• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
GALICIA> "Enoturismo Galicia" e "Galicia, destino familiar", son as dúas marcas para impulsar a especialización da nosa comunidader como destino, que presentou o Clúster de Turismo de Galicia durante o seu acto en Fitur. 
Publicado en GALICIA
MADRID> Esta mañá comezaba en Madrid a trixésimo sétima edición da Feira Internacional de Turismo. Un evento que ata o domingo atraerá ata a capital de España as mellores propostas turísticas de todo o mundo. A nosa comunidade, e en concreto as Rías Baixas, ocuparán un lugar destacado no maior encontro global de profesionais do sector.     
Publicado en GALICIA
MADRID> Durante esta xornada inaugural da Feira Internacinoal do Turismo en Madrid, a Deputación da Coruña foi unha das entidades máis madrugadoras en dar a coñecer as súas aposta turísticas para este novo ano. No acto desta mañá, promovido pola área de Turismo da Deputación, deleitouse ós asistentes coa presentación  da diversidade coa que nos agasallan os camiños coruñeses. 
Publicado en GALICIA
VILAGARCIA> O Castro Alobre como motor económico e turístico en Vilagarcía. Esa foi a tese defendida onte por Antonio Nicolau Martí, profesor no máster de Xestión Cultural da Universidade de Barcelona e Diego Play, arqueólogo director dos últimos traballos no xacemento vilagarcián. Unha idea centrou a charla-coloquio que se celebrou no Auditorio da vila.  
Publicado en SALNÉS - CALDAS
BOIRO> “Sinfonía para os sentidos”, así se chama o novo vídeo promocional da Mancomunidade de Arousa Norte que amosa a beleza natural e paisaxística dos catro concellos membros, coa banda sonora da Rianxeira como telón de fondo.  
SANXENXO> Qué mellor destino que Sanxenxo, para impartir unha clase sobre de Turismo. Uns 30 alumnos matriculados na materia de Turismo no Litoral, da Escola de Turismo da Universidade de A Coruña, trasladáronse este venres a súa aula a Sala Nauta, para coñecer de primeira man o principal  destino vacacional do litoral da comunidade.  
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> Pontevedra acolleu esta tarde unha cita importante para o turismo da nosa provincia. Xa que os 40 touroperadores de Hong Kong  que dende onte están na nosa comarca tiveron esta tarde unha repeción no Pazo de Mugartegui. Alí foron recibidos por representantes da Deputación, polo alcalde da capital de provincia e por representantes da Mancomounidade. Unha repeción que foi a antelasa do Workshop que estes touroperadores chineses mantiveron con axencias de viaxes e hostaleiros da zona. 
Publicado en PONTEVEDRA
Xoves, 10 Novembro 2016 17:24

Descubrindo as marabillas de Arousa Norte

BOIRO> 50 alumnos de varios ciclos do sector turístico do Centro da Farixa, en Ourense, desprazáronse esta mañá a Arousa Norte para coñecer de primeira man a xestión turística que se fai na zona.
Pontevedra> O mes de outubro deixou uns resultados máis que positivos para o turismo nas Rías Baixas cun 63 por cento de ocupación. Concellos como o de Sanxenxo chegaron ao 73 por cento no aloxamento. Uns datos que deu a coñecer esta mañá a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva dixo que conseguir estes datos no mes de outubro tradúcese nunha moi boa noticia para o turismo da provincia. 
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra>  A chegada de turismo neste verán aumentou un 31 por cento nas Rías Baixas en relación ao pasado ano. Tal e como afirmou esta mañá a presidenta da Deputación trátanse dos mellores datos para provincia dende hai 17 anos. Uns resultados que Silva calificou de extraordinarios e que permiten que o sector poida asegurar o seu futuro. 
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Pontevedra e O Salnés unen forzas para mellorar a súa oferta turística. Esta mañá, concello e Mancomunidade escenificaron a posta en marcha desta colaboración, que busca fuxir dos localismos e apostar pola posta en valor conxunta dos atractivos turísticos das Rías Baixas.
Publicado en PONTEVEDRA
Martes, 27 Setembro 2016 18:44

Potenciar a marca Rías Baixas

PONTEVEDRA> A deputación de Pontevedra congregou esta mañá ás portas do Pazo Provincial a alcaldes, empresas e entidades vencelladas co turismo das Rías Baixas. O obxectivo botar a andar o plan director de turismo, que terá como principal novidade que calquera medida que se tome relacionada con este asunto será sempre consensuada co sector.
Publicado en PONTEVEDRA
HomeMostrando artigos por etiqueta: Turismo Top of Page

Síguenos en facebook