• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
Pontevedra> O Partido Popular de Pontevedra visitou esta mañá as instalacións das oficinas do antigo edificio do Banco de España. Jacobo Moreira considera que a compra, por un valor de 1,2 millóns de euros do edifico na rúa dos Ferreiros, é un capricho de Lores. O líder do PP cree que Pontevedra conta con espazos máis adecuados para albergar os servizos de xestión tributaria, como os que visitou esta mañá na compaña de responsables da empresa SEGISPA.
Publicado en PONTEVEDRA
SANXENXO> Roberto Carlos Agís, ex socio de goberno de Gonzalo Pita, recoñece que non lle sorprende que Telmo Martín se converta en alcalde de Sanxenxo, pero critica que Gonzalo Pita forme parte do novo "bipartito".
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> O concello de Pontevedra pecha a rolda de contactos para a nova ordenanza de veladores da cidade. As últimas reunión foron coa asociación Pedaladas e coa Federacións de veciños da Boa Vila. Agora dende Comisións Obreiras tamén solicitan que o concello manteña reunións cos sindicatos. O fin destes encontros sería regular os contratos na hostalería de haber unha posible ampliación de horarios das terrazas.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Os alumnos de cuarto de primaria do colexio Vidal Portela, de Pontevedra, convertéronse en xornalistas por un día. O alcalde recibiunos na sala de prense e alí tivo que someterse a un cuestionario de preguntas que tiñan preparadas estes estudantes. Os orzamentos, os parques infantís ou os lombos foron algún dos temas que saíron a palestra. Nunha xornada onde a sala de prensa do concello se converteuse, por un día, no plató de tengo unha pregunta para usted.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Concello de Pontevedra e Deputación provincial unifican o servizo de información turística de Pontevedra no Palacete das Mendozas. Dende estas dúas administracións agardan a incorporación do servizo da Xunta, co fin, din, de facilitar toda a información necesaria, e contar cun único punto para os visitantes da Boa Vila.
Publicado en PONTEVEDRA
Venres, 24 Febreiro 2017 19:32

Nova polémica no concello da Pobra

POBRA> Polémica no concello da Pobra do Caramiñal tralos dous plenos celebrados esta semana para a aprobación do destino dos fondos do Plan Único da Deputación, A oposición criticou que o plan se aprobase a 28 horas de rematar o prazo, e chegou a pedir unha moción de confianza ó goberno local de Nós Pobra.
Venres, 24 Febreiro 2017 17:39

Chega a Festa do Momo 2017

VILANOVA> Unha das celebracións do entroido máis multitudinarias de O Salnés está a volta da esquina. O Momo de Vilanova volverá un ano máis para divertir as máis de 20.000 persoas que se esperan na vila o vindeiro 5 de marzo as 17:00h da tarde. Pero mentres, esta mañá un pequeniño adianto do que suporá esta gran celebración.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
NOIA> A idea pasa por converter as antigas naves da curtiduría nun espazo de usos socioculturais e turísticos.
MEIS> Administracións e veciños continúan avaliando os danos que deixaron os temporais de finais da semana pasada. Esta mañá, o delegado da Xunta en Pontevedra visitou varias zonas do concello de Meis, un dos máis afectados polo vento e a chuvia de 'Kurt'. José Manuel Cores Tourís comprometeuse a buscar o xeito para axudar aos máis afectados, e pediu a colaboración da Deputación de Pontevedra.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> A casa da Luz foi o lugar escollido para presentar a guía resumo do roteiro de Castelao que se fai pola cidade de Pontevedra. Concello e Deputación apoiaron esta iniciativa. Unha publicación escrita por Roberto Rivas que potencia a nosa lingua, o patrimonio e a historia da cidade do Lérez. 
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Os orzamentos do 2017 de Pontevedra xa están aprobados de xeito definitivo no pleno da corporación. Jacobo Moreira aproveitou a súa intervención para lembrar que levará pola vía xudicial a aprobación dos orzamentos. O líder dos populares engadiu que tamén se van a dirixir ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para denunciar presuntas irregularidades que se cometeron na tramitacións destes presupostos. 
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Parece que un dos desexos do concelleiro de Infraestructuras en Pontevedra se volve realidade. Costas ven de remitir ao concello o proxecto do primeiro tramo do paseo peonil entre Pontevedra e Marín. Unha infraestrutura que contará cun investimento de 2,6 millóns de euros e que dende o Goberno Local agardan que este rematada para o vindeiro 2018. 
Publicado en PONTEVEDRA
Páxina 1 de 14
HomeMostrando artigos por etiqueta: concello Top of Page

Síguenos en facebook