• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
BOIRO> Trátase de tres proxectos de importancia, como son o remate das obras de ampliación do peirao de Cabo de Cruz, o saneamento de Cures e Moimenta e o abastecemento de auga a Bealo.
A ILLA> Portos de Galicia comezou hoxe no Porto do Xufre ca instalación do dique de abrigo aboiante nesta bocana do peirao illense. Unha infraestructura que desde o Goberno Autonómico seguen a defender como a axeitada para defender os barcos das inclemencias meteorolóxicas.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> De aquí a final de ano os usuarios dos pantaláns das Goritas, en Cambados, disporán de novos brazos de amarre e cámaras de seguridade coas que intentar paliar os constantes saqueos ás embarcacións. As actuacións beneficiarán tanto a profesionais do mar como ó sector da náutica recreativa.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
NOIA> os nacionalistas botan en falla medidas para a creación de emprego e de apoio ós sectores produtivos, así como tamén investimentos en políticas sociais.
SANTIAGO> A consellería do Medio Rural reserva 96 millóns de euros do orzamento co que contará o vindeiro ano para infraestruturas forestais e políticas de prevención de lumes. É un 12% máis que neste 2013. En total o departamento de Rosa Quinta xestionará 538 millóns, cos que se tratará de potenciar sobre todo a actividade no rural e a comercialización dos produtos no exterior.
Publicado en GALICIA
SANTIAGO> A conselleira de Economía e Facenda, Elena Muñoz, compareceu na Comisión 3ª de Economía do Parlamento para explicar o deseño dos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano, unhas contas que segundo ela, sentan as bases do ‘crecemento solidario’, mentres que para a oposición non son máis que uns orzamentos restritivos e que deixan unha débeda ‘disparada’ e que ‘hipoteca’ a Galicia.
Publicado en GALICIA
PONTEVEDRA> O PSOE ven de analizar polo miúdo os orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano 2014. Nesta previsión de gasto, os socialistas aprecian despilfarro por unha banda, mentiras no gasto social e promesas incumpridas de xeito reiterada. Amais aseguran que van a levar a un novo retroceso en materia de emprego.
Publicado en PONTEVEDRA
SANTIAGO> Esta foi a medida estrela que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, gardaba para o primeiro debate sobre o estado da autonomía desta lexislatura. Feijoo esbozou tamén un futuro prometedor para Galicia, alegando que a situación económica é mellor que hai un ano, fronte o asombro dos grupos da oposición, para os que o presidente galego, din, vive noutra Galicia distinta á real.
Publicado en GALICIA
NOIA> Así o anunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, durante unha visita ás obras do viaduto que cruza a Ría de Muros-Noia.
Mércores, 25 Setembro 2013 16:59

Feijoo: ‘Galicia non arde. Quéimana’

Os incendios son un problema de orde pública, e non de falta de políticas forestais. Este é o argumento que defendeu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, durante a sesión de control ó goberno celebrada no Parlamento. Mentres a acusación insistíu en culpar ó PP de contribuír ‘ó negocio do lume’, Alberto Núñez Feijoo cargou contra os incendiarios como únicos responsables. Contra eles e contra os propietarios incumpren a Ley de Montes ó non manter limpas as súas parcelas.
Publicado en GALICIA
Páxina 18 de 18
HomeMostrando artigos por etiqueta: Xunta de Galicia Top of Page

Síguenos en facebook