09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

'Pleno Aberto' estrea nova tempada incluíndo chamadas en directo dos espectadores

Out 21 Escrito por 
CANAL RÍAS BAIXAS> Onte volveu á grella de Canal Rías Baixas o programa de entrevistas Pleno Aberto. A directora xeral de Turismo, Nava Castro, o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e a voceira do BNG en Porto do Son, Ánxela Franco, foron os tres invitados que estrearon a nova tempada. Enfrontáronse, ademais, a unha das novidades: as chamadas en directo. Agora os telespectadores poden chamar para facer preguntas aos convidados.
  Na estrea desta nova tempada de Pleno Aberto, o alcalde de Vilanova foi o máis reclamado polos telespectadores. Foron moitos os que non perderon a oportunidade de plantexar a Gonzalo Durán as súas preguntas. Ademais de política local, Durán falou en clave comarcal do seu papel como presidente en funcións da Mancomunidade do Salnés. Sobre a situación do órgano, asegurou que seguirá traballando. A directora de Turismo de Galicia tamén estivo neste primeiro programa. Nava Castro destacou a importancia de O Salnés neste sector e falou da necesidade de desestacionalizalo. A deputada na deputación da Coruña e voceira do BNG en Porto do Son Ánxela Franco, foi a outra convidada que pasou polo plató de Pleno Aberto. En clave local, Franco criticou a cerrazón do actual alcalde á hora de escoitar propostas da oposición; en clave provincial, tendeu a man a todos os concellos, para falar e pór en marcha iniciativas deixando a un lado as cores políticas.
 
Etiquetado como Salnés    Barbanza    canalriasbaixas    pleno aberto   
Publicado en CANALRIASBAIXAS

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Preséntase a sexta edición do Móstrate Salnés, unha iniciativa a prol do empoderamento das mulleres
    RIBADUMIA > Nova edición do simposio MÓSTRATE SALNÉS, unha iniciativa que pretende trasladar ás mulleres que queiran lanzar un proxecto casos concretos doutras mulleres exitosas. A cita está programada para o vindeiro xoves en Ribadumia. O simposio achegará unha serie de experiencias exitosas de empoderamento feminino a aquelas mulleres que estean pendanso en emprender. A través de seis casos concretos, as persoas que participen poderán coñece-las claves para construí-lo seu proxecto cuns cimentos fortes, tentando salvar tamén os atrancos que poden ir aparecendo polo camiño. Segundo explican dende a mancomunidade do Salnés, organizadora do evento, o Simposio serve tamén para tecer lazos entre emprendedoras, creando sinerxías entre proxectos. E todo para que as mulleres atopen noutros casos un apoio que lles permita da-lo paso e aventurarse nunha nova andaina empresarial. Como simposios anteriores, nesta sexta edición terán un protagonismo especial as mulleres da zona. Desta volta serán dúas veciñas de Ribadumia as que conten a súa experiencia, unha coomo creadora de tocados e outra como obradora de botellas de viño, entendidas como pezas de arte. Elas estarán acompañadas doutra emprendedora de Vilagarcía. A xornada complétase coa visita dunha muller de Castelló que creou unha empresa de mandís vintage e tamén dunha xornalista tinerfeña, que afondará na súa actividade especilizada na comunicación gastronómica. Ademais, a xornada contará cunha experiencia internacional: unha manager musical da Arxentina, que explicará a súa faceta laboral por todo o planeta. A cita, o vindeiro xoves, a partir das cinco da tarde no Auditorio de Ribadumia.
  • Medio Ambiente avanza en Ribeira o contido do PRUX das Illas Atlánticas
    RIBEIRA> O concello de Ribeira acolleu unha nova xuntanza sobre o Plan de Xestión e Usos do Parque Nacional das Illas Atlánticas. A directora xeral de Patrimonio avanzou ós axentes implicados as principais liñas desta proposta que busca compatibilizar as actividades económicas coa conservación do parque.
  • Sobe lixeiramente o paro na provincia de Pontevedra
    VILAGARCÍA > Novembro pecha cunha suba xeralizada do paro. Na provincia de Pontevedra o número de demandantes de emprego incrementouse neste mes nalgo máis de 170 persoas. Ante estes datos, na rúa, a xente agarda que a campaña de Nadal permita recuperar lixeiramente o emprego, nunha campaña marcada pola temporalidade dos contratos. O mes de novembro pecha con datos negativos para o desemprego. Na provincia de Pontevedra o número de persoas que buscan traballo e non o atopan sitúase nos 74.475: son 174 persoas máis que un mes antes, ou o que é o mesmo: un 0,47% máis que no mes de outubro. Visto doutro xeito, os datos coñecidos hoxe son positivos, pero en relación co mes de novembro do ano 2016. Nesta comparativa interanual, o paro descendeu na provincia de Pontevedra algo mais dun 8%. Sexa como for, a ría de Arousa segue a estar entre as zonas máis prexudicadas. Dende o mes de setembro sumáronse ás listas do paro no Barbanza 567 persoas e no Salnés 1.792 parados en só tres meses. Na rúa, este lixeiro ascenso do desemprego con respecto ó mes de outubro non sorprende. A maioría dos enquisados tamén agoiran un incremento da contratación de cara ó Nadal, unha época de moito consumo, caracterizada tamén pola temporalidade dos contratos.
  • Juan Antonio Gude e Rocío Alvite vencedores da Carreira Popular 'Mar de Boiro'
    BOIRO> Na proba celebrada este domingo participaron uns setecentos corredores, sumando tódalas categorías. Onte domingo disputouse a décimo terceira edición da carreira popular Mar de Boiro, undécimo memorial Pepe Buceta. A organización da proba, que correu a cargo do Departamento de Deportes boirense, destacou a alta participación, con máis de 700 inscritos, sumando tanto a categoría de adultos como as de escolares e mini. A saída producíase ás once da mañá coa presenza das distintas autoridades locais, entre as que se atopaban o alcalde, Xoán Xosé Dieste, quen destacou a importancia da carreira, que co paso dos anos está a adquirir un maior protagonismo. O bo tempo existente durante toda a mañá axudou ó bo desenvolvemento da mesma, sendo numerosos os afeccionados que seguiron a proba ó longo de todo o seu percorrido, que estivo dividida ademais en varios trazados segundo as idades e categorías. O vencedor da proba na categoría absoluta masculina foi Juan Antonio Gude do Club Montepenarubia que completou o percorrido cun tempo de 32 minutos e 5 segundos. En segundo lugar quedou Amador Pena do Club Atletismo O Pino cun tempo de 32 minutos y 53 segundos. E catro segundos máis tarde entraba o terceiro clasificado, José Lojo do san Miguel de Marín. En canto á categoría feminina absoluta a vencedora foi a esteirana Rocío Alvite do Atletismo Sar-Petroni cun tempo de 38 minutos e 41 segudos. En segundo lugar quedou Elena matalobos da Sociedade deportiva Barbantia Roda cun tempo de 41:42 e o terceiro posto foi para Teresa Carneiro do Club Atletismo Santiago cun tempo de 42:15. Ademais do seu aspecto puramente deportivo, a carreira converteuse nunha gran festa do deporte.
  • O BNG de Boiro demanda melloras no núcleo de Esteiro
    BOIRO> O BNG de Boiro levará a pleno tres mocións encamiñadas a melloras os servizos do lugar de Esteiro. Reclaman a construción do paseo marítimo, a dotación de beirarrúas ata o lugar de Cariño e a eliminación das molestias ocasionadas polo pozo de bombeo.
  • O BNG propón excluír á flota do xeito do reparto de cotas
    RIANXO> O BNG propón excluír ó xeito das restricións da política de cotas. Así o manifestou a voceira nacional, Ana Pontón, na xuntanza mantida cos responsables da confraría de Rianxo.
HomeCorporativo'Pleno Aberto' estrea nova tempada incluíndo chamadas en directo dos espectadores Top of Page

Síguenos en facebook