• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
Martes, 26 Xaneiro 2016 11:53

Arousa Norte, diversidade accesible a todos

A Mancomunidade Arousa Norte tamén tivo o seu espazo na Feira Internacional de Turismo e no stand galego presentou a oferta turística do seu destino do que quixeron destacar a súa variedade territorial, a súa gastronomía e industria, a accesibilidade dos seus servizos e a súas xentes.
Martes, 26 Xaneiro 2016 11:18

Minicruceiros galegos para abril de 2016

GALICIA> Galicia terá por primeira vez dúas liñas de cruceiros propios que navegarán polas Rías. Portos de Galicia presentaba tamén esta mañá en FITUR a Regata das Illas Atlánticas na que se espera a presenza do Rei emérito Juan Carlos I.
Publicado en GALICIA
SANXENXO> Sanxenxo, premio ao mellor destino turístico SICTED 2015 de España. Por primeira vez un concello galego álzase con este recoñecemento. Así mesmo a súa técnica municipal recibiu tamén o premio como “Primeira Finalista ao mellor xestor”.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
GALICIA> O Clúster de Turismo de Galicia participa en Fitur co obxectivo de superar os 5 millóns de visitantes para este 2016 na nosa comunidade. O seu presidente valorou moi positivamente a presenza da agrupación de empresarios nesta Feira Internacional, tanto no apoio a presentacións e conferencias de distintas entidades e productos galegos como no seu espazo reservado ás negociacións.
Publicado en GALICIA
POBRA> O concello da Pobra aposta forte pola promoción do deporte e do turismo. Tres novas rutas de sendeirismo véñense sumar á oferta de actividade de lecer do municipio. Toda a información sobre os itinerarios pode consultarse a través da web rutas.apobra.gal.
LOUSAME> A riqueza natural da ría de Muros-Noia con espazos tan singulares como o castro de Baroña, Monte Louro ou as praias de todo o litoral fan desta comarca un destino turístico único.
Xoves, 29 Outubro 2015 18:07

Turoperadores polacos visitan O Salnés

SALNÉS> Un grupo de turoperadores polacos visita o Salnés para coñecer as actividades e plans de vacacións que ofrece a comarca. A gastronomía, o camiño de Santiago e incluso o tempo son os maiores atractivos que ofrece o Salnés para estes axentes que xa planean volver en 2016.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
BOIRO> Unha trintena de establecementos participarán na primeira ruta de tapas promovida pola Mancomunidade de Municipios Arousa Norte. Esta iniciativa, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, busca a desestacionalización do destino turístico a través da súa vertente gastronómica.
Martes, 29 Setembro 2015 16:59

O Salnés tamén conquista Rusia

O GROVE> A Mancomunidade do Salnés loce os seus encantos ante os touroperadores rusos. Seis prescriptores coñeceron de primeira man todos os concellos da zona, coa intención de que despois a vendan como destino para os seus clientes en Rusia. Unha vez máis, natureza, gastronomía e cultura conquistaron os visitantes, que destacaron a excelencia do que puideron coñecer na comarca.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIANXO> Aproveitando a proximidade das festas da Guadalupe que darán comezo este venres, o concello de Rianxo vén de presentar un vídeo promocional sobre o municipio. O interese turístico destas festas unido ós innumerables atractivos desta vila mariñeira fan de Rianxo un lugar único para visitar.
PONTEVEDRA> Máis turistas pasaron por Pontevedra este verán. Segundo os datos manexados polo concello, entre os meses de xuño, xullo e agosto case corenta e catro mil persoas achegáronse aos seus puntos de información. Confirman este incremento os rexistros do sector hoteleiro da cidade, que en agosto acadou unha ocupación dun 85%. Dende o concello destacan, ademais, o modelo de cidade como non reclamo turístico da capital.
Publicado en PONTEVEDRA
Publicado en portada
HomeMostrando artigos por etiqueta: Turismo Top of Page

Síguenos en facebook