• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O Tinto do Salnés congrega en Barrantes a milleiros de persoas

Xun 06 Escrito por 
RIBADUMIA> Veciños e visitantes participaron masivamente tanto degustando viño como sendo parte activa dos eventos que se organizaron A Festa do Viño Tinto do Salnés cumpríu este ano o seu 41 aniversario. Despois da inauguración do venres os actos centrais volvéronse a desevolver na xornada do sábado, na que se investiu ós novos Valedores: a fotógrafa Mónica Irago, o pintor Abel Fernández Abelenda, o adegueiro Juan Carro e o xuíz de paz de Ribadumia, Calixto López.
Todo eles xuraron defender o viño tinto e recibiron a medalla que os acredita como embaixadores do mesmo. Despois chegou o pregón de Pepo Suevos, encargado de poñer a nota de humor. A Festa trasladouse logo ó pavillón de Barrantes onde se levou a cabo a comida oficial na que tomou parte o vicepresidente autonómico Alfonso Rueda, acompañado de numerosas autoridades da comarca. En canto ós premios, o veterano colleiteiro Manuel Núñez Señorans fíxose co primeiro posto no concurso na variedade tinto Barrantes. No que se refire á variedade de autóctonos o galardón caeu en mans de Antonio González Moldes, de Meaño. As actividades continuaron nos exteriore con atraccións e hinchables para o desfrute dos máis pequenos. Onte domingo a festa volveu a ser multitudinaria grazas en parte á celebración de dous dos eventos centrais, a Ruta BTTinto que congregou a case 2.000 deportistas e a actuación, xa pola noite, da orquestra Panorama, que foi a encargada de poñer o broche de ouro á festa.
HomeCorporativoÚltimas novasO Tinto do Salnés congrega en Barrantes a milleiros de persoas Top of Page

Síguenos en facebook