• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra> Dende a xerencia do Complexo Hospitalario de Pontevedra teñen claro que a nova lei de saúde que lanzan dende a Xunta de Galicia beneficiará tanto a cidade do Lérez como ao Salnés. Trátase , segundo José Ramón Gómez, dunha normativa que reforza o papel dos hospitais na nosa comarca.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O PP de Pontevedra mantivo unha reunión co delegado do comité de Empresa de Elnosa. O fin de este encontro é o de escoitar en primeira persoa a situación dos traballadores desta empresa, e pedir aos políticos a continuidade desta cloreira, sempre e cando cumpra coa normativa europea.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Do 25 ao 30 de setembro Pontevedra acollerá a segunda edición do Tek Fest. Unha cita que este ano terá como obxectivo unir o pasado, o presente e o futuro a través das novas tecnoloxías. O Patrimonio será o eixo central no que se basearán este evento centrado na vangarda tecnolóxica.
Publicado en PONTEVEDRA
Mércores, 20 Setembro 2017 17:04

Os robots cobran vida no Instituto da Xunqueira

PONTEVEDRA> O instituto Xunqueira 2 de Pontevedra vén de incorporar neste curso o libro dixital nas súas aulas, e os alumnos están a traballar con kits de robótica, programación e impresión 3D. Son parte das accións de Edudixital 2020, a estratexia da Consellería de Educación. Esta mañá Román Rodríguez quixo comprobar en persoa a súa posta en práctica no instituto pontevedrés. Os alumnos de 1º da ESO de Instituto Xunqueira 2 de Pontevedra, levan desde o pasado curso traballando nas aulas con kits de robótica, programación, e impresión 3D. Actividades pensadas para integrar as novas tecnoloxías no resto de materias escolares. Que qué isto? Mellor que nolo explique eles. O Centro pontevedrés incorporou tamén este ano o libro dixital, todas propostas enmarcadas na Estratexia galega para a educación dixital da Consellería de Educación. Esta mañá Román Rodríguez, visitou o instituto, foi partícipe dos traballos do alumnado, e salientou que o compromiso da Xunta cos coñecementos científicos na aula. O conselleiro subliñou a importancia de dar resposta ós desafíos educativos do futuro, un futuro no que eles terán moito que dicir.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Os peiraos autonómicos da provincia de Pontevedra recibiron 1.500 barcos en tránsito durante o mes de agosto, un 13 por cento máis que o ano pasado. E se falamos da Ría de Pontevedra, o aumento foi dun 31 por cento. Son algunhas das cifras máis destacadas que esta mañá ofreceu o Presidente de Portos de Galicia, no Balance dos Tránsitos de agosto. Os portos de titulariedade autonómica da provincia de Pontevedra recibiron 1.527 barcos en tránsito durante o pasado mes de agosto, segundo datos facilitados polos propios xestores das instalacións. O que supón un 13 por cento máis que o mes de agosto do 2016. UN crecemento que sentiu tamén nas Rías Baixas e a Nivel Autonómico. Así o transmitiu esta mañá o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, desde as oficinas portuarias de Pontevedra. O porto de Combarro en Poio foi o que recibiu un maior número de tránsitos na provincia, doblando case a cifra do ano pasado. Outro dato salientable é o do impacto económicos que deixan estas embarcacións durante a súa estancia nos portos galegos e nas súas vilas. O presidente da entidade fixo unha valoración positiva deste crecemento constante, xa que a captación de novos tránsitos é unha liña de traballo estrutural tal e como recolle o Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Para finais do 2018 estará listo o novo edificio xudicial da Parda. Unha instalación que entrará en funcionamento, tal e como confirmou o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Xustiza, a comezos do 2019. Esta mañá tocou visita oficial para coñecer de primeira man o estado das obras, levan certo retraso, pero dende a empresa construtora comprometéronse a cumprir os prazos.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> A caravana do enoturismo chegou hoxe a Pontevedra. Durante todo o día, a praza de España acolleu a visita deste enotruck, que percorre as cidades galegas achegando a oferta turística das cinco rutas do viño da comunidade aos potenciais usuarios. Explicacións, catas e incluso un concerto, compoñen esta acción promocional. As Rutas do Viño Galegas, preparadas para sacar á rúa todos os seus encantos. Concentrando exemplos das súas propostas nun enotruck, levan unha semana percorrendo as principais cidades da comunidade. Hoxe, a parada foi en Pontevedra. As Rutas do Viño Rías Baixas, Monterrei, Ribeira Sacra, Valdeorras e Ribeiro demostraron o seu tirón, colgando o cartel de cheo nas catas que acolle o enotruck. E é que as catas son a actividade estrela desta acción promocional. Nelas, os participantes poden realizar unha viaxe polas diferentes Denominacións de Orixe a través dalgúns dos seus caldos. Sempre guiados pola sumiller Mercedes González. Esta actividade nace da iniciativa da marca paraugas Enoturismo en Galicia, que aúna as cinco Rutas do Viño. Tamén conta co apoio do Clúster de Turismo e de Turismo de Galicia, que decidiron optar pola proactividade para atraer potenciais enoturistas.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> A moción para pedir o peche de Elnosa non gustou aos traballadores da factoría. Esta mañá, representantes do comité de empresa trasladaron as súas protestas ata a sé de Marea Pontevedra na capital. Non entenden o posicionamento desta forza política, e aseguran que continuarán defendendo os seus postos de traballo. Tamén teñen xa data para a reunión coa dirección da empresa: o encontro será o vindeiro día 26. A moción de Marea Pontevedra para pedir o peche de Elnosa no pleno de Pontevedra, tivo resposta na súa sé. Ao mesmo tempo que arrincaba a sesión, os traballadores concentrábanse ás súas portas. Non entenden, aseguran, o cambio de postura da formación. Botan de menos máis diálogo cos partidos políticos. O pasado mércores concentráronse diante das portas do Parlamento Galego, onde tamén se debatía unha moción contra a continuidade da cloreira en Lourizán. ‘BNG e Marea Pontevedra traicionan a clase obreira’ é o texto da pancarta que hoxe levaban ás portas da sé da formación. Para eles, unha realidade que hai que denunciar. Dende o comité de empresa agardan ter máis diálogo coa dirección de Elnosa. O vindeiro 26 de setembro manterán un encontro para coñecer a situación dos diferentes trámites que se están a realizar, apurando os tempos para que a partires do 11 de decembro non teñan que abandonar Lourizán.
Publicado en PONTEVEDRA
Venres, 15 Setembro 2017 20:19

O pleno apoia a marcha de Elnosa da ría

PONTEVEDRA> Elnosa volveu ao pleno do concello de Pontevedra. Na sesión desta mañá, Marea Pontevedra conseguiu o apoio para a súa moción, na que solicitaba o peche da fábrica no mes de decembro. BNG, PSOE, Ciudadanos e Marea votaron a favor da proposta, que só contou coa oposición do Partido Popular. O pleno de Pontevedra dixo sí a solicitar o peche da fábrica de Elnosa en decembro. Fíxoo cos votos a favor dos edís de Marea Pontevedra, que levaron a proposta á sesión, BNG, PSOE e Ciduadanos. Para Marea, a intención de Elnosa é conseguir unha moratoria de Costas, lograr a Autorización Ambiental Integrada da xunta de Galicia e mudar a tecnoloxía, tal e como demanda a Unión Europea, que obriga a finalizar a produción de cloro empregando mercurio. Para PSOE e Ciudadanos, Elnosa coñecía a situación dende hai anos, e evitou corrixila. O Partido Popular, pola súa banda, recorreu á legalidade para defender a súa postura en contra de solicitar o peche de Elnosa. Segundo Jacobo Moreira, se a factoría cumpre a norma, non se pode pedir que cese a actividade. Pola súa banda, Carme da Silva foi taxante nesta cuestión, e asegurou que o goberno local usará todas as ferramentas ao seu alcance para evitar que Elnosa continúe na ría de Pontevedra. Outras mocións que contaron co apoio de todos os edís, coa excepción dos do Partido Popular, foron as que reclaman a recuperación do Pazo de Meirás.
Publicado en PONTEVEDRA
Mércores, 13 Setembro 2017 20:13

A Festa da Ameixa de Campelo cumpre 30 anos

POIO> Campelo volve estar de festa esta fin de semana. A parroquia acolle a súa Festa da Ameixa, que este ano cumpre tres décadas de historia. A organización agarda superar os 560 quilos de ameixa vendida o ano pasado. Sempre presumindo, ademais, de produto da ría e mercado na lonxa de Campelo. A ameixa será o produto protagonista esta fin de semana en Campelo. A parroquia celebra a súa festa dedicada a exaltación deste molusco, que será o ingrediente estrela de todos os pratos que se vendan na carpa gastronómica da praza de A Granxa. Sempre a prezos populares. O ano pasado, vendéronse 560 quilos de ameixa. A organización agarda superar esta cifra, grazas en gran medida ás melloras que se incluíron, por exemplo, no dispositivo de tráfico que xa se puxo en marcha durante o Festival da Ameixa a fin de semana pasada: habilitar mil prazas de aparcadoiro e prohibir o paso dos vehículos no entorno da praza. Precisamente a calidade do produto que sirven é o seu principal reclamo. A ameixa é da ría de Pontevedra, mercada na lonxa de Campelo. Produto de proximidade 100%. A cita gastronómica será o sábado e o domingo, pero a festa xa arrinca o venres. Farao cunha homenaxe aos mariscadores recentemente xubilados, e coa inauguración dunha exposición fotográfica. Para conmemorar estes 30 anos de festa, o concello de Poio preparou camisetas especiais que se repartirán entre as 50 primeiras comandas que se merquen na carpa o sábado e o domingo. O sábado pola noite unha tirada de fogos de artificio dende o peirao de Campelo celebrarán estas tres décadas de historia.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> “De expectativas a realidades” é o suxerente título do segundo Congreso Galego de Adopción, que chega este venres a Pontevedra. A partires de diferentes charlas e actividades, a asociación Manaia busca reflectir a realidade da adopción en Galicia, así como axudar ás familias que estean interesadas, ou xa inmersas, neste proceso. Esta premisa é unha das bases do que esta fin de semana se abordará no Pazo da Cultura. Pontevedra acolle a segunda edición do Congreso Galego de Adopción, que baixo o título “De expectativas a realidades”, busca botar luz sobre este proceso. Coa súa testemuña, diferentes profesionais axudarán aos asistentes a conseguir as ferramentas necesarias para buscar as súas propias solucións. Aínda que, segundo explican dende Manaia, cuestións como o tempo de agarda para adoptar, son preguntas que non teñen resposta. Outro obxectivo que perseguen é mudar o foco das familias que agardan poder adoptar, aos nenos que están agardando un fogar. Só en Galicia hai 400 familias que agardan unha adopción internacional. O Congreso está dividido en dúas xornadas, que se celebrarán o venres e o sábado. O domingo, ademais, celebrarase unha xornada de convivencia de familias adoptivas no Colexio Manuel Vidal Portela.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> O Teatro Principal será mañá o escenario da posta de longo pontevedresa de ‘Peter Brandon’. Trátase dunha webserie que nace da man do guionista pontevedrés Óscar Cruz, e que fai un percorrido pola vida do cómico galego Pedro Brandariz. A cita será ás 8 e media da tarde, con entrada de balde ata completar aforo. Peter Brandon é o nome artístico co que se vende Pedro Brandariz, un cómico galego que busca facerse un oco no duro mundo do audiovisual autóctono. A webserie é, polo tanto, unha sorte de falso documental que nace da man do guionista pontevedrés Óscar Cruz. Por ela pasarán tamén coñecidos actores do audiovisual galego, como Touriñán, David Amor ou Isabel Risco. A primeira tempada de ‘Peter Brandon’ está pensada para ter sete capítulos. Polo de agora, a falta de financiamento só lles permitiu gravar tres. Un deles, ademais, en Pontevedra. A estrea pontevedresa será mañá no Teatro Principal, aínda que esta webserie chega avalada pola crítica e por varios galardóns, entre eles o premio ao mellor proxecto de webserie en galego do Carballo Interplay. A cita comezará ás 20.30. A entrada será de balde ata completar aforo.
Publicado en PONTEVEDRA
Páxina 1 de 81
HomeCorporativoMostrando artigos por etiqueta: Pontevedra Top of Page

Síguenos en facebook