O Recinto Feiral acolle Stock Pontevedra con grandes descontos

Pontevedra> Stock Pontevedra inaugura a súa décimo quinta edición no Recinto Feira da cidade. 63 establecementos forman parte desta iniciativa que busca potencia o comercio local. Dende hoxe e ata o domingo ás nove da noite poderán desfrutar destes descontos dende a Boa Vila.  

En horario ininterrompido de 11 da mañá a 9 da noite poderán desfrutar mañá sábado e o domingo 4 de febreiro deste décimo quinta edición de Stock Pontevedra. Un evento que conta con servizo gratuíto de gardería e cuxo prezo de entrada será de 1,5 euros. A concelleira de promoción económica sinalou esta mañá que todas as administracións, Xunta, Deputación e Concello colaboran para a posta a punto deste evento. Unha cita onde nos poderemos descontos do 50, 60 ou incluso do 70 por cento. O obxectivo dos 63 comercios que forman parte desta iniciativa é liquidar os seus stocks de tempada a prezos populares e asequibles para a cidadanía.