Teófilo Edicións edita a ‘faciana’ da ría de Arousa de Domingo Fontán

VILAGARCÍA> Teófilo Edicións saca á luz unha nova obra. A editorial deu forma ao Plano da Ría de Arousa elaborado por Domingo Fontán, o ilustre científico galego que realizou o primeiro mapa de Galicia na súa Carta Xeométrica. A presentación realizouse no marco do programa das Festas da Virxe do Rosario de Vilaxoán.

Na comarca de Arousa, o Día da Ciencia en Galicia celebrouse en Vilaxoán. A vila foi o lugar escollido pola editorial Teófilo Edicións para presentar a súa nova publicación: o Plano da Ría de Arousa de Domingo Fontán.

Domingo Fontán debuxou o rostro de Galicia na súa Carta Xeométrica, que no século XIX converteuse no primeiro mapa do territorio. Nesta obra que agora publica Teófilo Edicións, o científico de Portas puxo cara á ría de Arousa.

Ademais de presentar a coidada edición desta obra pola que aposta Teófilo Edicións, o acto serviu para reivindicar a figura deste científico nado en Portas en 1788.

Domingo Fontán foi a figura que centrou os actos do Día da Ciencia en Galicia este ano, protagonizando numerosos homenaxes en toda a comunidade.