Turismo agarda servir máis de doce mil racións no ‘III Degusta Tapas’

degustatapas copia.jpg SANXENXO> Foi número de tapas que se saborearon no 2011, o dobre que na primeira edición. De aí que este ano aspiren a batir un novo récord.

{flowplayer}images/salnes/PTAC_DEGUSTA_TAPAS_2012.flv{/flowplayer}

Na segunda edición do Sanxenxo Degusta Tapas, celebrada o ano pasado, os vinte e catro establecementos que participaron chegaron a servir máis de doce mil tapas durante os días que durou o certame. Foi o dobre que a primeira edición. Agora, Turismo de Sanxenxo agarda seguir colleitando estes bos resultados e lograr servir máis tapas na convocatoria deste ano. Polo de agora xa conseguiron que aumentara o número de locais participantes. Serán vinte e seis. Cada un pode presentar ata tres tapas ó certame, en total poderán degustarse sesenta e unha entre o 25 de maio e o 24 de xuño.

A dinámica do concurso será a mesma doutros anos. Os locais aspirarán a facerse cun dos premios á mellor tapa tradicional e á mellor tapa creativa. De seleccionar ós gañadores encargaranse dous xurados: un popular e outro profesional.

Para poder ser xurado popular será preciso visitar un mínimo de cinco locais, nos que os responsables dos establecementos lles irán cuñando a tarxeta coa que emitirán o seu voto. Entre todos os que participen sortearanse 26 comidas ou ceas en restaurantes de Sanxenxo e unha fin de semana nun aloxamento do municipio. Tanto se visitan todos como se pasan pola metade dos locais recibirán un regalo seguro. Tamén haberá novidades no que atinxe ó xurado profesional. Un dos seus membros escollerase entre os internautas que seguen a Turismo de Sanxenxo na web.

De xeito parello ó Degusta Tapas, este ano convócase por rpimeira vez un concurso de cócteles e combinados, o Sanxenxo Degusta Drink, no que participarán más de dez locais con preto de vinte cócteles.

Redacción Salnés