• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
VILAGARCÍA> Varapau do Servizo Galego de Saúde ao concello de Vilagarcía. Finalmente, o Sergas desbota o edificio e a parcela da Comandancia da Mariña para acoller o novo centro de saúde que reclama Ravella. Para o servizo autonómico, o sobrecusto de derrubar o edificio provoca que a opción non sexa a idónea. Dende o concello ofrécense a buscar financiamento, e ven nesta postura unha falta de vontade política da Xunta. Para o Sergas, nin a parcela nin a edificación da antiga Comandancia da Mariña son idóneas para coller un novo centro de saúde en Vilagarcía. Os técnicos que visitaran o edificio informaran de que non era apto para acoller un novo ambulatorio, pero viran posibilidades no solar. Agora, desbotan esta opción polo sobrecusto de derrubar o inmoble. Tamén polo feito de que as parcelas deben ser cedidas gratuítamente polos concellos, e esta pertence á Autoridade Portuaria. O alcalde volve referirse ao protocolo asinado no 2009 entre a Consellería de Sanidade e a Autoridade Portuaria, que poñía eses terreos a servizo da Xunta para construír un novo centro de saúde. O solar ten unha superficie de 5.000 metros cadrados, extensión difícil de igualar en Vilagarcía. Nesta decisión do Sergas, Varela ve falta de vontade política e unha nova discriminación a Vilagarcía en materia sanitaria. O rexedor tamén asegurou que, a día de hoxe, o concello aínda non recibiu o informe dos técnicos do Sergas nin a confirmación oficial desta decisión do servizo autonómico.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> O patrón maior de Carril anunciaba que hoxe enviarían á Consellería do Mar as trece dimisións dos membros da Xunta Xeral do pósito. O goberno autonómico terá un prazo de quince días para nomear unha xestora que prepare as eleccións. Na súa comparecencia, José Luis Villanueva advertía da parálise na que quedará a confraría, poñendo en perigo importantes proxectos. A crise na confraría de Carril desatábase a semana pasada. Seis directivas de marisqueo a pé foron as primeiras que presentaron a súa dimisión. Alegaron falta de entendemento co patrón. O principal motivo de disputa foi, segundo José Luis Villanueva, a negativa a investir na creación dun camiño á Fangueira. A pesares dos intentos, Villanueva non foi quen de facelas recapacitar. Pronto a estas dimisións sumáronse outras sete de membros da Xunta Xeral. Todas elas ían trasladarse xa á Consellería do Mar, que conta cun prazo de quince días para nomear unha xestora. Segundo Villanueva, esta situación vai provocar unha importante parálise nos proxectos da confraría. Así as cousas, xa pensa en volver presentarse nos vindeiros comicios para retomar o traballo. A compra de semente, un proxecto de vixilancia para a confraría ou estreitar a colaboración coa Agrupación de Parquistas son algúns dos proxectos que, segundo Villanueva, quedarán paralizados á espera de definir o futuro do pósito.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Vilagarcía continúa a traballar para pór en valor o Castro Alobre e o seu entorno. A última das actuacións consistiu en mudar a madeira por aceiro corten nos accesos, ademais de instalar escaleiras en zonas onde antes non as había. Tamén traballarán para dar a coñecer este espazo aos veciños, organizando visitas dos colexios vilagarciáns. A madeira deixa paso ao aceiro corten no Castro Alobre. O concello mudou a este material na súa última intervención no entorno, para mellorar a seguridade na zona. Para o goberno local, o Castro Alobre ten que ser un potencial turístico, ademais dunha referencia medio ambiental e patrimonial da vila. Por iso continuarán traballando na zona. Mentres o concello traballa no entorno, os operarios da Deputación continúan coa consolidación dos achados arqueolóxicos. Da seguinte fase, a de musealización, encargarase o Ministerio de Fomento, segundo o acordo asinado entre as tres administracións. A intención do goberno local tamén é dar a coñecer os atractivos do Castro Alobre entre os vilagarciáns. Por iso preparan varias visitas dos nenos de primeiro e segundo de primaria dos colexios da vila. Para divulgar estes achados entre os máis pequenos, o concello volveu recorrer aos Bolechas. Distribuirán entre os colexios vilagarciáns 2.000 copias dun conto no que as populares personaxes visitan o Castro Alobre.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> O Cineclub Ádega de Vilagarcía prepara unha das súas actividades máis solidarias. O vindeiro mércores proxectarán o documental "Hijos de las nubes", que reflicte a realidade que está a vivir o pobo saharaui. A entrada terá un custo de 4 euros, e todo o recadado destinarase a pagar os billetes dos nenos saharauis que veñen pasar o verán en Galicia. O mércores 15 o Cineclub Ádega amosará a súa cara máis solidaria. Ás 9 da noite o Salón García acollerá a proxección do documental Hijos de las nubes, sobre a situación na que vive o pobo saharaui. A recadación da billeteira destinarase íntegra á Solidariadade Galega co Pobo Saharaui. O filme, gañador dun Goya, está dirixido por Álvaro Longoria e producido por Javier Bardem. O custo da entrada será de catro euros, e Sogaps xa saben a onde se van destinar. O custo de cada billete é de 890 euros. Ademais de recadar fondos con esta actividade tamén se busca facer máis visible o labor de Sogaps. Antes do 30 de abril teñen que pechar os trámites para traer os nenos saharauis a pasar o verán a Galicia e, a parte dos cartos, tamén precisan familias acolledoras. A intención de Sogaps é que preto de 320 nenos saharauis poidan pasar o verán alonxados dos conflitos da zona.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> O 8 de marzo tamén se deixou notar no colexio de Vilaxoán. O centro e a ANPA organizaron para todos os alumnos unha xornada para demostrar que as mulleres poden desempeñar calquer traballo. Tamén os relacionados coas ciencias. Cirurxiás, enólogas, químicas ou biólogas. Que as mulleres poden desempeñar calquera tipo de traballo, quedou hoxe claro para os alumnos do colexio de Vilaxoán. Como cada ano, colexio e ANPA conmemoraron o Día Internacional da Muller. Ao longo da mañá, os pequenos escoitaron ás catro convidadas, todas elas mulleres con profesións ligadas ao mundo das ciencias. Covadonga Salgado, directora do Intecmar, Nuria de la Torre, enóloga na adega Paco y Lola, Sandra Barca, bióloga no encoro de Castroagudín ou Sara González, cirurxiá no Hospital da Coruña, explicaron as súas experiencias ao auditorio. Hoxe tivo especial importancia, pero a igualdade é unha idea transversal nas actividades que impulsan colexio e ANPA. Un camiño no que aínda queda moito que percorrer, pero no que os nenos e nenas marcarán o futuro.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Vilagarcía tamén leu o seu propio manifesto neste 8 de marzo. Na praza de Ravella, veciños, membros da corporación e representantes de asociacións déronse cita para conmemorar este Día Internacional da Muller. Con pequenas plantas, tamén recordaron ás vítimas que xa deixou neste 2017 a violencia machista. O Día Internacional da Muller tamén tivo o seu eco en Vilagarcía. Na praza de Ravella resoaron este mediodía algunhas das consignas a prol da igualdade. Sobre o chan da praza, vinte plantas con vinte nomes: os das vítimas que a violencia machista xa deixou no que levamos de 2017. Foron testemuñas do manifesto que leu Carme Moure, profesora de igualdade no Instituto Castro Alobre. Os asistentes ao acto tamén se uniron ao Paro Internacional das Mulleres, un movemento ao que se sumaron máis de 35 países, e que en Vilagarcía estivo impulsado polo colectivo XTodas , que apoia ás vítimas da violencia machista. Pola tarde, a inauguración da exposición "Mulleres Galegas na Historia" e a proxección da película "Visións", co coloquio posterior coa súa directora, Andrea Zapata, completaron o programa vilagarcián para este 8 de marzo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Vilagarcía aprobou este xoves os orzamentos municipais para 2017. Cumpríronse todos os pronósticos; o BNG e o concelleiro Miguel Alves, facilitaron a súa aprobación votando a favor do texto económico, que tantas polémicas estaba a levantar nas últimas semanas. Este xoves Vilagarcía aprobou as súas contas para este 2017. Un orzamento de arredor dos 27 millóns de euros, que supoñen un 2,62% máis que o ano anterior. Poucas ou ningunha sorpresa no pleno. Varela conseguía un 11 a 10 na votación. O BNG e o edil díscolo de Esquerda Unida, fixeron posible sacar adiante os presupostos, non sen polémica, para o resto de grupos, que acusan ao executivo de non sentarse a negociar. O voceiro do Partido Popular aproveitou a súa intervención para acusar aos socialistas de gobernar "como se o concello fose unha choqueirada", e acusou a Miguel Alves de tránsfuga. Unhas acusación polo que o edil non escatimou en responder. Ademais Fole acusou ao actual executivo da vila de exercer o "oscurantismo". Unha acusación que a portavoz do goberno, Tanía García, non dubidou en rebater. Un pleno cheo de acusacións, no que se distinguían dous bandos claramente diferenciados, e no que a pesar de todo se aprobou o texto máis importante de todo o ano para a vila.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> O mal tempo continuará a lo menos ata o luns. Na xornada de onte o tempo foi inestable, obrigando nalgunhas localidades a suspender os seus desfiles de Martes de Entroido. Hoxe a situación é moi similar, e na rúa parece non importar, como se soe dicir: "e se chove que chova".
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Xa coñecemos polo miúdo os orzamentos que o goberno de Vilagarcía levará ao pleno da vindeira semana. No borrador, o executivo de Alberto Varela distribúe 27 millóns de euros de xeito realista e equilibrado, segundo o propio rexedor. O documento integra, ademais, varias propostas do BNG, pero Varela confía en conseguir o apoio das outras forzas de esquerda da corporación. Algo máis de 27 millóns de euros é a contía que o goberno de Vilagarcía distribúe na súa proposta para as contas do 2017. Un orzamento que, aseguran, reflexa un proxecto máis ambicioso para a vila. Os orzamentos increméntanse máis dun 2'5% respecto dos do ano anterior. As contas inclúen, ademais, os cinco millóns de euros que Vilagarcía recibirá grazas á concesión dos Fondos Feder. Esta contía aumenta a partida destinada a investimentos, que se completa cos preto de 380 mil euros de fondos propios e as achegas da Deputación de Pontevedra. A redución do IBI, o incremento nun 100% da partida destinada ás becas ou aumentar as axudas ao transporte, son outras das medidas que recolle o borrador. Este argumento é polo que, segundo Varela, a súa proposta debería contar co apoio das forzas de esquerda da corporación. Esta mañá presentaron o borrador á oposición. O Partido Popular tildou a reunión de decepcionante e previsible, acusou ao goberno de silenciar á oposición e cualificou o documento de impermeable ás achegas das outras formacións, coa excepción do BNG.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Os pais do colexio de Carril seguen á espera dunha reunión coa Delegación Territorial de Educación da Xunta. Hoxe volveron reclamar a posta en marcha dunha liña de autobús ás 2 e cuarto, que permita aos fillos de preto de 30 familias comer nas súas casas. Cunha concentración ás portas do centro de Carril, as familias volveron reclamar a posta en marcha dunha nova liña de autobús. No mes de decembro, e tras varias mobilizacións dos pais, a Delegación de Educación da Xunta en Pontevedra decidía ampliar o comedor da escola. Unha medida que evita a creación dunha segunda quenda neste servizo, pero que non atende á demanda máis antiga dos pais: un autobús que lles permita comer nas súas casas. Por iso insisten en pedir un encontro co Delegado de Educación en Pontevedra. Unha reunión para trasladarlle as súas reclamacións para favorecer a conciliación familiar e laboral. Polo de momento, continuarán coas mobilizacións.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> No colexio de Carril volven as mobilizacións. Os pais retoman a vella reclamación a Educación: a posta en marcha dun transporte escolar que leve os nenos ás súas casas ao rematar as clases. Actualmente, o único autobús que existe sae ás 3 e cuarto do centro, o que obriga aos nenos a quedar a comer no comedor escolar.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCIA> O Partido Popular de Vilagarcía ve un retraso dos presupostos, un fracaso do actual executivo da vila. Tomás Fole lamentou que esta situación, e afirmou que a pesar de todo o grupo popular presentará as súas propostas, aínda que, segundo el mesmo recoñeceu, saben de antemán que non se van a ter en conta, ao igual que en anos anteriores.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeMostrando artigos por etiqueta: Vilagarcía Top of Page

Síguenos en facebook