• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
 
Publicado en portada
SALNÉS> Satisfacción e certo alivio entre os hostaleiros das Rías Baixas. A Semana Santa chega con bo tempo, e tira das reservas hoteleiras ata situalas en niveis que non se recordan dende hai anos. Mañá é cando se espera que arranque o momento forte destas festas, pero os efectos das vacacións xa se deixan notar nas rúas, praias e terrazas da comarca.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
BARBANZA> Inmersos xa na Semana Santa, son moitos os concellos que colgan o cartel de cheo nos seus establecementos hostaleiros. É o caso de Muros, onde a poboación se duplica durante estas festas ante o número de visitantes atraídos pola singularidade da súa Semana Santa.
NOIA> Noia Histórica volverá ofrecer visitas guiadas ós turistas que se acheguen ata a vila durante a Semana Santa. As rutas, de hora e media de duración percorrerán os lugares máis emblemáticos do concello, como a igrexa de Santa María A Nova, San Martiño ou a praza de abastos.
A CORUÑA> A Deputación da Coruña porá en marcha un Plan de Turismo Escolar encamiñado a divulgar o patrimonio cultural entre os nenos de infantil e primaria. Inicialmente desenvolveranse tres rutas guiadas polos inmobles e elementos patrimoniais máis singulares da provincia.
 
Publicado en portada
PONTEVEDRA> Achégase a Semana Santa e os hostaleiros xa comezan a mirar cara o ceo, e é que o éxito da campaña dependerá en gran medida do tempo. Por promoción, que non quede. A Deputación de Pontevedra iniciará a vindeira semana unha forte campaña para dar a coñecer o destino Rías Baixas, que ademais de apostar polo marketing online e as feiras internacionais, as levará a tres museos da Península Ibérica.
Publicado en PONTEVEDRA
MUROS> Balance máis que positivo do paso de Muros por FITUR. O expositor do concello recibiu infinidade de visitas e arrancou o compromiso de varios turoperadores para a organización de visitas, non só no verán, senón durante todo o ano.
GALICIA> Galicia aumentou significativamente o número de turistas internacionais que visitaron a nosa terra no que vai de ano. Os datos falan ás claras dun importante incremento na chegada e nas pernoctas de visitantes procedentes da diáspora.
Publicado en GALICIA
POBRA> A directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, desprazáronse ata a Pobra para inaugurar o novo alumeado do casco urbano. A instalación de novas luminarias, máis eficientes, suporá un importante aforro para as arcas municipais.
SANTIAGO> Trala súa exitosa aposta polo turismo accesible, Arousa Norte vén de presentar o seu novo proxecto. ‘Alma de Mar’ busca promocionar o destino turístico de Arousa Norte a través dos seus recursos humanos como valor engadido. As xentes do mar son os protagonistas dun documental que invita ó visitante a vivir unha experiencia turística única.
SANXENXO> Abanca está disposta a abrir a billa do crédito. A entidade asinou esta mañá un convenio de colaboración co Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo. Un acordo que permitirá aos asociados que o desexen beneficiarse dalgunhas vantaxes.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeMostrando artigos por etiqueta: Turismo Top of Page

Síguenos en facebook