Tonucci analiza o proxecto educativo do CEIP Viñagrande

    VILANOVA> Tras presentar a exposición en Pontevedra, o pedagogo italiano iniciou o seu periplo pola comarca de O Salnés. Francesco Tonucci visitou o colexio vilanovés Viñagrande de San Miguel de Deiro, un centro no que non ocultaron a súa admiración polo traballo deste experto. De feito xa aplican algunhas das súas ideas. O colexio Viñagrande de San Miguel de Deiro presumiu esta mañá de proxecto educativo. O centro estreou este ano novas propostas baseadas, en gran medida, nos postulados do pedagogo Francesco Tonucci. Hoxe, o italiano visitou a escola vilanovesa. Incorporar o exercicio físico nas primeiras horas lectivas, mesturar nenos de diferentes idades e crear contextos de aprendizaxe diferentes, son algunhas das propostas coas que traballan en Viñagrande. Para o pedagogo italiano, o profesorado do centro vilanovés vai polo bo camiño na aplicación destes novos xeitos de aprendizaxe. Cambios que deben dirixirse, sobre todo, aos alumnos máis débiles. A realización de programas de televisión ou de radio e a creación de revistas para facer público os traballos dos cativos, ou a aposta pola biblioteca como centro de expresión plásticas e doutras linguaxes, son algunhas das propostas de Tonucci que xa se aplican no día a día de Viñagrande. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/25/visita_tonucci_deiro_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/25/visita_tonucci_deiro.mp4{/flowplayer}