• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
Martes, 22 Marzo 2016 19:53

Chega o basket a Vilagarcía

VILAGARCÍA> Para os amantes do baloncesto, a Vilagarcía Basket Cup 2016 chega a capital de Arousa, como cada Semana Santa.
Publicado en DEPORTES
VILAGARCÍA> A madrugada do sábado alguén roubou a maior das embarcacións do Centro Galego de Vela, que teñen dispoñible para a preparación e cobertura de competicións.  Unha embarcación de cinco metros de eslora, valorada nuns 15.000 euros, e que ademais, aparecía queimada unhas horas máis tarde.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> A gala de Panorama contra o cancro non se celebrará este ano en Vilagarcía. Despois de catro edicións consecutivas, o multitudinario evento para recadar fondos para a Asociación Española contra o Cancro trasládase ao aparcadoiro do estadio Reino de León, e celebrarase o vindeiro 7 de maio. O alcalde restaba importancia á marcha do evento, comparándoo con outros que deixan máis retorno na vila.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Venres, 18 Marzo 2016 18:45

Reunión cordial pero sen acordo

VILAGARCÍA> Continúa o caso Megasa. Esta mañá a Plataforma Cidadá a favor do centro comercial reuníase en Ravella co equipo de goberno para tratar de por enriba da mesa ambas posturas e chegar a un acordo. De maneira cordial a suspensión de licencias mantense, pero dende a plataforma esperan que varela cumpra a súa promesa de fomentar o emprego.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Vilagarcía prevé un case cheo nos seus hoteis durante a Semana Santa. Con impulsos para a ocupación hoteleira como a celebración de ventos deportivos como o Arousa Fútbol 7 e a Vilagarcía Basket Cup dende a asociación de hostalería calculan chegar practicamente ao 100%.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Mércores, 16 Marzo 2016 17:01

Mexillón de Galicia gaña a batalla legal

Publicado en portada
Mércores, 16 Marzo 2016 16:54

Mexillón de Galicia gaña a batalla legal

VILAGARCÍA> A Audiencia de Pontevedra dá a razón ao Consello Regulador do Mexillón de Galicia. O tribunal rexeitou o recurso da conserveira Javimar, que en xullo de 2015 fora condenado polo Xulgado Mercantil por competencia desleal. Nos seus envases, a empresa facía mencións como "das Rías Galegas" ou "envasado en Galicia" sobre a orixe do bivalvo, cando o produto non contaba coa certificación da Denominación de Orixe.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> O Tribunal de Contas abre expediente a Ravella polo pago de algo máis de 200.000 euros en horas extra os traballadores do concello. A documentación que se solicita para comprobar estes datos corresponde a un período comprendido entre o ano 2011 e o 2012, cando o popular Tomás Fole estaba os mandos do concello.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Publicado en portada
VILAGARCÍA> Ravella buscará o apoio da Consellería de Política Social para manter a futura Escola Infantil de Vilaxoan. Así o asegurou esta mañá o alcalde de Vilagarcía. O concello construirá esta infraestrutura con parte dos fondos que reciba da Deputación de Pontevedra, que xa deu o visto bo ao proxecto. Por iso buscarán a implicación da Xunta para manter o seu día a día.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Venres, 11 Marzo 2016 20:00

O concello rexeita o proxecto do Porto

Publicado en portada
Venres, 11 Marzo 2016 19:48

O concello rexeita o proxecto do Porto

VILAGARCÍA> O alcalde de Vilagarcía recoñeceu este venres a Canal Rías Baixas que o goberno local non consentirá que se creen novas barreiras ao mar que só se xustifican no rendemento económico e non no portuario. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeMostrando artigos por etiqueta: Vilagarcía Top of Page

Síguenos en facebook