• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
VILAGARCÍA> O Festival das Revenidas non será de interese turístico galego. Cando menos, polo de momento. O concello recibiu onte denegada a súa petición para conceder esta condición á festa de Vilaxoan; e é que dende a Secretaría Xeral de Turismo consideran que os 10 anos de vida das Revenidas non son suficientes. Unha decisión que o concello recorrerá.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Martes, 03 Xuño 2014 19:26

Turismo e gastronomía a cegas

RIBEIRA> A ruta sensitiva de Arousa Norte continúa espertando interese a medida que se desenvolven as súas actividades. Durante a xornada de hoxe, un grupo de persoas visitou o miradoiro de Valle-Inclán e degustou un elaborado menú, pero cos ollos pechados para estimular o resto dos sentidos.
MEAÑO> Visit Arousa continúa apostando pola colaboración empresarial. A asociación mantense fiel ao espírito que marcou o seu nacemento e estuda a posibilidade de comercializar produtos deseñados polo conxunto dos seus membros. Para aprender máis sobre o mellor xeito de estreitar esta colaboración, onte e hoxe participaron nunhas xornadas de formación con Tirso Maldonado, director da plataforma Witcamp.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> O oitavo Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela enche de contido cultural os municipios galegos. A Xunta desenvolverá ata setembro o programa “Cultura no Camiño 2014”, que ofrecerá ao público de 22 municipios pontevedreses preto de 90 concertos e actuacións. 
Publicado en PONTEVEDRA
Publicado en portada
SANXENXO> Sanxenxo analiza o sector turístico. Esta mañá, o concello inaugurou o terceiro Foro de Turismo, unha iniciativa que buscar pór en común as preocupacións dos empresarios e presentar as novas tendencias.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
 
Publicado en portada
O GROVE> Por terceiro ano, os piratas tomarán O Grove durante unha fin de semana. Emgrobes xa prepara o Desembarco Pirata para os días 13, 14 e 15 de xuño, unha cita cargada de actividades coa que buscan prolongar a tempada turística na vila.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> Pontevedra aposta polo Camiño Portugués. A Deputación, Turismo e os 12 concellos polos que pasa esta ruta cara Santiago constituíron esta mañá unha mesa de traballo permanente para potenciala. Un obxectivo para o que se porán en marcha plans de accesibilidade, de limpeza, de sinalización e de seguridade viaria.
Publicado en PONTEVEDRA
GALICIA> A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, participou na presentaciónda guía turística do Eixo Atlántico 'Dous países, un destino', que desenvolve a entidade en colaboración con Turismo de Galicia.
Publicado en GALICIA
PONTEVEDRA> A Ruta do Viño Rías Baixas únese a unha nova edición da Xornada de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia. Por terceiro ano, 27 adegas da Denominación de Orixe abrirán as súas instalacións ao público xeral os días 31 de maio e 1 de xuño, ofrecéndolles un amplo programa de actividades.
Publicado en PONTEVEDRA
GALICIA> O turismo industrial e o mar', 'O turismo como motor do cambio industrial' ou 'O patrimonio industrial e o turismo: unha visión do futuro, son os títulos dos paneis de expertos ao redor dos cales xirará a terceira edición do Crossroads of Europe e a quinta do Congreso Europeo de Turismo Industrial que se celebrará entre o 17 e o 20 de xuño en Ferrol.
Publicado en GALICIA
HomeMostrando artigos por etiqueta: Turismo Top of Page

Síguenos en facebook