• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Xoves, 14 Setembro 2017 19:48

Rianxo rememora o seu pasado mariñeiro

RIANXO> Foi durante a celebración do feirón, no que as principais rúas do casco antigo se encheron de postos de artesanía e gastronomía, e onde a música tamén tivo un especial protagonismo. Para os rianxeiros o xoves do feirón nas festas da Guadalupe representa un dos días máis emotivos. Neste día as rúas do casco antigo da vila viaxan ó pasado, a comezos do século XX, para recrear o que era a vida cotiá no pobo naquela época. Ataviados co peculiar traxe mariñeiro saen á rúa a disfrutar desta xornada para eles especial. Non faltan os postos de artesanía e gastronomía e tampouco a animación de rúa a cargo de diversos grupos tradicionais, e tamén improvisados gaiteiros. Os festexos continuarán mañá con diversas acividades, dirixidas na súa maioría ós nenos con infantilandia ou a festa da escuma. Será xa o último día das festas e con el un dos momentos máis agardados por todos como é a cantata da Rianxeira ás dúas da madrugada. A luz de miles de bengalas as Festas da Guadalupe despediranse ata o ano que vén.
SANXENXO> Agora propoñémoslles outro exquisito plan para esta primeira fin de semana de setembro. Desta volta, en Sanxenxo. Baltar acolle o Festival Parranda and Trucks, onde a música e o teatro serán os ingredientes que aderezan os dez Food Trucks, ou restaurantes sobre rodas, que conforman esta proposta gastronómica. Non hai festa nin evento nos últimos tempos nos que non atopemos Food Trucks. E é que estes restaurantes sobre rodas están de moda, e esta mañá en Sanxenxo deixáronnos claro o porqué. Portonovo acolle esta fin de semana o Festival Parranda and Trucks, unha concentración de Vehículos restaurante cunha programación do máis completa, na que tamén entran música e teatro. Esta mañá os responsables dos Food Trucks ultimaban os preparativos das súas propostas. Atopamos gastronomía chdegada de tódolos rincóns do mundo. Comida caribeña… Pizzas artesanas Cociña asiática… Ou mesmo doces para a merenda ou a sobremesa… E así ata dez Food Trucks diferentes. E se os caracois levan o fogar ás costas, eles, levan, o negocio ás costas. Sexa como sexa, estes restaurantes móbiles son máis ca unha moda e chegan para quedarse. De momento poderemos gozar desta variada proposta gastronómica, na Rúa Rial en Baltar, Portonovo, ata o domingo pola noite, aderezada con boa música e teatro. O mellor plan para esta fin de semana.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Este primeiro día das Festas do Verán de Sanxenxo está marcado, non só polo chupinazo, senón tamén pola xa tradicional Sardiñada Popular no Peirao. Nesta xornada, na que se celebra o Día do Turista, o concello agasalla ós seus visitantes con máis de 600 quilos de sardiñas. É un dos momentos máis agardados polos veciños, pero sobre todo polos turistas, xa que nesta primeira xornada de festas se celebra o Día do Turista. Como xa é tradición neste día tivo lugar a Sardiñada Popular no peirao de Sanxenxo, na que o concello agasallou ós que se animaron a facer esta tremenda cola, para poder degustar este manxar do mar. Pero a espera pagaba a pena, sen dúbida. Poruqe ademais, as racións de sardiñas viñan con compañía. Co plato cheo, o a vaso de Albariño a na man, todo estaba listo para a desgustación. Veredito? Con esta sardiñada, na que todo é de balde, o concello de Sanxenxo homenaxea ós milleiros de turistas que cada verán enchen a vila. A comilona estivo amenizada polo grupo de gaitas Os Gatiños de Portonovo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Continúa na Illa de Arousa a Festas Gastronómica dos produtos do Mar que se celebra desde o pasado venres e ata o próximo día 20. Esta mañá, coincidindo coa ponte festiva, a asistencia todo un éxito. Polbo, navallas, nécoras, camaróns ou mexillóns son só algúns dos tesouros gastronómicos que se puideron degustar. Un menú moi amplo… Un entorno envidiable. E Prezos asequibles… A Festa gastronómica dos Produtos do Mar, organizada polo Club Céltiga, está a celebrar a súa edición número catorce cunha gran afluencia. O do Cantiño, na Illa de Arousa, converteuse desde o pasado venres no comedor máis visitado da comarca. Milleiros de persoas achéganse aquí para degusta e algúns, descubrir, a calidade dos produtos do noso mar. Esta mañá, plena ponte festiva, o panorama non ía ser menos. A previsión dos organizadores, dos 30.000 visitantes en total, quédase curta . Os días festivos axudan, pero o verdadeiro motivo do éxito desta festa, son eles e elas. Os tesouros que acolle a nosa ría de Arousa. Quen estea salivando nestes momentos, está a tempo de degustar os produtos tamén mañá, día festivo achegándose ó paseo do Cantiño na Illa de Arousa. Ou senón, a festa volve abrir a próxima fin de semana, sábado e domingo, cando se poña o punto e final a esta cita gastronómica.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIANXO> En total repartíronse máis de mil racións deste prezado peixe, acompañado de cachelos, pementos de Padrón e pan. Coa onte, xa son vinte e cinco as edicións celebradas ata o de agora da festa da xouba. Aínda así a deste ano presentou importantes novidades. Unha delas foi o cambio de emprazamento, dende a alameda, no Campo de Arriba, ata o paseo da Ribeira, onde se instalou a carpa provisional. Por ela foron pasando numerosas persoas que non quixeron deixar escapar a oportunidade de probar este prezado peixe característico da nosa Ría. Dende a propia organización, que este ano foi comandada polo Concello, destacouse o éxito desta cita gastronómica na que chegaron a repartirse máis de mil racións de produto, acompañado de cachelos e pementos de Padrón O bo tempo existente durante toda a xornada, así como os grupos de música tradicional que amenizaron a festa, animaron a moitos veciños a sumarse a esta degustación que non só se realizou na propia carpa. Moita xente optou tamén por degustar a xouba nalgún dos 24 locais que participaron este ano na ruta das tapas da xouba que ofreceron este produto elaborado das máis variadas formas.
Pontevedra> O Concello de Pontevedra deu a coñecer o nome de dez empresas que formarán parte da misión comercial a México. Unha cita que o Goberno prepara para finais do mes de agosto. A concelleira de Promoción da cidade lembrou que a misión segue aberta para empresas que estean interesadas.
Publicado en PONTEVEDRA
CAMBADOS> Uns 8 "Foodtrucks" coa mellor gastronomía galega encherán o paseo da calzada durante a Festa do Albariño para facer as delicias de todos os asistentes. Unha iniciativa que ven a substituír a carpa de comida que se poñía no mesmo sitio.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> O Mercado de Pontevedra acolleu esta mañá a campaña “Degusta Europa, a gastronomía no Camiño”. Unha iniciativa que ten como fin potenciar os mercados da provincia. A vindeira semana as paradas serán no Grove e en Arcade.
Publicado en PONTEVEDRA
 BARBANZA> Produtos de calidade e elaboración propia foron dous dos ingredientes da aposta de Deputación da Coruña para o Día desta provincia  en Xantar 2017, que se celebrou este sábado. A entidade provincial convidou a varios concellos a participar nesta Feira Gastronómica de Ourense.
MEAÑO> Meaño exalta a súa gastronomía. Entre o 3 e o 11 de decembro o concello organizará o seu segundo concurso de tapas, unha cita que repite tralo éxito da edición do ano pasado. Nesta ocasión serán oito restaurantes os que ofrezan as súas propostas aos clientes, na procura de darse a coñecer e desestacionalizar o turismo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> A primeira edición da Feira Etiqueta Negra pechou esta tarde as súas portas no recinto Feiral de Pontevedra. Máis de 50 establecementos da nosa comunidade estiveron presentes nesta cita onde puidemos atopar o mellor produto gourmet da nosa gastronomía. Os profesionais que alí estiveron ao longo destes días dixeron que estaban moi satisfeitos coa acollida deste evento e que agardan que podan repetir experiencia o vindeiro ano. 
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> O mercado de Pontevedra ábrese a Europa. Esta mañá, a praza acolleu a segunda actividade do Degusta Europa organizado pola Deputación de Pontevedra. Os alumnos do Carlos Oroza fixeron as delicias dos compradores, repartindo os pinchos máis internacionais con produtos cen por cen do mercado pontevedrés.
Publicado en PONTEVEDRA
Páxina 1 de 4
HomeCorporativoMostrando artigos por etiqueta: Gastronomía Top of Page

Síguenos en facebook