• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
 
Publicado en portada
VILAGARCÍA> Xa temos ás portas unha nova edición da Vilagarcía Basket Cup. Este ano, o torneo cumpre 19 anos cunha edición ambiciosa, que fará que pola vila pasen máis de 1300 nenos e nenas afeccionados ó baloncesto.
Publicado en DEPORTES
 
Publicado en portada
VILAGARCÍA> Os comerciantes de Vilagarcía están defraudados. Esta mañá, Zona Aberta puido consultar o estudo de detalle sobre a finca de Megasa. Nel atoparon algo que os sorprendeu: un certificado asinado polo alcalde no que aparece como razón principal para facer esa xestión a creación dunha área comercial.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Fundiciones Rey, en Rubiáns, cumpre 70 anos. A empresa quixo celebrar a efeméride cunha visita do delegado territorial da Xunta e o alcalde de Vilagarcía, ós que lle presentaron un proxecto de ampliación das súas instalacións coa apertura dunha nova nave no polígono de O Pousadoiro.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
 
Publicado en portada
VILAGARCÍA> Nais e pais de 9 colexios de Vilagarcía unen forzas para dar pulo ás súas reclamacións. Veñen de crear unha Coordinadora de ANPAS, que hoxe se estreou coa entrega no concello dunha listaxe de deficiencias dos centros públicos vilagarciáns.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Será o sábado quince de marzo no Auditorio Municipal. Dorothy, Espanta, o home de hoxalata e León ofrecerán unha tarde de música, maxia e moitas sorpresas para recrear este clásico do cine. As entradas, xa están á venda.
Publicado en CULTURA
Publicado en portada
VILAGARCÍA> Vilagarcía mantén o clima de tensión que ven marcando esta lexislatura. No pleno de onte, o alcalde rematou por expulsar a Juan Fajardo. O concelleiro de Esquerda Unida abandonou o salón escoltado pola Policía Local, algo que nunca sucedera neste mandato.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> A disputa que manteñen o Arosa e a Fundación de Deportes de Vilagarcía acaba de desembocar na creación dunha comisión coa única finalidade de apoiar á directiva do club. Está composta por ex directivos da entidade. Todos reclaman a hexemonía do Arosa como principal club da cidade, polo que piden que teña uso prioritario das instalacións da Lomba e se encargue das labores de mantemento do campo.
Publicado en DEPORTES
BARBANZA> A xornada de onte domingo na Terceira, deparounos un derbi comarcal na Lomba, o que enfrontou ó Arousa co Club Deportivo Boiro. Ó final a vitoria caeu do bando visitante, cero a un, cun tanto dun vello coñecido da afección arousá, o catoirense Padín, agora nas filas do Boiro. Este fermoso tanto de Padín, no minuto 33 da primeira metade, bastoulle ó Club Deportivo Boiro para levarse a vitoria da Lomba. Aínda así o Arousa non lle puxo para nada sinxelas as cousas os boireses. É máis na primeira metade o conxunto de Piscis foi moi superior, dispoñendo de varias ocasións para adiantarse no marcador. Só o acerto do porteiro visitante, Ian Mackay, evitou este feito. Na segunda parte as cousas cambiaron, a entrada de Anxo deulle outro aire ós de Gelucho, que veu ademais aumentado o seu dominio trala expulsión do defensa local Juanjo. Xa na recta final os boirenses dispuxeron ademais de varias ocasións claras ó contragolpe, que non foron quen de materializar. Grazas a estes tres puntos o Boiro volve a encaramarse ó máis alto da clasificación na terceira con 54 puntos. Un máis que o Somozas que é segundo con 53 e dous máis que o As Pontes e Pontevedra que empatan na terceira praza con 52. pola súa banda o Arousa ocupa a oitava praza con 41. A vindeira semana os boirenses recibirán en Barraña ó Bertamiráns, mentres que os vilagarciáns terá nunha difícil saída ante o Somozas.
Publicado en DEPORTES
HomeMostrando artigos por etiqueta: Vilagarcía Top of Page

Síguenos en facebook