• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Emision en directo desde Fitur

Xan 26 Escrito por 
Madrid - Fitur > Canal Rías Baixas EMITIU EN DIRECTO dende Fitur as presentacións e actividades máis salientables levadas a cabo dende o stand de Galicia.
 Canal Rías Baixas desplazou a un equipo formado por cinco profesionais para a cobertura informativa deste evento con proxección internacional. Grabar, editar e emitir en directo as presentacións máis importantes realizadas dende o stand de Turgalicia, foron algunhas das funcións para as que fomos requeridos.   STREAMING EN DIRECTO: Emitimos en directo a través de internet o sinal realizada das presentacións levadas a cabo polo Concello de Cambados, Concello de Sanxenxo, Mancomunidade Arousa Norte, Turgalicia, Termatalia-Ourense, e Turismo Rías Baixas, entre outros. As webs de Canal Rías Baixas, Turgalicia, Termatalia, Arousa Norte, e diferentes medios de comunicación galegos difundiron o sinal suministrado en directo.  COBERTURA INFORMATIVA: Para a cobertura informativa, Canal Rías Baixas contou coa colaboración do coñecido xornalista Carlos Portas, que foi   correspondente de TVG en Bruxelas e Porto durante case 11 anos. Rtve, Tvg, e Canal Rías Baixas, empregaron as imaxes editadas e servidas dende Fitur.  
Etiquetado como FITUR    Turismo    canalriasbaixas    Galicia   
Publicado en CANALRIASBAIXAS
Modificado por última vez no Domingo, 26 Xaneiro 2014 14:30

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeCorporativoEmision en directo desde Fitur Top of Page

Síguenos en facebook