• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
A comezos de xullo comezaban as obras de mellora nos accesos á praia de Canelas en Sanxenxo. Esta mañá, a xefa provincial de Costas, Cristina Paz, e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, visitaron acompañadas polo alcalde, Telmo Martín, o resultado deste mes de traballo. Os traballos de mellora no acceso á praia de Canelas, en Sanxenxo, consistiron nunha nova baixada que consta dunha escaleira de pedra, e construción dunha rampla natural con tres bancadas. Así como a replantación de vexetación natural para cubrir a zona. Tal e como explicou esta mañá, durante a inauguración oficial, o Xeje de Obras do proxecto. Á presentación do novo aspecto do acceso asistiron esta mañá a subdelegada do goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, a Xefa provincial de Costas, Cristina Paz, e o alcalde de Sanxenxo, Telo Martín, que destacou a importancia que ten para os veciños a culminación destas. A actuación, finalizada neste mes de agosto, contou cun investimento de 38.000 euros.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> A 40ª edición do Trofeo Princesa de Asturias volve, o 15 de agosto, por segundo ano consecutivo a Portonovo, dende onde se organiza. Este ano os protagonistas serán Sanxenxo e Combarro (concello de Poio) dende onde saíran as diferentes categorías de xeito simultáneo, para rematar a proba na Ponte do Burgo en Pontevedra.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> Este xoves impartíronse unhas xornadas sobre a violencia de xénero e o acoso escolar en Sanxenxo. Unha iniciativa privada, que se levou a cabo na sede de SERGA, e que se atopa dentro da programación creada para conmemorar os 30 anos da entidade de administración de fincas.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> "Conversamos un viño" así se chama unha nova experiencia gastronómica, ca que se pretende transmitir o bo da gastronomía galega a través dos cinco sentidos. Unhas experiencias gourmet deseñadas a medida para cada grupo de persoas que desexen un plan diferente nun entorno privilexiado. Pero se queren saber máis, non teñen máis que esperar a que llelo amosemos, porque nesta ocasión tocoulle a quenda as augas sanxenxinas...
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> A XXVI Edición da Festa da Ostra de Noalla celebrarase a vindeira fin de semana en A Lanzada. A celebración gastronómica ofertará diferentes produtos da terra mantendo os prezos das edicións anteriores. Así que xa saben, os amantes das ostras teñen unha cita do 11 ao 13 de agosto.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
O cantante Bertín Osborne inicia esta noite a súa nova xira “Crooner II” en Sanxenxo. Unha cita musical enmarcada no Ciclo de Concertos Q, e que onte á tarde se presentou nesta localidade das Rías Baixas, contando coa presenza, entre outros, da Directora de Turismo Nava Castro, e o célebre artista. Sanxenxo é o lugar do mundo escollido polo coñecido cantante Bertín Osborne, para inaugurar a súa nova xira, “Crooner 2 “. Faino tras recibir o Premio Q de Calidade Turística en recoñecemento á súa traxectoria e á súa defensa da calidade e da marca España. Unha constante que o converteu en embaixador desta Q. Tal e como destacou o alcalde de Sanxenxo, durante a presentación do Ciclo de Concertos Q que tivo lugar onte na localidade, e á que asistiron tamén a directora de Turismo, Nava Castro, e o presidente do ICTE Miguel Mirones. Concertos Q O alcalde da vila, Telmo Martín, agradeceu ó cantante que elixira Sanxenxo para dar comezo á súa xira. Miguel Mirones, presidente do Instituto de Calidade Turística Española, subliñou a relevancia da actividade e o papel do cantante Bertín Osborne levando o nome do país polo mundo adiante. O artista quixo subliñar durante a presentación o agarimo que lle ten á nosa terra, así como o orgullo que sinte cando viaxa por outros países representando a marca España. O show de Bertín Osborne comeza ás dez e media desta noite, un espectáculo onde interveñen máis de 20 músicos sobre o escenario, que interpretarán baladas de sempre, rancheras, e o seu último xénero, como Crooner, e unha Big Band de 15 músicos ó máis puro estilo jazz americano. A cita comeza ás nove e media na praza do mar de Sanxenxo e a entrada é gratuíto.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
A Xunta pon en servizo o primeiro treito da senda peonil e ciclista que unirá A Lanzada con Portonovo, e que conta cun orzamento total de 6 millóns e medio de euros. Esta mañá a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, supervisou acompañada do delegado territorial e do alcalde de Sanxenxo, o resultado das obras. Son preto de 3 quilómetros de senda especialmente habilitada para peóns e cilcistas, cun tramo de 1,3 quilómetros que discorrerá sobre unha tarima de madeira. Unhas obras que esta mañá visitou a conselleira de INfrastructuras, Ethel Vázquez ,acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín. A primeira fase destes demandados traballos mellorará a seguridade viaria na estrada PO-308, desde a Lanzada ata Soutullo, en Noalla, que vén de ser rematada. Esta primeira fase, que foi executada nun prazo de 15 meses tivo contou cun investimento de 3,3 millóns de euros. A Xunta xa ten avanzados os trámites do segundo traxecto, que irá desde Soutullo ata o outro extremo da recta de Major, que estará listo para o verán do 2018. Uns traballos que tanto como desde o concello, como desde a Plataforma veciñal PO-308 destacaron como fundamentais para esta zona de Sanxenxo. Habería un terceiro traxecto máis, o que vai desde Major ata Portonovo, unha actuación na que están ultimando o proxecto construtivo. Este ano acometerán a contratación das obras posto que xa se conta co presuposto necesario para este terceiro tramo. En total, A Xunta investirá máis de 6 millóns de euros entre os 3 tramos desta senda peonil Portonovo-A Lanzada, que vén a mellorar a seguridade viaria e contribuír ó desenvolvemento turístico.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> A Secretaría Xeral de Política Lingüística e o concello de Sanxenxo, adherido á rede de Dinaminación lingüística, presentaron esta mañá na localidade do Salnés, unha nova edición do programa de cinema de verán Redecinema, que busca promover a creatividade e os produtos culturais na nosa lingua. Aumentar a oferta de produtos de cultura e de ocio en galego, e impulsar a creatividade con base na nosa lingua. Son os obxectivos que persegue Redecinema, o programa que organiza a Consellería de Cultura, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e que esta mañá se presentou en Sanxenxo, un dos concello membros da Rede de Dinamización Lingüística . Maimiño será a película que inaugurará Redecinema, será este sábado día 22 ás dez e media da noite na Praza dos Barcos de Sanxenxo. Pero esta película, ademais doutras dúas galegas, a praia dos afogados, e 9 ondas, seguirán de ruta todo o verán, tal e como destacou o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García. García subliñou tamén a importancia de poñer en valor o sector audiovisual galego con este programa. Redecinema leva percorrendo a través de diferentes filmes os concellos da Rede de Dinamización Lingüística. Un total de 16 localidades acollerán este ano as proxeccións das tres películas en formato de cinema de verán. Entre elas outros concellos das Rías Baixas, como Boiro, Noia ou Marín.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> Este mércores presentáronse en Sanxenxo as novas ofertas dos "Minicruceiros costeiros polas Rías de Galicia" para esta campaña 2017-2018. Un acto ao que asistiron numerosas personalidades políticas e empresariais.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> Os deputados de En Marea Eva Solla e Marcos Cal, visitaron esta mañá o Centro de Sáude de Baltar, en Portonovo, para coñecer de primeira man a deficiencias que os veciños de Sanxenxo están a denunciar desde hai tempo. Solla comprometeuse a levar ó parlamento galego tanto a falta de persoal do centro como a necesidade dunha ambulancia medicalizada durante todo o ano. Os deputados de En Marea, Eva Solla e Marcos Cal, visitaron esta mañá o centro de saúde de Baltar, na localidade sanxenxina de Portonovo, para coñecer de primeira man unha problemática que lle teñen transmitido tanto asociacións veciñais como desde as ANPAS dos colexios da zona: as carencias deste centro sanitario. O pasado un de xuño incorporábase ó centro un pediatra, que se unía ó outro que había, para cubrir unha baixa que estivo vacante durante meses. Estes dous pediatras están no turno de mañá, pero os veciños de Sanxenxo consideran que é necesario un pediatra para o turno de tarde, sobre todo nestas datas nas que a poboación multiplícase no concello. Con respecto á ambulancia medicalizada, hai dúas semanas se inaugurou este servizo para a área do Salnés, que leva dous anos cubrindo a época estival. Desde En Marea solicitaron a presenza desta ambulancia na zona durante todo o ano. Aínda que agora remata o periodo de sesións no parlamento galego, Solla asegurou que na comisión desta semana levarán este tema, e desde En Marea reclamarán tanto a ambulancia como a escaseza de persoal. Os veciños criticaron tamén que o aparallo de raios X do centro de saúde estivo avariado , e os pacientes tiveron que ser derivados ó hospital de Pontevedra.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
MADRID> Sanxenxo recibiu hoxe as 'Q de Calidade'. O tenente alcalde, Gonzalo Pita, e o concelleiro de Turismo Jesús Sueiro, recolleron en Madrid estes diplomas de recoñecemento da calidade turística, de man da Secretaria de Estado de Turismo, Matilde Asian. Un total de dez praias locerán este verán a bandeira 'Q de Calidade': Areas, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas, Montalvo, Pragueira, Major, Areas Gordas e A Lapa. Estes areis foron revisados e certificados polo Instituto para a Calidade Turística Española, sometidos a auditorías que supervisan os procesos da dirección, a planificación e a organización de recursos, así como a xestión ambiental, o control e a mellora continua. Sanxenxo sitúase como o segundo municipio con máis Q de Calidade de España.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> A xunta local de seguridade reuniuse esta mañá en Sanxenxo. Subdelegada do goberno, alcalde da vila e representantes da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local mantiveron un encontro para analizar a situación e as necesidades do municipio de cara o verán. Non en van, Sanxenxo multiplica por seis a súa poboación no verán, converténdose nun punto de atención prioritaria. A seguridade é unha prioridade para Sanxenxo. Tras vinte días na alcaldía, Telmo Martín convocou esta mañá a Xunta Local de Seguridade. Un encontro ao que asistiron a subdelegada do goberno, o alcalde da vila e representantes da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local. No verán a vila multiplica por seis a súa poboación, un feito que a converte nun foco de atención para a Subdelegación do Goberno que, de ser necesario, non desbota incrementar os efectivos na zona. A Garda Civil traballa de xeito coordinado coa Policía Local, que a día de hoxe conta con 49 efectivos que garantirán a seguridade dos visitantes. Principalmente, en dous eidos: regular o tráfico e a movida nocturna. Esta reunión prodúcese despois de que Martín mantivera onte encontros cos propietarios de todos os locais do porto deportivo, para intercambiar opinións sobre os problemas de seguridade que se teñen producido nos últimos tempos. Ambas partes coinciden en que a movida forma parte da oferta do destino, polo que ven necesario garantir que sexa de calidade e en orde.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Páxina 1 de 16
HomeCorporativoMostrando artigos por etiqueta: Sanxenxo Top of Page

Síguenos en facebook