Noia acende o seu Nadal cun espectacular alumeado e decoración ornamental

NOIA> O concello de Noia deu a benvida ó Nadal por todo o alto. Este mércores procedeuse ó acendido do alumeado e á inauguración da decoración ornamental co fin de ambientar o casco histórico durante a ponte festiva.

O alcalde de Noia inauguraba o Nadal con este acto de acendido do alumeado na alameda. Como en anos anteriores, o concello volve apostar polas luces e a decoración ornamental que incorpora importantes novidades. Así, o casco histórico loce máis fermoso do que xa é o resto do ano e as principais rúas comerciais contan cun atractivo máis para animar as vendas no comercio local.

Con este fin colabora tamén na campaña de Nadal a asociación  Noia Histórica coa organización de numerosas actividades que se suman ás programadas polo concello. Precisamente, entre a oferta cultural e festiva desenvolvida polos departamentos municipais destacan os campamentos de conciliación para os máis cativos.

Vai dirixido a nenos de 3 a 12 anos e desenvolverase entre o 23 de decembro e o 4 de xaneiro. As actividades desenvolveranse de dez a dúas pero ofrecerase o servizo de madrugadores a partir das 7.30 da mañá e de recollida tardía ata as tres da tarde para facilitar a conciliación das familias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí