• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
“Corro polo teu soño” é o lema que un ano máis, e xa van tres, acompañará á carreira solidaria Ladesol que se celebra en Vilagarcía o próximo 25 de xuño. Os fondos irán destinados á labor que a Fundación Lazos está a facer en Angola. Esta tarde presentouse o evento no Colexio San Francisco da capital arousá. Corre polo soño de ter unha casa digna. Corre polo soño de ter saúde…Polo soño de ter unha educación…E se non podes correr, anda. Son os obxectivos da terceira edición da carreira solidaria Ladesol, organizada pola Fundación Lazos, e que esta tarde se presentou no Colexio San Francisco de Vilagarcía. En concreto, os beneficios irán destinados á labor que esta organización está a facer en Angola no ámbito educativo. A carreira terá lugar o próximo 25 de xuño, e haberá categorías para interesados de tódalas idades. Para os que queiran correr, e os que prefiran camiñar. O padriño da carreira este ano é Santi Ferrer, profesor e atleta. Desde o concello, destacaron que os valores desta carreira encaixan á perfección cos do goberno vilagarcián. As inscricións poden realizarse ata o día 21 de xuño na páxina web carreirasgalegas.com ou no Colexio San Francisco de Vilagarcía.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
O Centro de Saúde de Portonovo cubrirá a partir do 1 de xuño a praza de pediatra que quedaba vacante desde a xubilación do anterior doutor. Esta era unha demanda veciñal que provocou diversas manifestacións e protestas durante os últimos meses. Aínda así, desde a Plataforma de Afectados afirman que o municipio debería contar con 3 pediatras. Na última manifestación, no mes de abril, medio milleiro de veciños de Portonovo esixiron melloras para o centro de saúde de Baltar. Entre as demandas máis urxentes, aumentar o servizo de pediatría, e contar cunha ambulancia medicalizada durante todo o ano, e non só nos meses de verán. Esta mañá, os veciños desta parroquia de Sanxenxo, y desde a plataforma de afectados, continuaban queixándose das mesmas carencias. Precisamente esta mañá, mentres falaban con nós sobre esta problemática, representantes da plataforma entraron no PAC, acompañados nesta ocasión polo voceiro de En Marea, Luis Villares, que durante a súa visita a Sanxenxo tamén quixo coñecer de primeira man a situación do centro de saúde. Ó saír a presidenta da plataforma confirmábanos a noticia agardada. Nesta ocasión a presión veciñal, e as protestas que levaron a cabo nos últimos, conseguiron cubrir unha das prazas que estaba sen ocupar. Pero aínda así, os veciños, cren que aínda queda moito que conseguir para o perfecto funcionamento deste PAC, sobre todo agora no verán, cando Sanxenxo se converte na terceira cidade de Galicia con maior proboación.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
O Centro de Saúde de Portonovo cubrirá a partir do 1 de xuño a praza de pediatra que quedaba vacante desde a xubilación do anterior doutor. Esta era unha demanda veciñal que provocou diversas manifestacións e protestas durante os últimos meses. Aínda así, desde a Plataforma de Afectados afirman que o municipio debería contar con 3 pediatras. Na última manifestación, no mes de abril, medio milleiro de veciños de Portonovo esixiron melloras para o centro de saúde de Baltar. Entre as demandas máis urxentes, aumentar o servizo de pediatría, e contar cunha ambulancia medicalizada durante todo o ano, e non só nos meses de verán. Esta mañá, os veciños desta parroquia de Sanxenxo, y desde a plataforma de afectados, continuaban queixándose das mesmas carencias. Precisamente esta mañá, mentres falaban con nós sobre esta problemática, representantes da plataforma entraron no PAC, acompañados nesta ocasión polo voceiro de En Marea, Luis Villares, que durante a súa visita a Sanxenxo tamén quixo coñecer de primeira man a situación do centro de saúde. Ó saír a presidenta da plataforma confirmábanos a noticia agardada. Nesta ocasión a presión veciñal, e as protestas que levaron a cabo nos últimos, conseguiron cubrir unha das prazas que estaba sen ocupar. Pero aínda así, os veciños, cren que aínda queda moito que conseguir para o perfecto funcionamento deste PAC, sobre todo agora no verán, cando Sanxenxo se converte na terceira cidade de Galicia con maior proboación.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
“Autogolpe de estado democrático”, así cualifica En Marea o acontecido onte no pleno de Sanxenxo no que dimitiu Gonzalo Pita. Luis Villares visitou esta mañá o municipio, acompañando ós membros de Somos Sanxenxo e Sanxenxo Pode, polo que tacharon como un percorrido polas atrocidades urbanísticas de Telmo Martín. Aínda que non conta con representación no concello de Sanxenxo, En Marea demostrou a súa desconformidade ante o que considera un golpe de estado que o Partido Popular está levando a cabo no concello. O voceiro nacional, Luis Villares, dixo durante unha visita ó municipio, que o pacto de goberno entre o xa ex alcalde, Gonzalo Pita, e o alcalde entrante, o popular Telmo Martín, só vén beneficiar os intereses particulares déste. O voceiro de En Marea, criticou tamén durante a súa intervención que este pacto entre PP e o SAL, recolla promesas de obras de ámbito non municipal, polo que considera que tanto Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta, como Alfonso Rueda, vicepresidente, deberían dar conta desta acordo. Villares acompañou ós membros de Somos Sanxenxo e Sanxexno Pode, polo que denominaron como o percorrido das atrocidades urbanísticas de Telmo Martín, que xa foi alcalde do 1999 ó 2006. Tamén fixo referencia ó papel de Temo Martín durante a burbulla inmobiliaria, o deputado de En Marea, Marcos Cal, presente tamén na xuntanza de hoxe. Desde Somos Podemos, quixeron tamén felicitar á concelleira de SAL, Vanesa Rodríguez, por desvincularse deste pacto amosando a súa ética política. Luis Villares rematou lanzando unha mensaxe á cidadanía, asegurando que EnMarea seguirá denunciando este tipo de actuacións, e que son os cidadáns os que, chegado o momento, saberán poñer a cada quen no seu sitio .
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> Telmo Martín recuperará mañá o bastón de mando de Sanxenxo. O voceiro do Partido Popular volverá a ser alcalde tralo pacto asinado con tres dos edís de SAL, que deixará ao xa exrexedor Gonzalo Pita como único tenente de alcalde do novo bipartito. Onte Pita oficializaba a súa dimisión durante un pleno bronco tanto dentro como fóra do consistorio. Así informaba Gonzalo Pita do único punto do día que reunía onte ao pleno de Sanxenxo. Tralo acordo asinado co Partido Popular para devolver a alcaldía a Telmo Martín, o xa exrexedor aseguraba ter a conciencia limpa. Segundo Pita, este cambio permitirá conseguir máis proxectos e obras para Sanxenxo. O edil nacionalista David Otero acusouno de ególatra, presidencialista, mentiroso e desleal, e cualificou este cambio como unha "automoción de censura". Para Coral González-Haba, exsocia socialista do tripartito os tres edís de SAL comparten o ADN co Partido Popular. De desleal tamén o cualificou o concelleiro non adscrito Roberto Carlos Agís, exmembro do cuatripartito que naceu das eleccións do 2015. Tampouco ocultou a súa decepción a edil de SAL contraria ao acordo co PP, Vanessa Rodríguez. Ante todas as críticas dos exsocios do cuatripartito, Telmo Martín foi o único valedor de Gonzalo Pita. O voceiro popular pediu respecto ao acordo acadado con SAL, e acusou a David Otero de ser o responsable de romper o tripartito. Mentres a tensión era palpable nas intervencións dos voceiros, fóra da casa consistorial numerosos veciños reclamaban poder entrar ao salón de plenos, pechado para controlar o aforo. A multitude increpou a Telmo Martín e a Gonzalo Pita cando abandonaron o concello, escoltados por axentes da Policía Local. Segundo anunciaron hoxe dende o concello, Martín será elixido mañá alcalde nun pleno extraordinario convocado para as 8 da tarde. Para evitar os problemas de aforon de onte, dende o Partido Socialista xa solicitaron que a sesión se traslade ao auditorio Emilia Pardo Bazán.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Primeira comparecencia de José Luis Villanueva trala súa vitoria nas eleccións da Confraría de Carril. Villanueva, que estivo arroupado por algúns dos membros do seu equipo, asegurou que trala toma de posesión do 23 de xuño volverán traballar para sacar adiante algúns dos proxectos paralizados. Iso si, despois das tensións vividas, non agarda que o que queda de lexislatura transcorra de xeito pacífico. O vindeiro 23 de xuño, José Luis Villanueva recuperará o seu posto como patrón maior da confraría de Carril. Unha vez el e o seu equipo tomen posesión, a intención é retomar os proxectos paralizados, como o de mellora do sistema de vixilancia ou a compra de semente para o marisqueo a pé. Tralo conflito que provocou o seu cese e a posterior campaña electoral, o presidente dos parquistas non agarda que a que vén sexa unha lexislatura tranquila, aínda que tendeu a man aos que foron os seus opositores. Sobre a polémica levantada polo 2% que recibe a agrupación das vendas dos socios na lonxa, Villanueva defendeu que se empregan para cuestións relacionadas co funcionamento do ente, que moitas veces benefician á confraría. Outra das tarefas pendentes que terá o novo equipo é preparar a Festa da Ameixa da Carril. O futuro patrón maior criticou que os parquistas, como membros da comisión organizadora, non foran convocados ás reunións que xa se tiveron. Trala súa comparecencia, José Luis Villanueva tamén quixo lanzar unha mensaxe á Consellería do Mar, tras criticar que as eleccións do sábado non foron todo o democráticas que deberían.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
BARRO> En Barro xa contan os días para o comezo da súa Festa do Viño. A cita arrincará o vindeiro 14 de xuño a que será a súa trixésimo oitava edición, cun programa que volverá mesturar música, deporte, cultura, teatro e viño. Neste caso, a festa xirará en torno ás primeiras adegas que se puxeron en marcha en Barro dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas. Entre o 14 e o 18 de xuño o viño terá todo o protagonismo no concello de Barro, acompañado iso si por música, deporte, cultura ou teatro. O venres 16 arrincarán os pratos fortes da festa. O pistoletazo de saída chegará co pregón, a cargo este ano de Ángel Alfonso, profesor afincado no concello. Coa intervención do pregoeiro, abriranse tamén os stands do décimo segundo certame de viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. Precisamente, este ano a festa terá como protagonista aos adegueiros que apostaron pola profesionalización do sector. Casaley, Moraima, Cabana das Bolboretas e a Adega Eirlar, actualmente inactiva, será as catro que teñan representación nas casetas do certame da Denominación de Orixe. Nesta edición da cita, a organización repite ademais o túnel do viño. O Torneo de Fútbol Festa do Viño e a inauguración da exposición "O Camiño, a arte e o viño no Camiño Portugués de Santiago" comezarán xa o día 14; mentres que os Xoves do Viño e a degustación de caldos das adegas do concello serán o día 15. O torneo de tenis, o certame de pintura rápida, a xuntanza de vespas e as verbenas diarias, completan unha programación ampla e para todos os públicos.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
MEIS> Terras de Asorei xa forma parte de Galicia Calidade. A adega recibiu o selo este mediodía de mans co conselleiro de Economía, que destacou a mestura de calidade, tradición e innovación na industria do viño. Para Terras de Asorei esta acreditación é un paso máis na súa aposta pola adega 4.0, e na modernización das súas instalacións. Os caldos de Terras de Asorei xa poden levar o selo de Galicia Calidade. A adega recibiuno oficialmente de mans do Conselleiro de Industria, que visitou as súas instalacións no concello de Meis. Do case centenar de empresas que forman parte de Galicia Calidade, catorce son adegas das cinco denominacións de orixe galegas. Terras de Asorei xa é unha más, que aposta por este selo para respaldar a calidade dos seus caldos. Conde tamén felicitou á adega pola renovación integral que están a construír ao redor do seu proxecto. A intención de Terras de Asorei é a de camiñar cara a adega 4.0, mellorando a súa produción e ofrecendo unha trazabilidade cada vez máis exacta dos seus produtos. Nos vindeiros meses este proxecto continuará evolucionando. De feito, a adega estrea imaxe corporativa e proximamente comezará a reformar as súas instalacións en Meis. Na actualidade, Terras de Asorei produce tres marcas de viño da Denominación de Orixe Rías Baixas e exporta a preto de 15 países, tanto dentro como fóra de Europa. Un camiño que queren seguir percorrendo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Galicia elabora o primeiro atlas que identifica os organismos que poden alterar o estado dos moluscos bivalvos. Realizado pola doutora Susana Darriba, esta mañá foi presentado pola Conselleira do Mar, Rosa Quintana, na sede de Vilaxoan do Intecmar. Trátase do primeiro atlas histopatolóxico que que reúne o amplo abano de organismos que entran en simbiose cos moluscos bivalvosmariños, que poden chegar a alterar o seu estado normal. Un traballo fundamental para previr determinadas patoloxías nas principais especies comerciais que se explotan en Galicia. Esta mañá a obra científica foi presentada no Intecmar, Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, con sede en Vilaxoán, pola conselleria do Mar Rosa Quintana, acompaña pola autora do atlas, Susana Darriba, Xefa da Unidade de patoloxía do Centro. Un traballo esencial para dar cumprimento á lexislación relativa ós requisitos zoosanitarios dos animais, e un paso máis da Xunta para seguir impulsando o marisqueo. A conselleira felicitou á autora, Susana Darriba, pola súa publicación e destacou que dirixiu unha obra moi completa, tanto na técnica empregada na súa realización como no material presentado.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> Sarah Jane Evans foi a encargada de inaugurar os Encontros de Códax que comezaron este luns nas adegas Martín Códax de Cambados. A Master of Wine inglesa presentou ante os asistentes os seus viños brancos favoritos, chegados, de todas partes do mundo. Antes, tivo un momento para falar con nós. O pasado luns, Martín Códax abriu as súas portas ao mundo. A adega acolleu o primeiro dos seus Encontros de Códax, unha iniciativa que traerá ata Cambados a dous Master of Wine, título que representa a máxima excelencia en educación do viño. A primeira foi Sarah Jane Evans, que guiou aos asistentes por unha cata de seis caldos brancos do mundo. Esta experta declarouse unha namorada dos caldos españois. Destacou a calidade de moitas das elaboracións patrias, que teñen que traballar para seguir sobresaíndo nun mercado moi competitivo a nivel internacional. Só 360 persoas no mundo posúen o título de Master of Wine, polo tanto a opinión de Sarah Jane Evans é unha das que hai que ter en conta. Ademais, recoñece que ten especial gusto polos brancos tipo albariño. Unha variedade que ofrede múltiples posibilidades e experiencias. Esta Master of Wine tamén posúe outro título de gran recoñecemento na nosa zona: hai dous anos que foi nomeada Dama do Albariño. Leva o seu papel como voceira da variedade con orgullo, e destaca o traballo que fan todos os que forman a Denominación de Orixe Rías Baixas. Sobre o futuro, Sarah Jane Evans cre que a promoción será clave para seguir medrando. Pero non só a asistencia a feiras ou a eventos. Para esta experta, o máis efectivo é traer aos prescriptores ata a nosa zona, para que coñezan de primeira man as peculiaridades que a fan única. A xornada en Martín Códax foi todo un éxito, atraendo un perfil diferente de asistentes: dende sumilleres e prescriptores, ata consumidores interesados no mundo dos viños. O seguinte dos Encontros celebrarase o vindeiro luns día 5, cunha cata da man do tamén Master of Wine Norrel Robertson. Todo un luxo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> A concelleira de SAL, Vanessa Rodríguez, manterá a súa acta. Unha semana despois do anuncio da rotura do tripartito e do pacto que entrega a alcaldía ao popular Telmo Martín, a edil entende que a súa oposición ao acordo representa á maioría da formación independente. Unha postura que, asegura, respaldou onte a asemblea de afiliados. Con 23 votos en contra do pacto co PP, tres a favor e un en branco, a edil Vanessa Rodríguez considera refrendada a súa oposición ao acordo que entrega a alcaldía ao popular Telmo Martín. Á asemblea convocada onte pola xunta directiva de SAL acudiron o 40% dos militantes da formación. Tralo seu pronunciamento en contra do acordo, Rodríguez asegura que manterá a súa acta, aínda que cesará nas súas funcións dentro do goberno e traballará na oposición. Ante a situación que se está a vivir en Sanxenxo, Vanessa Rodríguez recoñece que marchar sería a opción máis sinxela. Porén insistiu no seu compromiso cos veciños e con SAL, aínda que non ocultou a súa decepción coa postura dos seus compañeiros no goberno. A preguntas sobre o futuro de SAL, Rodríguez asegurou que é un traballo que non pode facer soa. Rodríguez tamén asegurou que non teme unha posible expulsión da formación. Así as cousas, de producirse, insistiu que aceptaría a decisión.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> Vanessa Rodríguez ve respaldada a súa postura contraria ao pacto co Partido Popular trala asemblea de onte. Porén, Gonzalo Pita, Jesús Sueiro e Daniel Fernández volveron poñer en dúbida a súa validez. Insisten en que non se convocou en tempo nin forma, e acusan á xunta directiva de secuestrar as siglas de SAL. Para Gonzalo Pita, Jesús Sueiro e Daniel Fernández, a asemblea de onte foi un secuestro das siglas de SAL. Insisten, ademais, en que a cita non foi convocada en tempo e forma. Tamén en que a decisión de asinar o pacto co Partido Popular foi tomada pola maioría dos edís de SAL na corporación, tal e como se fixo no momento de asinar o acordo que deu forma ao cuatripartito tralas eleccións do 2015. Sobre o futuro de Vanessa Rodríguez dentro do partido, ningún dos tres edís se pronunciou, e remitíronse a unha asemblea de SAL que se convocará proximamente. Pita, Sueiro e Fernández recoñeceron que se están a vivir momentos de tensión dentro da formación. De feito, esta mañá Sanxenxo amenceu con multitude de folletos acusándoos de transfuguismo. Segundo explicou Pita, este feito xa está denunciado na Garda Civil, e asegurou que non tolerarán insultos e ameazas. Sobre o futuro da corporación, o luns celebrarase o pleno no que Gonzalo Pita presentará a súa renuncia. Nese momento, Daniel Fernández asumirá as súas competencias como primeiro tenente de alcalde, e abrirase un prazo dun máximo de dez días para convocar o pleno no que Telmo Martín asumirá a alcaldía de Sanxenxo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeMostrando artigos por etiqueta: Salnés Top of Page

Síguenos en facebook