como ésta aínda se celebrará os próximos 29 e 30 de abril, este ano desde o concello decidiron agasallarnos cun adianto do maís saboroso. Trátase da iniciativa “Pincho e Raia”. Sorpresa de Raia, Tres en Raia, Crocante de Raia, Rolioñ de Raia con salsa de champiñóns e langostinos ,raia empanada son ali oli…e así ata 16 tapas a base deste exquisito manxar, tantos, como locais participan en Pincho en Raia. A idea é que durante as f semanas previas á Festa da Raia, tanto visitantes como nativos visiten Portonovo para ter un pequeño aperitivo do que se aveciña. Desde hoxe, os venres, sábados e domingo de abril, por un prezo de dous euros, poderán gozar deste pinchos de raia, sen esquecferse de cubrir o pasaporte nun mínimo de 8 locais, e así poden entrar tamén no sorteo. Os premios son un televisor, un curso de fotografía e outro de iniciación ó piragüismo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, anuncia que estudará medidas legais contra a Deputación de Pontevedra pola anulación do contrato da estrada de Baión. A entidade provincial anunciaba onte que tomaba esta decisión por graves irregularidades na tramitación da mesma. “Delictiva, e por motivos políticos”, así definiu esta mañá o alcalde de Vilanova a decisión da Deputación de Pontevedra de anular o contrato da variante de Baión coa empresa adxudicataria. Esta obra fora atribuida en xullo de 2015 polo goberno de Louzán en funcións, coa empresa COVSA por un importe superior a 1 millón de euros. Gonzalo Durán afirmou esta mañá que de levarse a ca bo a anunciada paralización, asegura que se caerá nunha ilegalidade. Desde a Deputación aseguran que a decisión se debe a que o informe carece de avaliación ambiental simplificada, e outras irregularidades. Durán asegura que isto non é así. O alcalde asegura que están en conversas con outros alcaldes da provincia que se viron afectados por decisións destes tipo, para tomar as medidas legais precisas. E asegura que teñen constancia de presións a funcionarios. Desde a entidade provincial aseguran que xa está contratada unha asistencia técnica para mellorar o vial xa existente, pero con grandes diferenzas co proxecto inicial: instalación de pasos elevados e a ampliación nalgúns tramos, entre outras cuestións.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIBADUMIA> Boas novas para os fregueses da Igrexa de San Andrés de Barrantes. O concello de Ribadumia ampliará o aparcadoiro do entorno do templo; unha intervención que será posible grazas ao convenio asinado co Arcebispado de Santiago. A actuación desenvolverase nunha parcela de case 1.300 metros e contará cunha achega de máis de 130.000 euros. A Igrexa de San Andrés de Barrantes contará con case 1.300 metros máis de aparcadoiro. Un convenio asinado entre o concello e o Arcebispado de Santiago permitirá ao goberno local actuar nunha parcela de titularidade eclesiástica para mellorar este servizo. A cesión é por un período de 20 anos e non terá ningún custo para as arcas municipais. O concello de Ribadumia asumirá os gastos das actuacións, que cifran en máis de 62.000 euros que se prevén con cargo a unha liña de axudas da Axencia Galega de Infraestruturas. Nos plans do concello entra tamén a conexión de sumidorios das vivendas desa zona coa rede xeral. Neste caso, o orzamento supera os 70.000 euros, que se inclúen no Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. A intención do executivo é que as obras estean rematadas cara finais deste ano.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> O concello de Cambados podería enfrontarse a unha sanción de 5.000 euros da Xunta de Galicia. O motivo: unha fochanca no firme da estrada da avenida de Vilagarcía. O goberno autonómico asegura que un problema na tubaxe municipal é a responsable. O executivo local, pola súa banda, critica o mal estado xeral deste vial de titularidade autonómica. O concello de Cambados vén de recibir unha proposta de inicio de expediente sancionador por parte da Xunta de Galicia polo afundimento do firme no punto quilométrico 9 da estrada PO-559, Cambados-Vilagarcía. O goberno autonómico responsabilízaos da fochanca que apareceu na zona. O goberno local xa solicitou un informe a Viaqua para averiguar se realmente a tubaxe é a responsable do problema, pero non ocultan a súa sorpresa por esta posible sanción. O executivo cambadés sinala que o firme leva anos deteriorado, e que a tubaxe non é unha obra recente. Incluso aseguran que xa interviron en varias ocasións con cargo ás contas municipais. Abal pediu ademais a colaboración de todas as administracións, recordando a importancia de manter en bo estado as infraestruturas tendo en conta o nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeMostrando artigos por etiqueta: Salnés Top of Page

Síguenos en facebook