• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
Venres, 12 Agosto 2016 19:15

Ocupación do 100% en Vilanova

VILANOVA> En Vilanova, tamén están satisfeitos cos datos que está deixando na vila o turismo. O alcalde sinalaba esta mañá que a gran maioría dos establecementos hoteleiros, dende campings ata apartamentos, colgaron o cartel de cheo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Publicado en portada
RIANXO> O suceso tiña lugar ó redor das dez da mañá e nel víronse implicados un turismo e unha motocicleta.
PONTEVEDRA> Turismo de Galicia e a Mancomunidade Terras de Pontevedra firman un convenio para a súa promoción como xeodestino. A Xunta de Galicia aportará 60.000 euros que servirán entre outras medidas para impulsar a arte rupestre como produto turístico característico da zona.
Publicado en PONTEVEDRA
Publicado en portada
BOIRO> Turismo de Galicia asinou un convenio de colaboración coa Mancomunidade de Municipios Arousa Norte para a promoción do xeodestino. Durante os dous anos de vixencia, a Xunta achegará cento cincuenta mil euros e os concellos cincuenta mil para o desenvolvemento de catro liñas estratéxicas.
VILANOVA> Vilanova estreita os seus lazos coa cidade alemá de Cuxhaven. Ambas vilas celebrarán o 15 aniversario do seu irmandamento cunha visita institucional ao municipio salinense, durante a que se lles entregará a medalla de ouro vilanovesa. Dende o concello tamén aproveitarán a viaxe para concertar unha reunión entre a delegación alemá e o sector turístico da zona.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> O Parador de Cambados cumpre 50 anos e hoxe celebrou o seu medio século de vida nun emotivo acto onde se reuniron autoridades, antigos traballadores e personalidades do Salnés. Tanto a presidenta de Paradores como o presidente da Xunta valoraron nos seus discursos a axuda da institución autonómica nos peores momentos a nivel económico da rede hoteleira e como agora volve a obter grandes resultados.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Publicado en portada
SALNÉS> A comarca de O Salnés estreou hoxe oficialmente un novo produto turístico. Trátase da ruta do Pai Sarmiento, un percorrido que recupera o trazado realizado por Martín Sarmiento pola zona en 1745. Con esta ruta, que recolle o seu libro Viaxe a Galicia, percórrense algúns dos espazos máis fermosos da comarca.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PORTO DO SON> O castro de Baroña contará este verán con visitas guiadas. Así o decidiu o concello de Porto do Son en vista do potencial turístico deste xacemento que recibe máis de cento vinte mil visitas anuais.
POBRA> O executivo pobrense levará ó próximo pleno a proposta de establecer uns prezos públicos para as visitas guiadas de carácter cultural ou deportivo. Deste xeito, pretende consolidar unha oferta turística a demanda dos visitantes, con apenas custo para as arcas municipais.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Turismo Top of Page

Síguenos en facebook