• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
NOIA> A Axencia Galega de Turismo e a Asociación Rural de Desenvolvemento da Ría Muros Noia asinaron un convenio de colaboración para a promoción do xeodestino. Establece unha achega de preto de cincuenta mil euros para a potenciación conxunta dos cinco concellos que componen esta bisbarra.
Pontevedra> A provincia de Pontevedra ven de vivir o mellor mes de xullo, turísticamente falando, dos últimos 10 anos. Carmela Silva subliñou que a ocupación foi 12 puntos superior a do 2015. En total a provincia contou cun 84 por cento de ocupación no mes de xullo.
Publicado en PONTEVEDRA
SANXENXO> O Hotel Carlos I Silgar promove dende hai 18 edicións a cita deportiva “Ruta de Las Islas”, coñecida como o Trofeo Carlos I Silgar. Un evento que atraerá máis de 40 embarcacións a Sanxenxo entre os días 4 e 6 de agosto.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> A presidenta da Deputación presentou esta mañá os avances levados a cabo no Plan Estratéxico de Turismo para os anos 2017-2020. Un plan que aposta pola internacionalización do sector e que estará finalizado en decembro deste ano.
Publicado en PONTEVEDRA
MUROS> Dende hoxe ata o domingo as rúas do casco histórico da vila engalánanse para acoller as xornadas de cultura mariñeira ‘Muros Mira o Mar’, que este ano chegan á súa décimo terceira edición. Artesanía, música, exposicións, obradoiros, gastronomía e sobre todo moito mar. Muros inicia hoxe e ata o próximo domingo as xornadas de cultura mariñeira ‘Muros Mira o Mar’. A deste ano é a súa décimo terceira edición e o programa é do máis completo. Sen dúbida un dos aspectos máis relevantes desta celebración radica na implicación de tódolos muradáns. Un feito que destacan dende o propio Concello e que fai que a festa teña un maior protagonismo.
MUROS> Esta mañá a alcaldesa, María Xosé Alfonso, xunto co edil Medio Ambiente, Xosé Manuel Quintela, procedían ó izado do distintivo que premia a calidade das augas e as instalacións, así como tamén a prestación de servizos neste areal. O areal de San Francisco, en Louro, volverá a lucir este ano a bandeira azul. É xa algo habitual nos últimos anos. Trátase dunha das praias máis concorridas do municipio. Dende o Concello destacaron a importancia de poder contar unha vez máis con este distintivo, garantía de calidade e de prestación de servizos. Ademais a alcaldesa sinalou que dende o Concello séguese aa postar por mellorar as súas prestacións e servizos. Este ano coa adquisición dunha segunda cadeira anfibia para poder ser empregadas por persoas de mobilidade reducida. A pesar de que san Francisco é sen dúbida un dos areais estrela do municipio, ó ser a que recibe cada verán a máis cantidade de bañistas, o equipo de goberno non descoida tampouco o resto de praias existentes do municipio. Existindo a posibilidade de que en vindeiros anos poidan optar tamén a este distintivo.
Pontevedra> O Concello de Pontevedra deu a coñecer o nome de dez empresas que formarán parte da misión comercial a México. Unha cita que o Goberno prepara para finais do mes de agosto. A concelleira de Promoción da cidade lembrou que a misión segue aberta para empresas que estean interesadas.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> A presidenta da Deputación deu a coñecer, esta mañá, unha estimación moi prudente, da ocupación hoteleira para este verán. As Rías Baixas contarán cunha ocupación media do 78,36%. Concellos como os de Cambados, O Grove e Sanxenxo colgarán, durante o mes de agosto, o cartel de completo.
Publicado en PONTEVEDRA
A ILLA> A Illa de Arousa non só ofrece turismo de sol e praia. Este fermoso enclave de O Salnés quere potenciar os seus paisaxes, a súa gastronomía, e moitos aspectos máis, que a converten nun estupendo destino para visitar en calquera época do ano.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> A xunta local de seguridade reuniuse esta mañá en Sanxenxo. Subdelegada do goberno, alcalde da vila e representantes da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local mantiveron un encontro para analizar a situación e as necesidades do municipio de cara o verán. Non en van, Sanxenxo multiplica por seis a súa poboación no verán, converténdose nun punto de atención prioritaria. A seguridade é unha prioridade para Sanxenxo. Tras vinte días na alcaldía, Telmo Martín convocou esta mañá a Xunta Local de Seguridade. Un encontro ao que asistiron a subdelegada do goberno, o alcalde da vila e representantes da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local. No verán a vila multiplica por seis a súa poboación, un feito que a converte nun foco de atención para a Subdelegación do Goberno que, de ser necesario, non desbota incrementar os efectivos na zona. A Garda Civil traballa de xeito coordinado coa Policía Local, que a día de hoxe conta con 49 efectivos que garantirán a seguridade dos visitantes. Principalmente, en dous eidos: regular o tráfico e a movida nocturna. Esta reunión prodúcese despois de que Martín mantivera onte encontros cos propietarios de todos os locais do porto deportivo, para intercambiar opinións sobre os problemas de seguridade que se teñen producido nos últimos tempos. Ambas partes coinciden en que a movida forma parte da oferta do destino, polo que ven necesario garantir que sexa de calidade e en orde.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> A Xunta de Goberno da Deputación aprobará mañá a adxudicación, á empresa Valora Consultores, da redacción do Plan Estratéxico de turismo. Unha rolda, a desta mañá, onde a presidenta criticou as declaracións de Nava Castro, en relación a unificación das oficinas de turismo, e lembroulle que, dende a administración galega non fixeron os deberes neste eido.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> A Ponte de Maio deixou un 77, 15 por cento de ocupación na provincia, 15 puntos máis que no mesmo período do pasado ano. Concellos como o do Grove superou o 80 por cento e Pontevedra o 90. Uns datos, que segundo a Presidenta da Deputación, son máis que positivos para as Rías Baixas.
Publicado en PONTEVEDRA
HomeMostrando artigos por etiqueta: Turismo Top of Page

Síguenos en facebook