Rianxo abre o prazo para inscribirse nos campamentos da Deputación

RIANXO> A Deputación da Coruña organiza unha nova edición dos Campamentos Deportivos, nos que nenos e nenas de toda a provincia disfrutarán dun amplo programa de actividades coma deportes náuticos, equitación, multiaventura, kayak, paseos en barco, tenis, voleibol, capoeira ademaisde actividades culturais E veladas nocturnas. O concello de Rianxo vén de informar da adxudicación de seis prazas na primeira quenda que se desenvolverá do 29 de xullo ao 5 de xullo. O prazo de inscrición estará aberto ata o luns 19 de maio ás 14 h. e no caso de haber mais solicitudes que prazas, farase un sorteo público. A actividade vai dirixida a nenos/as nados nos anos 2004, 2003, 2002, 2001 e 2000.