• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
GALICIA> A Consellería de Sanidade ven de iniciar esta semana a campaña de vacinación fronte a gripe, que se prolongará ata o vindeiro 20 de decembro.
Publicado en GALICIA
GALICIA> A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), coa colaboración de Fundetec, convoca o 'Primeiro Concurso 'Faite Dixit@l!' de Aplicacións para Móbil'. O certame, que se enmarca dentro da iniciativa de capacitación tecnolóxica Faite Dixit@l, busca recoñecer a creatividade na elaboración de ferramentas tecnolóxicas que melloren a dispoñibilidade de recursos para a cidadanía e fomentar o uso da tecnoloxía de código aberto.
Publicado en GALICIA
GALICIA> A Consellería do Medio Rural e do Mar aprobou desde 2010 máis de 500 proxectos dos Grupos de Acción Costeira por un importe de máis de 28 millóns de euros.
Publicado en GALICIA
GALICIA> A Cidade da Cultura de Galicia acollerá a cuarta edición das Xornadas de Informática Xudicial, organizadas un ano máis polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Publicado en GALICIA
 
Publicado en portada
VILAGARCÍA> Xa estamos coa conta atrás para que dea comezo o novo curso escolar, e colexios e Consellería de Educación están a ultimar os preparativos. Hoxe, o responsable do departamento, Xesús Vázquez, visitou o colexio plurilingüe Rosalía de Castro, en Carril.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Publicado en portada
VILANOVA> A Mancomunidade do Salnés continúa apostando pola unificación dos servizos entre os seus concellos. O ente ven de recibir unha axuda de 50.000 euros da Xunta para ampliar o seu parque de maquinaria con máquinas destinada a accións de conservación ambiental. Uns usos que esta mañá puido comprobar en directo o vicepresidente autonómico, Alfonso Rueda.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Publicado en portada
MEIS> Xunta, Deputación e concellos do Salnés renovan a súa aposta polos centros BTT. Esta mañá, a directora de Turismo de Galicia e o presidente provincial visitaron o da comarca, que xa hai tres anos inaugurara esta rede galega.
Publicado en DEPORTES
VILAGARCÍA> A corporación de Vilagarcía pedirá á Xunta que abra unha vía de diálogo con Garavilla. A xuntanza mantida esta mañá entre o comité de empresa e a comisión creada polo concello rematou con este compromiso, co que se intentará que a conserveira valore posibles alternativas ao traslado da actividade á planta de O Grove.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
GALICIA> O Bloque Nacionalista Galego solicitoulle a Alberto Núñez Feijoo a destitución da conselleira de Mar por ignorar a situación da sardiña. Daniel Rodas acusa a Rosa Quintana de estar máis pendente das festas gastronómicas que de solucionar a situación que atravesa a flota do cerco.
Publicado en GALICIA
HomeMostrando artigos por etiqueta: Xunta de Galicia Top of Page

Síguenos en facebook