Arquitectura contemporánea pontevedresa en FITUR

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra presenta a Ruta da Arquitectura Contemporánea en FITUR. Un itinerario polas construcións máis modernas da provincia realizadas por arquitectos nacionais e internacionais recoñecidos e premiados como Manuel Gallego ou César Portela. 

 

Sumarlle aínda máis encantos aos intereses turísticos dos que xa dispón a provincia de Pontevedra é o obxectivo da Deputación. Máis de 40 obras de particulares ou institucións están recollidas nestas rutas autoguiadas polos distintos municipios da provincia de Pontevedra, que amosan as construcións máis contemporáneas, pero tamén o paso do tempo e a evolución histórica que sufriu a arquitectura na nosa terra. Obras recoñecidas a nivel nacional e internacional.

A Presidenta da Deputación quixo plasmar a oportunidade que ten este ano Pontevedra de dar a coñecer unhas estruturas que poden compararse coas máis recoñecidas a nivel internacional e coas que se suma un atractivo máis aos existentes como a gastronomía ou a natureza para todos aqueles que pretenden visitar a provincia.

Unhas rutas que pretenden ser a porta aberta a coñecer outras construcións e artistas cunha menor proxección pero igual talento e nas que non fai falla posuír extensos coñecementos na materia xa que, en palabras do Decano do Colexio de Arquitectos, con pararse a contemplar xa basta. A actriz, María Castro, condutora da presentación, xa se apuntou a facer unha ruta por elas.

Dende a Deputación de Pontevedra quixeron invitar a todos os españois e estranxeiros a coñecer esta Ruta pola Arquitectura Contemporánea, pero tamén aos galegos, para que lembren a calidade que hai á porta da casa.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/21/deputacion_pontevedra_fitur.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/21/deputacion_pontevedra_fitur.mp4{/flowplayer}