09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 611

Canal Rías Baixas estará en Fitur 2014

Xan 20 Escrito por 
Canal Rias Baixas de novo estará presente na nova edición da "Feria Internacional del Turismo", Fitur 2014.   Nesta edición o coñecido xornalista Carlos Portas, dirixirá a cobertura mediática desta canle desde Madrid.  Carlos Portas foi correspondente de TVG en Porto e durante 11 anos en Bruxelas, e na súa última etapa na televisión autonómica foi Director e presentador do programa informativo matinal Bos Dìas.
Dende Fitur, Canal Rías Baixas dará cobertura a todos aqueles acontecementos que teñan que ver co desenrolo do sector turístico na nosa área de influencia, ademáis nesta edición emitiremos en directo a través de internet, as presentacións que realizarán diversos organismos e concellos da contorna. O concello de Sanxenxo presentará "Sanxenxo en tus manos" unha nova APP (aplicación para móbil), a través da que coñecer mási e mellor o concello máis turístico de Galicia. Cambados presentará "Música con DO", un proxecto cultural que liderou Cambados e no que participa o Concello de Peñafiel (DO Ribera del Duero) e que contou con fondos do Ministerio de Cultura.   Este proxecto mistura música, cine na rúa, exhibicións gastronómicas, co mundo do viño con Denominación de Orixe Rías Baixas.  A Mancomunidade Arousa Norte, baixo o título “Anfitriones de Arousa Norte, un destino con Alma”  vai presentar as iniciativas de turismo accesible que está desenrrolando.  O acto asistirán diversos persoeiros do sector turístico e responsables das principais entidades que agrupan a persoas con discapacidade. A Deputación de Pontevedra, focalizará a atención sobre a nosa cociña a nivel nacional e internacional o que supón unha excelente ocasión para atraer turismo gastronómico ou para que os produtos agroalimentarios galegos estean presentes nos restaurantes e as mellores tendas do mundo.  
Etiquetado como canalriasbaixas    FITUR   
Publicado en CANALRIASBAIXAS
Modificado por última vez no Luns, 20 Xaneiro 2014 18:19

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Balance positivo do paso por Fitur do "camiño pola costa"
    Pontevedra> Balance máis que positivo é o que fixo esta mañá a presidenta da Deputación de Pontevedra despois do seu paso por Fitur. Carmela Silva dixo que o camiño portugués pola costa tivo 1.9 millóns de impactos. A presidenta sentíase orgullosa  do alcance da súa campaña que duplicou en número de asistentes ao resto de Deputacións galegas. 
  • As Rías Baixas ocupan un lugar destacado na promoción galega en Fitur
    MADRID> Esta mañá comezaba en Madrid a trixésimo sétima edición da Feira Internacional de Turismo. Un evento que ata o domingo atraerá ata a capital de España as mellores propostas turísticas de todo o mundo. A nosa comunidade, e en concreto as Rías Baixas, ocuparán un lugar destacado no maior encontro global de profesionais do sector.     
  • A Deputación de A Coruña presenta a súa aposta turística en Madrid
    MADRID> Durante esta xornada inaugural da Feira Internacinoal do Turismo en Madrid, a Deputación da Coruña foi unha das entidades máis madrugadoras en dar a coñecer as súas aposta turísticas para este novo ano. No acto desta mañá, promovido pola área de Turismo da Deputación, deleitouse ós asistentes coa presentación  da diversidade coa que nos agasallan os camiños coruñeses. 
  • Cambados Cidade Europea do Viño 2017 estréase en Fitur
    CAMBADOS> A Deputación de Pontevedra tamén estivo presente esta mañá en Fitur, neste caso no Stand de Tour España, presentando ó concello de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017. Como xa demos conta neste informativo, trátase dunha das noticias máis relevantes para o turismo das Rías Baixas neste ano, e hoxe en Madrid presumiron de novo título.
  • Traballo a contrarreloxo para presentar en Fitur as actividades da Cidade Europea do Viño
    CAMBADOS> Cambados traballa a bo ritmo para preparar a súa programación como Cidade Europea do Viño 2017. Hoxe Exposalnés acolleu a primeira reunión do grupo de traballo que se vai a encargar de pór en marcha as actividades. Ao redor de 80 propostas que terán que estar definidas a finais de xaneiro, para ser presentadas en Fitur.
  • Núñez Feijóo clausura o stand de Galicia en FITUR
    O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitaba este venres o stand de Galicia como peche ao apartado profesional da Feira que mañá se abre a todo o público. Feijóo fixo un repaso polas virtudes da comunidade e recalcou que aquel que a visita, regresa.
HomeCorporativoCanal Rías Baixas estará en Fitur 2014 Top of Page

Síguenos en facebook