• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
MORAÑA> Dende onte coñécese o contido das dúas cartas que o parricida de Moraña enviou a unha curmá e á súa parella antes de cometer o dobre crime. Segundo adiantou onte a cadea Telecinco, nas misivas David Oubel recollía a súa intención de matar ás súas fillas e despois suicidarse. Tamén aproveitou para repartir algúns dos seus bens.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Publicado en portada
POBRA> Buscan por terra e mar a un pescador presuntamente desaparecido a pasada noite en Cabío. Dous turistas deron a voz de alarma ó escoitar berros de auxilio dende o mar.
RIBEIRA> Ferido un traballador nun accidente laboral nas obras da depuradora de Ribeira, en Couso. O suceso producíase pasadas as doce da mañá cando o home, un veciño de Vilaboa de cincuenta e catro anos, foi atropelado por una escavadora que daba marcha atrás.
BOIRO> Unha unidade especial de rastrexo de restos biolóxicos participa na busca da muller desaparecida en Bealo dende hai dúas semanas. Coa axuda dun can especializado en investigación, a Garda Civil confía en achar algunha pista sobre o paradoiro de Manuela Lorenzo.
PONTEVEDRA> Moraña segue conmocionada tralo asasinato de dúas nenas o pasado venres, presuntamente a mans do seu pai. O impacto do dobre parricidio transcendeu os límites do municipio pontevedrés, e hoxe diante da Deputación de Pontevedra gardouse un minuto de silencio en sinal de repulsa ante este tráxico suceso. Mentres, o xulgado de Caldas interrogou hoxe a tres persoas en calidade de testemuñas, para intentar botar luz sobre o crime.
Publicado en PONTEVEDRA
Publicado en portada
MORAÑA> Tráxico suceso en Moraña. Este mediodía un veciño da parroquia de San Martiño de Laxe asasinaba, supostamente, as súas dúas fillas de catro e nove anos. Despois intentou suicidarse, aínda que está previsto que hoxe mesmo se lle dea a alta hospitalaria. Xa foi detido pola Garda Civil que está a investigar os feitos.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
BOIRO> A pesar dos numerosos esforzos que realizan os efectivos que participan na busca de Manuela Lorenzo, a septuaxenaria boirense que desaparecía a pasada fin de semana da súa casa no lugar de Boimazán, nada se sabe polo de agora do seu paradoiro. Se nos primeiros momentos a busca da anciá se limitou ás proximidades da súa vivenda, agora o radio de rastrexo ampliouse un pouco máis, comprobando tamén varias parcelas da súa propiedade nas que puidera estar. No dispositivo de busca seguen a tomar parte varias patrullas da Garda Civil e Protección Civil de Boiro, así como tamén numerosos veciños da zona
Publicado en portada
RIANXO> O accidente producíase a primeira hora desta mañá e saldouse coa morte dun mozo de vinte e oito anos da parroquia ribeirense de Palmeira.
Publicado en SUCESOS
RIANXO> O accidente producíase a primeira hora desta mañá e saldouse coa morte dun mozo de vinte e oito anos da parroquia ribeirense de Palmeira.
HomeMostrando artigos por etiqueta: sucesos Top of Page

Síguenos en facebook