• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Entrevista a Javier Olleros en Pleno Aberto Destacado

Xan 15 Escrito por 
O GROVE> O Concello do Grove informará o venres sobre os pormenores da situación legal do Restaurante Culler de Pau de San Vicente do Mar. Un local que foi pechado polo consistorio á finais do ano pasado en cumprimento dunha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a raíz da denuncia dun particular. O propio chef, Javier Olleros, daba onte nesta casa a súa versión dos feitos.
O chef Javier Olleros asegura estar vivindo nunha montaña rusa de emocións. Por un lado sofre por ter pechado o seu restaurante Culler de Pau por mor da denuncia dun particular pero polo outro está a recibir unha avalancha de solidariedade da cidadanía grovense que o reconforta. Onte falou longo e tendido da situación que afecta ó seu local de San Vicente do Mar. Este local de Reboredo está pechado desde finais de decembro en cumprimento dunha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Segundo detallou o propio Olleros, o primeiro andar do edificio supera nun 20 % a altura deste propio piso en tres das habitacións nas que non se desenvolve a actividade da restauración. Arestora os técnicos traballan na restitución da legalidade tal e como obriga a sentencia; un dictame xudicial que segundo este cociñeiro do Grupo Nove non obrigaba a pechar o restaurante. O Concello precintouno argumentando que carecía de licencia de actividade por carecer dunha visita previa dos técnicos sobre o terreo, algo que o cociñeiro nega. Olleros pide pois ó equipo de goberno local valentía política para defender o único Restaurante Estrela Michelín da zona e que informe dos expedientes que ten con Culler de Pau, un deles relativo á licencia de actividade. O Alcalde do Grove asegura que o venres darán cumprida información sobre este caso tan polémico na península meca que provocou o pasado venres unha mobilización que, malia a concentrar centos de persoas en torno á defensa do Restaurante , non considera como multitudinaria. O tempo pasa e Javier Olleros teme a que a lentitude da burocracia lle obrigue a trasladar o seu negocio posto que non pode estar pechado máis aló de tres meses. Xa está a valorar outras posibles ubicacións.
Etiquetado como O Grove    Salnés    Gastronomía    Xustiza   
Publicado en CANALRIASBAIXAS
Modificado por última vez no Mércores, 15 Xaneiro 2014 19:01

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Sanxenxo inaugura Redecinema coa proxección de "Maimiño"
    SANXENXO> A Secretaría Xeral de Política Lingüística e o concello de Sanxenxo, adherido á rede de Dinaminación lingüística, presentaron esta mañá na localidade do Salnés, unha nova edición do programa de cinema de verán Redecinema, que busca promover a creatividade e os produtos culturais na nosa lingua. Aumentar a oferta de produtos de cultura e de ocio en galego, e impulsar a creatividade con base na nosa lingua. Son os obxectivos que persegue Redecinema, o programa que organiza a Consellería de Cultura, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e que esta mañá se presentou en Sanxenxo, un dos concello membros da Rede de Dinamización Lingüística . Maimiño será a película que inaugurará Redecinema, será este sábado día 22 ás dez e media da noite na Praza dos Barcos de Sanxenxo. Pero esta película, ademais doutras dúas galegas, a praia dos afogados, e 9 ondas, seguirán de ruta todo o verán, tal e como destacou o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García. García subliñou tamén a importancia de poñer en valor o sector audiovisual galego con este programa. Redecinema leva percorrendo a través de diferentes filmes os concellos da Rede de Dinamización Lingüística. Un total de 16 localidades acollerán este ano as proxeccións das tres películas en formato de cinema de verán. Entre elas outros concellos das Rías Baixas, como Boiro, Noia ou Marín.
  • Costas financiará a reforma do paseo marítimo de Vilagarcía despois do verán
    As obras de reforma integral do paseo marítimo de Vilagarcía a Carril comezarán despois deste verán, e serán financiadas por Costas ó cen por cen. Así llo confirmou esta mañá a Xefa provincial ó alcalde vilagarciá, trala positiva reunión mantida onte en Madrid coa subdirección xeral de protección de costas. Costas e concello de Vilagarcía analizaron durante unha reunión mantida onte en Madrid, as fórmulas para acabar co constante gasto en reparacións do paseo marítimo de Vilagarcía a Carril, unha infraestrutura creada nos anos 90. As obras desta reforma integral poderían comezar este mesmo ano, tal e como transmitiron desde a Subdirección Xeral Protección de Costas. Ambas entidades entenden que despois de case trinta anos é mellor realizar un investimento forte dunha soa vez que estar ano tras ano, destinando importantes cantidades de diñeiro ó mantemento do solado. Esta mesma mañá, a xefa provincial de costas, Cristina de Paz Cubera, confirmáballe ó alcalde, Alberto Varela, que o departamento asumirá a actuación, que prevése que comece tralo verán. A reforma integral podería incluír a ampliación do carril-bici que agora se ve interrompido ó comezo das vivendas, á altura da praia da Concha. Así como pasalo á banda do areal. Algo para o que é necesario promover un expediente de concesión administrativa e desafectación da zona afectada. Igualmente, Costas e concello seguirán analizando as posibles solucións á continuidade do paseo desde Vilagarcía ata Vilaxoán . Unhas alternativas que serán analizadas pola subdirección xeral de Costas, e que, en todo caso, serían consensuadas cos veciños.
  • Ribeira podería optar a un cuarto xulgado na próxima convocatoria
    RIBEIRA> A Consellería de Presidencia investirá cen mil euros na mellora do alumeado e a climatización dos Xulgados de Ribeira. Na visita ás dependencias desenvolvida esta mañá, Alfonso Rueda pronunciouse tamén ó respecto da necesidade dun cuarto xulgado para a vila que dependerá do grao de traballo no momento en que se coñeza o número de novas sedes xudiciais correspondentes a Galicia.
  • A conselleira do Medio Rural visita a sede de Kiwis Atlántico en Ribadumia
    RIBADUMIA> A consellería de Medio Rural achegou nos últimos anos unha axuda de 1,4 millóns de euros á empresa Kiwi Atlántico con sede en Ribadumia. Esta mañá a conselleira desta área visitou as instalacións desta compañía, a máis relevante a nivel nacional en produción desta froita. A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá no concello de Ribadumia, a explotación Kiwi Atlántico, á que se lle concederon nos últimos anos axudas por valor de 1,4 millóns de euros. Destes, preto de 860.000 corresponden coa convocatoria deste ano da orde de transformación e comercialización de produtos agrarios deste ano. A conselleira destacou o carácter emprendedor desta compañía, a principal produtora de kiwi de España, con 12.099 toneladas, un 61 por cento máis que a produción media estatal. E polo que nos contou esta mañá o seu xerente, este ano, a produción parece que tamén vai ser boa. Coa subvención deste ano a empresa busca ampliar as súas instalacións coa construción dunha nova superficie cuberta, que constaría dunha nave de 985 metros para novas cámaras frigoríficas, a ampliación da zona de procesado, e execución duna nova cámara de maduración. Ademais de mellorar a climatización de recintos frigoríficos para outras dúas novas cámaras de conservación . Kiwi Atlantico naceu en 1988 e hoxe en día dispón de máis de 170 hectáreas de produción en España e Portugal, ademais de 50 en Uruguai. Pero o 60 por cento do seu produto procede de Galicia, sendo Pontevedra a provincia con maior número de superficie plantada.
  • Un adegueiro de Portugal será o décimo do Encontro co Viño de Autor
    MEAÑO> Este venres, o concello de Meaño exalta os seus mellores caldos. O municipio acollerá o seu tradicional Encontro co Viño de Autor; cita organizada pola Asociación de Adegas Artesanas Rías Baixas. Este ano, a iniciativa prolongarase ata cinco días para celebrar o seu vixésimo cumpreanos. O Encontro co Viño de Autor cumpre vinte anos resistindo ante as dificultades. Do venres 21 ao martes 25 Meaño renderá tributo a algúns dos viños máis especiais das Rías Baixas, os elaborados por pequenas adegas da Asociación de Adegas Artesanas. Serán dez os adegueiros que expoñan os seus viños na Praza do Concello. Este ano, ademais, a organización internacionaliza o Encontro, e contará cunha adega convidada de Portugal. Para Dovalo, o Encontro co Viño de Autor debe ser entendido como unha festa na que os viticultores son os protagonistas. A parte da degustación dos caldos, ao longo dos cinco días de festa celebraranse os xa tradicionais campionatos de Debullar millo a man e Fondar barrís, con premios de 100, 50 e 25 euros para os tres mellores.
  • Concello, Xunta e Deputación colaboran no mantemento do grupo de emerxencias de O Grove
    O GROVE> Esta mañá asinouse o convenio de mantemento do grupo local de atención a emerxencias do Grove entre o concello, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia. Este ano o convenio supón un orzamento de 75.000 euros. O vicepresidente da xunta, Alfonso Rueda, asinou esta mañá o convenio de colaboración entre Xunta, Deputación de Pontevedra e o concello para o mantemento do grupo local de atención a emerxencias do Grove. Este grupo, formado por 13 efectivos, reforza a atención ás emerxencias no concello nunha época onde ve incrementada a súa poboación pola chegada de turistas. O convenio vénse asinando desde 2014 e conta cun orzamento global de máis de 130.000 euros. O alcalde do Grove destacou a relevancia deste convenio, pola importancia tan vital que ten para o municipio este servizo, pero aproveitou tamén para solicitar a presenza dun GES premanente no concello. O Deputado provincial Carlos López Font, en representación da Deputación de Pontevedra, resaltou a importancia da unión entre as tres entidade para conseguir chegar a acordos. O vicepresidente da Xunta fixo fincapé na aposta da Xunta polas emerxencias, como os 24 parques comarcais de bombeiros que hai en toda Galici, así como na creación dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais, aínda que asegurou que a cobertura sempre é mellorable. Rueda subliñou tamén a presenza destes servizos no Salnés, como o de Emerxencias do Grove e de Sanxenxo, ou o Parque do Salnés coas sedes de Ribadumia e Vilagarcía.
HomeCorporativoEntrevista a Javier Olleros en Pleno Aberto Top of Page

Síguenos en facebook