09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
BOIRO> A pesar dos numerosos esforzos que realizan os efectivos que participan na busca de Manuela Lorenzo, a septuaxenaria boirense que desaparecía a pasada fin de semana da súa casa no lugar de Boimazán, nada se sabe polo de agora do seu paradoiro. Se nos primeiros momentos a busca da anciá se limitou ás proximidades da súa vivenda, agora o radio de rastrexo ampliouse un pouco máis, comprobando tamén varias parcelas da súa propiedade nas que puidera estar. No dispositivo de busca seguen a tomar parte varias patrullas da Garda Civil e Protección Civil de Boiro, así como tamén numerosos veciños da zona
Publicado en portada
RIANXO> O accidente producíase a primeira hora desta mañá e saldouse coa morte dun mozo de vinte e oito anos da parroquia ribeirense de Palmeira.
Publicado en SUCESOS
RIANXO> O accidente producíase a primeira hora desta mañá e saldouse coa morte dun mozo de vinte e oito anos da parroquia ribeirense de Palmeira.
PORTO DO SON> Outra xornada negra nos areais barbanzáns coa morte dun bañista, este domingo, na praia de Río Sieira en Porto do Son.
POBRA> A Garda Civil de Boiro investiga o achado de numerosas doses de droga, previsiblemente de cocaína, nun terreo próximo ó piso no que residían os presuntos asasinos de Yulisa, na rúa Tetuán. Segundo informaron fontes policiais, a droga foi atopada no interior dun recipiente de plástico por un traballador que estaba limpando a maleza existente na finca. Ata o lugar desprazáronse varios axentes do Instituto Armado que inspeccionaron a zona na procura de novas pistas que puideran axudar na investigación, ó crerse que a vivenda podía ser un punto de venda de droga. Cabe lembrar que durante os rexistros efectuados no domicilio dos agora detidos, a raíz da aparición do corpo de Yulisa, encontráronse tamén diversas substancias estupefacientes.
RIBEIRA> A Policía Nacional acúsaos de ser os presuntos autores de alomenos un total de trece roubos en locais hostaleiros e empresas da localidade.
POBRA> Rescatado en bo estado un mariñeiro tras afundir a súa embarcación fronte á costa da Pobra. Os feitos aconteceron de madrugada cando o barco colidiu contra unha batea no polígono situado entre Palmeira e Cabío.
Publicado en portada
POBRA> Dúas persoas foron detidas esta mañá na comarca do Barbanza relacionadas co asasinato da muller, cuxo corpo foi atopado onte pola noite sen vida nunha finca do lugar da Ribeiriña, na Pobra do Caramiñal. O suceso causou unha enorme expectación na zona.
RIBEIRA> A Policía Nacional desartellou un punto de venda de droga en Ribeira. Os axentes detiveron a un veciño de Oleiros acusado de distribuír estupefacientes. Incautáronse de varias doses de heroína e cocaína así como diñeiro en efectivo.
Publicado en portada
HomeMostrando artigos por etiqueta: sucesos Top of Page

Síguenos en facebook