• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
VILAGARCÍA> Os veciños da rúa Fariña de Ferreño en Vilagarcía pasaron un bo susto na pasada noite despois de que un mozo trepase polos tellados escapando da policía. O individou coñecido como, El Bicho, logrou escapar despois de 4 horas no tellado rompendo a porta de acceso dun dos edificios. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> Unha veciña de Pontevedra localizou na pasada noite un cranio humano sobre a herba nos antigos terreos de Tafisa. Nunha primeira inspección da Policía Nacional e dos forenses descartouse que haxa máis restos óseos na zona. Agora este cranio está sendo analizado para conseguir identificalo canto antes. 
Publicado en PONTEVEDRA
O GROVE> Madrugada tráxica nas augas da Illa da Toxa. Un home faleceu e dous tiveron que ser rescatados despois de que foran sorprendidos pola suba da marea. As primeiras hipóteses apuntan a que poderían estar mariscando ilegalmente. No rescate participaron efectivos da Garda Civil, de Protección Civil e incluso o helicóptero Pesca 1 do servizo de Gardacostas de Galicia. 
Publicado en SUCESOS
MEIS> Un raio esnaquiza parte do campanario de San Martiño de Meis e deixa sen electricidade a parte dos seus veciños. Técnicos do concello esperan poder restablecer o alumeado público entre o feito hoxe e o día de mañá, mais a reparación da Igrexa, que se encontra valada para evitar accidentes, pode tardar en realizarse.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> Albertina Táboas e Rocío Gondar son culpables de matar ao ancián de Chancelas. Así o determinou onte o xurado. Tras seis horas de deliberación, o veredicto foi unánime: consideran probado que as dúas mulleres mataron a Secundino Prego, de común acordo e causándolle un gran sufrimento. A Fiscalía pide para elas 20 anos de prisión por un delito de asasinato; a acusación particular, eleva a solicitude a 25. 
Publicado en PONTEVEDRA
A ILLA> Catro mozos da Illa de Arousa, detidos como supostos autores dun delito de roubo con violencia a un taxista da vila.
Publicado en SUCESOS
PORTO DO SON> Detido un veciño de Porto do Son nunha operación antidroga tras interceptarse un cargamento de preto de oito toneladas de haxís a bordo dun barco ó sur de Cartagena.
Publicado en portada
NOIA> A xoiería Barbanza Joya do Noia foi vítima dun roubo este mediodía. Aproveitando un descoido da dependenta, dúas mulleres levaron varias pulseiras e pendentes de ouro valoradas en máis de tres mil euros. A Garda Civil trata de dar coas autoras dos feitos que foron rexistrados a través dunha cámara de videovixilancia.
CAMBADOS> Un veciño de Cambados, detido por un suposto delito de cultivo de cannabis.
Publicado en SUCESOS
PORTO DO SON> Á espera dos resultados das investigacións que arroxen luz sobre a morte da parella de Xuño que apareceu no seu domicilio hai algo máis dunha semana, ninguén reclamou o cadáver do home.
Martes, 16 Febreiro 2016 18:57

Arranca o xuízo pola morte de Lupe Jiménez

Publicado en portada
HomeMostrando artigos por etiqueta: sucesos Top of Page

Síguenos en facebook