O Grove abandonará este venres o nivel máximo de restricións

O GROVE>O concello do Grove sae do nivel máximo de restricións sanitarias. Sanidade toma a decisión trala mellora da situación sanitaria na vila meca. O novo nivel elimina as restricións de movemento e permite a reapertura da hostalería. O alcalde pide a poboación que extreme as precaucións porque sería terrible perder o verán.

Despois de tres semanas de máximas restricións, o concello do Grove volverá á gozar de certa liberdade. A consellería de sanidade descende á vila ao nivel alto de restricións tralo avance no descenso dos contaxios no municipio. Dende a vila fan unha valoración moi positiva desta mellora que permite eliminar os peches perimetrais.

O descenso dos positivos tamén permite a hostalería reabrir as súas portas con clientes nas terrazas.

A pesar desta mellora, o alcalde pide á poboación que extreme as precaucións especialmente nas reunións familiares.

José Cacabalos tamén advirte a súa veciñanza que estas semanas teñen que servir como advertencia para non perder o verán.

O alcalde advirte a todos os veciños do Salnés que o nivel máximo de alerta supón para os concellos un prexuízo económico moi grande ademais de afectar no estado anímico da poboación. As novas medidas entrarán en vigor no Grove o vindeiro venres ás doce da media noite.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí