• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
RIBEIRA> Detidos os presuntos autores da agresión sufrida por dous mozos senegaleses a madrugada do pasado sábado en Ribeira.
Publicado en portada
RIBEIRA> Meses despois das violentas agresións acontecidas a principios de febreiro cando dous encapuchados golpearon a varios mozos armados con bates de beisbol, a capital do Barbanza volveu ser escenario dun episodio similar.
Publicado en SUCESOS
 
Publicado en portada
O GROVE> Un veciño de O Grove ferido nunha disputa familiar. O seu sogro, de 67 anos, agrediuno cun machado na vivenda que comparten no barrio de Borreiros, na localidade meca. A vítima tivo que ser trasladada ao Hospital Montecelo, onde segue ingresado para recuperarse de dúas feridas abertas na cabeza. O seu prognóstico é reservado. Na vivenda tamén estaban a dona do agresor e a súa filla, muller da vítima, que non resultaron feridas na liorta.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> Arquivan o caso da desaparición de Sonia Iglesias. A Audiencia de Pontevedra decide sobreseír de xeito provisional á investigación sobre qué aconteceu coa moza pontevedresa o 18 de agosto do 2010. Ese día perdíaselle a pista cando ía camiño dunha zapatería no centro da cidade. O Tribunal Provincial confirma agora a decisión tomada polo Xulgado de Violencia contra a Muller e desestima os recursos da Fiscalía e a familia. Cumpríronse os peores temores da familia de Sonia Iglesias. A Audiencia de Pontevedra decidiu sobreseír de xeito provisional a investigación sobre a desaparición da pontevedresa a catro meses de cumprírense cinco anos sen novas súas. En todo este tempo nunca se chegou a atopar unha pista fiable que permitira saber ou adiviñar que pasou despois das dez e media da mañá do 18 de agosto de 2010. A esa hora foi vista por última vez en público. Antes almorzara coa súa parella, Julio Araujo, nun bar no barrio de San Roque; xuntos foran ata unha zapatería para deixar uns zapatos a arranxar, e despois, Araújo asegura que a deixou no centro de Pontevedra porque Sonia tiña que facer uns recados antes de entrar a traballar á unha e media da tarde na tenda de Massimo Dutti en Benito Corbal. Nunca chegou. As investigacións iniciadas nese momento non conseguiron atopar algún indicio sobre que lle puido pasar. Durante semanas revisáronse os arredores de Pontevedra palmo a palmo. A cidadanía envorcouse coa familia. Manifestacións na Ferrería, axudas nos operativas de busca. Pero nada. O único impulso ó caso producíase no verán de 2012, cando o xuíz que instruía o caso, Xermán Varela, decidía imputar á parella da moza por un suposto delito de detención ilegal. Tódalas olladas se centraban entón sobre Julio Araújo, que chegaba a declarar no Xulgado de Instrución Número 2 da cidade. Pero nada se avanzou. Nun intento de dar un novo impulso á investigación, fiscal xefe de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, solicitaba que o xulgado que instruía o caso se inhibira en favor do de Violencia contra a Muller. Pero en agosto do ano pasado este mesmo xulgado era o que decidía arquivar o caso temporalmente ó entender que non había ‘indicios sólidos’ para seguir adiante co procedemento, ademais de levantar a imputación contra Julio Araújo. Nin familia nin fiscalía se deron por vencidos. Recorreron esta decisión do Xulgado de Instrución número 3 ante a Audiencia de Pontevedra solicitando non só a apertura de xuízo oral, ó entender que si había suficientes indicios para xulgar a Araújo, senón tamén someter á parella de Sonia ó test da verdade. Agora o Tribunal provincial bota por terra estas pretensións ó sobreseír provisionalmente a causa.
Publicado en PONTEVEDRA
Aparece no mar o cadáver dun home preto do Faro das Pedras, no Grove. Atoupouno a embarcación Novo Monte, un pequeno bote que traballa na captura do polbo, arredor das dúas da tarde.
Publicado en SUCESOS
Mércores, 25 Marzo 2015 18:40

Ratificada a condena polo asasinato de Outes

Publicado en portada
Mércores, 25 Marzo 2015 18:22

Ratificada a condena polo asasinato de Outes

OUTES> O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de desestimar o recurso de apelación presentado por Mirko Santomaggio, acusado de asasinar a un veciño de Outes en 2011. A sala descarta a posibilidade de defensa alegada ante a brutal agresión sufrida pola vítima.
RIBEIRA> Preocupación na parroquia ribeirense de Aguiño tralo presunto intento de secuestro acontecido a tarde do pasado domingo. Uns descoñecidos abordaron a unha rapaza que camiñaba pola rúa e tentaron introducila nun coche. A aparición dun veciño frustrou o rapto.
Publicado en SUCESOS
Publicado en portada
VILANOVA> Dez minutos interminables. Así viviron o empresario vilanovés Jacinto Vidal e a súa familia o atraco que sufriron na súa casa o mércores á noite. Unha banda de encarapuchados entraron no domicilio, maniataron ó home, levaron á muller ata a caixa forte para que lles entregara carto se xoias e logo retiveron á filla que chegou sorprendendo in fraganti ós atracadores.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeMostrando artigos por etiqueta: sucesos Top of Page

Síguenos en facebook