• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
Martes, 17 Novembro 2015 19:02

Accidente con feridos na recta de Lesón

POBRA> No sinistro víronse implicados dous turismos cuxos ocupantes resultaron feridos de diversa consideración.
Publicado en portada
SANXENXO> A semana arrancou hoxe cun susto no supermercado Día do Vinquiño, en Sanxenxo. Ao redor das 9 e 20 da mañá, dous homes armados con pistolas entraron no establecemento. Pediron a dúas das empregadas que lles abriran a caixa forte, e levaron 150 euros de botín. Despois déronse a fuga nunha moto. A Garda Civil estableceu un dispositivo de busca para localizalos.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Publicado en portada
BOIRO> Preocupación en Boiro ante o caso de meninxite que lle provocou a morte a un neno de trece meses. A pesar do chamamento á tranquilidade que fan as autoridades sanitarias, este falecemento provocou unha gran alarma social, especialmente entre os pais. Así mesmo, o suceso volve poñer sobre a mesa o debate sobre a retirada da vacina contra o meningococo B do calendario público do SERGAS.
PONTEVEDRA> Una explosión de gas dentro dunha vivenda do barrio do Burgo, en Pontevedra, deixa a tres persoas con queimaduras de diversa consideración. O edificio non sufriu danos na estrutura e non houbo que desaloxar ao resto de inquilinos.
Publicado en PONTEVEDRA
Publicado en portada
RIBEIRA> Dúas menores de Ribeira permanecen desaparecidas dende a pasada tarde. Os familiares sospeitan que as rapazas marcharon voluntariamente e poderían estar en Vigo segundo a chamada realizada a pasada noite por unha delas.
RIANXO> A angustiosa desaparición do mozo rianxeiro, Carlos Ordóñez, tivo un finalmente un feliz desenlace. Foi localizado trinta e seis horas despois nas inmediacións de onde aparecera o seu coche accidentado. Desorientado e sen apenas lembrar o acontecido antes do accidente, Carlos sospeita que puido ser drogado polo que a familia solicitará unha análise toxicolóxica.
Publicado en portada
RIANXO> A angustiosa desaparición do mozo rianxeiro, Carlos Ordóñez, tivo un finalmente un feliz desenlace. Foi localizado trinta e seis horas despois nas inmediacións de onde aparecera o seu coche accidentado. Desorientado e sen apenas lembrar o acontecido antes do accidente, Carlos sospeita que puido ser drogado polo que a familia solicitará unha análise toxicolóxica.
Publicado en portada
POBRA> Preocupación entre os comerciantes e hostaleiros da Pobra ante o crecente número de roubos rexistrados no municipio. Esta fin de semana foi a mercería Pizpireta, situada en pleno centro da vila, a que recibiu a visita dos amigos do alleo.
HomeMostrando artigos por etiqueta: sucesos Top of Page

Síguenos en facebook