09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Vilanova vólcase no homenaxe a Suso Nogueira

Set 24 Escrito por 
  O pobo de Vilanova de Arousa rendeu esta fin de semana unha sentida homenaxe a unha das súas figuras máis queridas. Trátase de Jesús Nogueira, director da Banda Cultural durante trinta anos e ó que o recoñecemento colleu totalmente por sorpresa. Un día inzado de actos nos que músicos, familiares, veciños e autoridades só tiveron palabras de loubanza e agradecemento para Nogueira.Imposible non emocionarse ante as sentidas palabras dun fillo orgulloso do seu pai. Loubanzas e palabras de agarimo correron esta fin de semana en Vilanova para homenaxear a un dos seus veciños máis queridos: Jesús Nogueira. Director da Banda Cultura desde o seu nacemento hai trinta anos e a día de hoxe segue ó pé do cañón, como di el, ata que lle deixen. A homenaxe a Nogueira comezaba horas antes en Caleiro, na casa nai da familia. Xusto no momento no que o homenaxeado chegaba en coche atopábase cunha banda de preto de cen músicos que lle deron a benvida. Entre eles, integrantes de tódalas xeracións que pasaron pola formación. Desde alló partiron en pasarrúas ata o concello, dirixidos, como non , por Nogueira. Na casa consistorial a corporación municipal ofreceulle unha recepción oficial e dalí marcharon ara a praza da Pastoriza primeiro e logo ó Xardín Umbrío, onde a Banda agasallou ós presentes cun concerto que se intercalou coa proxección de imaxes e vídeos nos que achegados de Nogueira e membros ou antigos integrantes da banda contaron anécdotas sobre o homenaxeado. Unha xornada que Nogueira non poderá esquecer e na que se demostrou que os vilanoveses saben agasallar ós seus conveciños máis queridos.  
     
Publicado en CULTURA
Modificado por última vez no Xoves, 03 Outubro 2013 17:13
HomeCorporativoCULTURAVilanova vólcase no homenaxe a Suso Nogueira Top of Page

Síguenos en facebook