09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 346

"Contrastes" volve á grella de Canal Rías Baixas para a cobertura das Eleccións Municipais

Mar 26 Escrito por 
O programa CONTRASTES volvía onte á grella do noso canal, da man do xornalista Carlos Portas. Ese primeiro espazo da tempada centrouse en analizar a situación política nas Rías Baixas de cara ás eleccións municipais do 24 de maio. O elenco de convidados aportou moitas claves para entender eses comicios, e non deixou indiferente a ninguén.
Os profesores Xosé Luís Barreiro Rivas e Emma Torres, e os xornalistas Manuel Blanco, Pedro Pérez e Mariano Goikoa estrearon a primeira mesa de debate do programa Contrastes, desta casa. Da man do xornalista Carlos Portas, os convidados analizaron a situación política dos concellos de cara aos comicios municipais de maio. Dende a análise dos partidos e os candidatos, ata o papel das redes sociais nas campañas políticas, os analistas amosaron os seus puntos de vista dun xeito claro, plural e mesmo vehemente. Contrastes volvía á grella de Canal Rías Baixas e xa prepara o prato forte: Dende o 9 de abril ofrecerá ata 24 debates cos líderes políticos dos principais concellos da contorna, para que expliquen que propostas lles lanzan aos cidadáns.    
Publicado en CANALRIASBAIXAS

HomeCorporativo"Contrastes" volve á grella de Canal Rías Baixas para a cobertura das Eleccións Municipais Top of Page

Síguenos en facebook