• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
POBRA> O Partido Popular da Pobra do Caramiñal ten no turismo un dos seus principais piares. Por esta razón teñen previsto incluír no seu programa de goberno ás vindeiras eleccións municipais diversas actuacións encamiñadas a potenciar aínda máis a súa importante riqueza natural.
CAMBADOS> O prestixioso experto en turismo Domènec Biosca volve ao Salnés. A Mancomundidade está a preparar unha xornada formativa para profesionais do sector hostaleiro e do comercio, que se celebrará o vindeiro 6 de maio no Parador de Cambados. O obxectivo é que de Biosca poidan aprender as claves para adaptarse ás novas necesidades dos sectores, coa intención de vender o máximo posible.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Publicado en portada
BARBANZA> Os participantes no Encontro Estatal de Persoas Xordas, que este ano se desenvolve en Galicia, coñeceron nesta xornada a oferta de turismo accesible de Arousa Norte. Ademais de embarcarse nun catamarán pola ría para realizar a ruta do mexillón, visitaron os lugares máis emblemáticos da comarca.
BOIRO> O PSOE de Boiro critica as políticas en materia de turismo desenvolvidas polo goberno local. Segundo os socialistas, os areais non estiveron acondicionados para recibir visitantes na Semana Santa.
Publicado en portada
As expectativas eran altas, e cumpríronse. Hostaleiros e hoteleiros das Rías Baixas acaban de pechar a mellor Semana Santa dos últimos anos. O clima, sen dúbida, axudou a encher os hoteis ata o 80 por cento e deixar restaurantes sen mesas libres ou terrazas completas. O perfil dos visitantes, españois, na súa meirande parte chegados do País Vasco, Madrid e Castela; pero tamén moitos galegos que se achegaron a gozar das praias.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
 
Publicado en portada
SALNÉS> Satisfacción e certo alivio entre os hostaleiros das Rías Baixas. A Semana Santa chega con bo tempo, e tira das reservas hoteleiras ata situalas en niveis que non se recordan dende hai anos. Mañá é cando se espera que arranque o momento forte destas festas, pero os efectos das vacacións xa se deixan notar nas rúas, praias e terrazas da comarca.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
BARBANZA> Inmersos xa na Semana Santa, son moitos os concellos que colgan o cartel de cheo nos seus establecementos hostaleiros. É o caso de Muros, onde a poboación se duplica durante estas festas ante o número de visitantes atraídos pola singularidade da súa Semana Santa.
NOIA> Noia Histórica volverá ofrecer visitas guiadas ós turistas que se acheguen ata a vila durante a Semana Santa. As rutas, de hora e media de duración percorrerán os lugares máis emblemáticos do concello, como a igrexa de Santa María A Nova, San Martiño ou a praza de abastos.
A CORUÑA> A Deputación da Coruña porá en marcha un Plan de Turismo Escolar encamiñado a divulgar o patrimonio cultural entre os nenos de infantil e primaria. Inicialmente desenvolveranse tres rutas guiadas polos inmobles e elementos patrimoniais máis singulares da provincia.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Turismo Top of Page

Síguenos en facebook