• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
SANXENXO> Xa hai data para o inicio das agardadas obras da avenida Luis Rocafort, en Sanxenxo. Os traballos comezarán o vindeiro 1 de marzo, segundo anunciaron esta mañá o deputado provincial de mobilidade e o alcalde da vila. A empresa conta con seis meses para executar a reforma integral, que se interromperá no verán para minimizar os trastornos a veciños e turistas.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Visto para sentenza o xuízo contra o vilagarcián acusado de intentar matar a dúas irmás co seu coche. O home negou que o atropelo fora intencionado, e defendeuse asegurando que o deslumbrara o sol. A Fiscalía rebaixou a petición de pena inicial dos 18 anos aos 10 por dous delitos de homicidio en grao de tentativa, contemplando o atenuante do trastorno mixto de personalidade que sofre o acusado.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
MEIS> Tres días despois do paso do forte temporal que azoutou o venres a comarca de O Salnés, goberno local e afectados continúan facendo balance dos danos. Segundo o alcalde, os estragos están a ser avaliados por técnicos do concello, que non descarta levar a situación á Xunta e pedir a declaración de zona catastrófica. Esta mañá os veciños continuaban traballando para volver á normalidade despois do forte temporal que azoutou o concello de Meis o pasado venres, o máis afectado polos efectos de Kurt e Leiv. Especialmente duros foron os efectos en San Martiño de Meis e no seu entorno, zona cero do temporal. Sobre todo destacan o fenómeno eólico que se deu entre as 4 e media e as 5 da madrugada do venres. Ante esta situación, o concello está a estudar a posibilidade de solicitar que Meis sexa considerado 'zona catastrófica' por parte da Xunta de Galicia. Así o concello avanza nas xestións para conseguir que Meis volva á normalidade.
 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SALNÉS> O temporal de vento e chuvia da pasada noite deixouse notar fortemente en O Salnés, onde causou numerosos estragos en sinais, casas e espazos naturais. Hoxe estivemos en diferentes puntos da comarca, pero as imaxes máis impactantes captáronse na praia de A Lanzada, onde o vento tempestuoso arrincou parte dunha pasarela de madeira, que fora recentemente colocada.
 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> Cambados súmase á loita contra a pobreza enerxética. A vila vén de adherirse ao convenio coa Federación Galega de Municipios e Provincias que busca garantir o subministro de luz e gas a familias con escasos recursos. Dende o concello matizan que o seu departamento de Servizos Sociais leva dende o 2015 cumprindo este compromiso, que beneficia a máis dun cento de fogares. Que ningún fogar cambadés quede sen luz ou sen gas é un dos obxectivos principais do goberno da vila. O concello anunciaba esta mañá a súa adhesión a un convenio da Fegamp coas compañías eléctricas para evitar os cortes destes servizos por impago. Este tempo de dous meses é a principal vantaxe que o convenio ten para o concello de Cambados, que xa dende finais de 2015 loita contra a pobreza enerxética. En decembro dese ano, o goberno local aprobou un Plan de Emerxencia Social para axudar ás familias con menos recursos. A intención do executivo cambadés é que os fondos para estes mecanismos cheguen das propias compañías eléctricas. Segundo explicou Xurxo Charlín, están a traballar nunha nova ordenanza fiscal que permita o cobro ás empresas pola ocupación de dominio público. Segundo os seus cálculos, o cobro desta taxa podería supor entre 30 e 40 mil euros máis ao ano para as arcas municipais. Actualmente o executivo está a estudar a ordenanza, que pretenden levar ao pleno do mes de febreiro para a súa aprobación.
 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Os deputados socialistas Guillermo Meijón e Dolores Galovart porán voz ás reclamacións de Vilagarcía en Madrid. Este mediodía mantiveron un encontro en Ravella co alcalde e coa voceira do goberno. Alberto Varela e Tania García trasladáronlle algunhas das reclamacións históricas da vila, e denunciaron o abandono que sofre de Xunta e Estado.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> Non hai distancias que se resistan ao viño albariño. Xa hai dúas décadas que a Festa do Albariño de Cambados ten unha réplica a pequena escala en Palma de Mallorca. Na cita participan máis de medio centenar de adegas. Hoxe, tres delas recolleron na vila cambadesa os galardóns que acreditan aos seus viños como gañadores desta vixésima edición.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> A CIG retoma as mobilizacións. O sindicato ten convocada unha manifestación en Santiago o vindeiro 28 de xaneiro, para reclamar a recuperación de dereitos para a clase traballadora. Dende a plataforma advirten da necesidade de que se revirta a situación. De non ser así, non desbotan a convocatoria dunha folga xeral antes do verán.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SALNÉS> A Mancomunidade do Salnés pasou tamén por Fitur para presentar unha das súas Rutas máis recentes pero que se está a convertir nunha das máis destacadas de toda a comunidade. Nun acto que tivo lugar no stand de Galicia da Feira, os membros da entidade deron a coñecer os tesouros que agocha este percorrido,
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> Avanzan os traballos de mellora da seguridade viaria na PO 308. A senda peonil e ciclista entre A Lanzada e Soutullo estará rematada no verán, segundo asegurou esta mañá a conselleira de infraestruturas. Ethel Vázquez visitou as obras neste primeiro tramo do itinerario entre A Lanzada e Portonovo, no que a Xunta investirá case 6,5 millóns de euros.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Mércores, 18 Xaneiro 2017 18:50

Pontón recolle as achegas do BNG de Cambados

CAMBADOS> A voceira nacional do BNG visitou esta mañá o concello de Cambados. Ana Pontón escoitou de primeira man as necesidades e achegas do grupo nacionalista cambadés, que forma parte do goberno local. A formación aproveitou para trasladarlle varias necesidades da localidade, que Pontón comprometeuse a levar ao Parlamento.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Martes, 13 Decembro 2016 18:50

Os pais de Carril manteñen as protestas

VILAGARCÍA> Segundo día de protestas no Colexio de Carril. Este mediodía os nenos volveron comer ás súas portas, demostrando o seu descontento coa dobre quenda implantada no comedor que reduce os tempos para xantar dos pequenos. Como novidade, algúns pais dos máis maiores si que deixaron aos seus fillos dentro, para comprobar o funcionamento deste novo sistema.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeMostrando artigos por etiqueta: Salnés Top of Page

Síguenos en facebook