• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
BARBANZA> Trátase de dúas persoas ás que se lles acusa dun suposto delito de falsificación de documentos e fraude fiscal á facenda pública.
 
 
Publicado en portada
VILAGARCÍA> Un novo roubo incrementa a preocupación de veciños e comerciantes de Vilagarcía. Aínda que neste caso o ladrón marchou coas mans baleiras, si provocou varios destrozos no establecemento para conseguir entrar.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
 
Publicado en portada
GALICIA> A imprudencia durante alertas por temporal será sancionada. Esta é a norma na que está a traballar a Xunta, para evitar que se reproduzan algunhas das situacións que se viviron neste inverno. Mentres, Galicia podería despedir hoxe coa cicloxénese explosiva Ulla o tren de borrascas que leva padecendo dende o pasado 24 de decembro
Publicado en GALICIA
Publicado en portada
SANXENXO> Vilalonga e Noalla, e todo Sanxenxo en xeral non se comentaba hoxe outra cousa. A detención de dúas veciñas destes lugares como presuntas autoras do asasinato do ancián de Poio que a semana pasada aparecía morto en Chancelas tras un suposto roubo correu como a pólvora no municipio. Eran as coidadoras do xubilado. A unha delas, nomeáraa herdeira universal unha semana antes de morrer. Hai un terceiro detido ó que se supón cómplice. A presunta parella da muller de Vilalonga.
Publicado en PONTEVEDRA
Martes, 11 Febreiro 2014 18:31

O vento causa estragos no Barbanza

Publicado en portada
Martes, 11 Febreiro 2014 18:19

O vento causa estragos no Barbanza

BARBANZA> Os continuos temporais das últimas semanas están a deixar un regueiro de incidentes por toda a comarca do Barbanza. Un exemplo desta situación vivíase en varias instalacións da asociación Amicos, en Oleiros, que sufriron importantes desperfectos no seu biocentro. Tamén se veu afectado o centro recreativo e o colexio de Artes.
Martes, 11 Febreiro 2014 18:02

Tres detidos por un atraco frustrado

BOIRO> A Garda Civil de Boiro precedeu onte á detención de tres mozos, dous da localidade boirense e outro de Noia, de idades comprendidas entre os 20 e os 30 anos, como supostos autores do asalto a unha vivenda en Cabo de Cruz. Segundo informaron fontes do Instituto Armado foron sorprendidos pola propietaria do inmoble. Varios veciños, que presenciaron os feitos, conseguiron reter a un dos ladróns, mentres os outros dous conseguían fuxir, logrando recuperar algúns dos obxectos que anteriormente foran subtraídos do interior da vivenda. Máis tarde unha patrulla do cuartel de Noia conseguiu localizar e deter ós dous ladróns que lograran fuxir do lugar dos feitos, trasladándoos ás dependencias da Garda Civil de Boiro. Os tres mozos xa pasaron a disposición do Xulgado de Garda de Ribeira.
Publicado en SUCESOS
PORTO DO SON> Unha embarcación do servizo de Gardacostas, dependente da consellería do Medio Rural e do Mar, apareceu esta madrugada na praia de Siabo, na parroquia outense do Freixo. A embarcación, pertencente á unidade operativa de Portosín, e foi retirada do seu lugar de amarre e saboteada. A lancha foi atopada por un vixilante da confraría de pescadores de Noia, que deu aviso á Sala de Operacións de Gardacostas. Axentes de Gardacostas desprazáronse ata o lugar e comprobaron que a embarcación tiña os cabos de amarre cortados e que a intentaran incendiar, xa que ademais de atopar no seu interior un recipiente de gasolina, a embarcación presentaba marcas de queimado. Ó longo desta mañá o Servizo de Gardacostas, que descoñece a autoría dos feitos, tiña previsto presentar a correspondente denuncia no posto da Garda Civil de Outes. Dende a Xunta lamentan e condenan este tipo de actuacións vandálicas e intencionadas que entorpecen e dificultan o traballo de loita contra o furtivismo.
Publicado en SUCESOS
BOIRO> En liberdade con cargos dous dos detidos no marco da Operación Conserva, a trama de actividades ilegais relacionada coa empresa Boiromar que foi destapada esta semana pola Grada Civil de Boiro.
HomeMostrando artigos por etiqueta: sucesos Top of Page

Síguenos en facebook