• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
Publicado en portada
RIBEIRA> A titular do Xulgado de Garda Número 2 decretou, nesta ocasión, o seu ingreso en prisión polo roubo a punta de pistola cometido hai varias semanas no supermercado Eroski Center da Pobra.
RIBEIRA> A Policía Nacional procedeu esta pasada fin de semana á detención dun veciño de Carreira como presunto autor do roubo cometido a punta de pistola no restaurante Jenaro. Ó parecer este individuo, coñecido como Víctor do Cochón, toxicómano de 35 anos, xa conta con numerosos antecedentes policiais por causas similares. Á espera do resultado das investigacións, que están a realizar tanto a Policía Científica coma a Xudicial, continúa arrestado nos calabozos da comisaría ribeirense antes de pasar a disposición xudicial. A Policía sospeita que esta mesma persoa puidera ser tamén o autor do roubo no supermercado Eroski Center da Pobra do Caramiñal.
Publicado en portada
RIBEIRA> O suceso está a levantar unha certa preocupación entre o sector hostaleiro e comercial da comarca do Barbanza.
Publicado en portada
POBRA> O valor do material roubado, cuxa maior parte aínda non foi recuperado, ascende a uns dez mil euros.
 
Publicado en portada
O SALNÉS> Deteñen a dez veciños de O Salnés acusados de roubar en casas e empresas da comarca. Segundo a investigación da Garda Civil, o grupo levaba catro anos actuando, e impútanlles máis de medio centenar de roubos.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Publicado en portada
BARRO> Continúan as reaccións de repulsa contra o novo caso de violencia machista sucedido onte en Barro. Este mediodía, a corporación do municipio e numerosos veciños concentráronse ante a casa consistorial para expresar o seu rexeitamento contra o asasinato de Mónica Lorenzo, que onte morría a mans da súa parella. Despois de matala, o home aforcouse.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
 
Publicado en portada
HomeMostrando artigos por etiqueta: sucesos Top of Page

Síguenos en facebook